Calendario
Info da proba

Pontevedra

30/03/2019 9:00 - 21:00
Regulamento ORGANIZACIÓN
O día 30 de marzo do 2019, o Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo organiza a 1ª proba da Copa Galega de andainas de 50 km ano 2019 da Federación Galega de Montañismo, contando coa colaboración do Concello de Pontevedra, Deporte Pontevedra, Concello de Barro, Concello de Moraña, Concello de Campo Lameiro, Deputación de Pontevedra, Supermercados Froiz, Alimentación Isabel, Chema Sport e Panaderías Acuña, Vepersa, organiza a andaina “V PONTEANDAR 50 KM 2019” de Pontevedra, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Montañismo.
Paralelamente desenvolverase unha andaina cun percorrido de 30 km, que salvo un tramo de conexión de 4.1 km, coincide co itinerario da Andaina de 50 km.
A actividade non terá carácter competitivo polo que non haberá clasificación, trofeos nin cerimonia de premiación.
Entregarase diploma participativo aos deportistas que completen o percorrido, e teña a tarxeta de control debidamente selada.
INSCRICIONS
Para participar na andaina hai que ser maior de idade, os menores de 18 deberán vir acompañados dun adulto, que os acompañará durante todo o percorrido.
Aconséllase ter unha boa condición física, xa que trátase dunha proba de fondo que transcorrerá en gran parte do seu percorrido por camiños de monte e pistas non asfaltadas.
Cota de participación:
NON Federados:
Até o 22-03-2019 ás 23.55h --------16,00 €
Até o 27-03-2019 ás 23.55h -------- 24,00 €
FEDERADOS en Montaña:
Até o 22-03-2019 ás 23.55h ----- 12,00 €
Até o 27-03-2019 ás 23.55h ----- 20,00 €
A inscrición deberá realizarse cubrindo o formulario dispoñible en www.aromon.es e aboar a cota correspondente.
Os federados terán que presentar a licenza federativa na recollida do dorsal.
Toda inscrición será efectiva unha vez se teña comprobado o pago do participante.
SAÍDA
A saída efectuarase dende o Pavillón Multiusos da Xunqueira, sito na Rúa Celso Emilio Ferreiro (zona do Campus Universitario), ás 09:00 horas. O peche da proba está previsto no mesmo lugar ás 21:00 horas.
Para un bo desenvolvemento do control de asistencia e entrega da tarxeta de control, é preciso estar no lugar de saída 1 hora antes do inicio da andaina.
ITINERARIO
A ruta estará debidamente sinalizada por cintas (indicarase no intre da saída).
Os tramos da andaina que crucen ou percorran estradas, non estarán cortadas ao tráfico, debendo o participante gardar atención ás normas xerais de Tráfico e ás indicacións da Organización.
CONTROIS DE PASO
Os participantes deberán pasar por estes controis dentro duns tempos máximos e mínimos. Establecéndose unha velocidade aproximada máxima de 7 km/h e mínima de 4,2 km/h.
1º Control e Bifurcación. Estará situado no km 09,870 - PONTILLÓN do CASTRO
Abre ás 10:24 h e pecha ás 11:21 horas.
2º Control. Estará situado no km 18,970 - CAMPA do ACIBAL
Abre ás 11:42 h e pecha ás 13:31 horas.
3º Control. Estará situado no km 25,920 - AMIL
Abre ás 12:42 h e pecha ás 15:10 horas.
4º Control. Estará situado no km 34,620 – CAMPA do ACIBAL
Abre ás 13:56 h e pecha ás 17:15 horas.
5º Control. Estará situado no km 41,510 - SAN ANDRÉS de XEVE
Abre ás 14:55 h e pecha ás 18:53 horas
6º Control. Estará situado no km 50,000 - PONTEVEDRA
Abre ás 16:08 h e pecha ás 21:00 horas.

Para os participantes na ruta de 30 km establécense os seguintes puntos de control.
1º Control e Bifurcación. Estará situado no km 09,870 - PONTILLÓN do CASTRO
Abre ás 10:24 h e pecha ás 11:21 horas.
2º Control. Estará situado no km 19,780 – SAN ANDRÉS de XEVE
Abre ás 11:50 h e pecha ás 13:42 horas.
3º Control. Estará situado no km 30,000 - PONTEVEDRA
Abre ás 13:17 h e pecha ás 16:09 horas.

Todo participante que chegue ós puntos de control e avituallamento antes do horario de apertura, non terá asistencia nin se lle rexistrará o paso, podendo ser retido nestes puntos ata a apertura dos mesmos.
Na mesma, todo participante que exceda do tempo de paso por estes puntos de control deberá abandonar a proba e será retornado en vehículos da organización ata o punto final da Andaina.
Salvo causas de forza maior, no caso de abandono da andaina, este realizarase nos puntos de control.

AVITUALLAMENTOS
Ca intención de prover ós participantes de alimentación líquida e sólida, establécense como puntos de avituallamento os sinalados como puntos de control.
Os participantes teñen a obriga de levar un bidón ou cantimplora, co obxecto de abastecerse de líquidos nos puntos de avituallamento ou nas fontes que se atopan no percorrido, e un vaso, xa que nos avituallamentos non se entregaran vasos nin botellas.

OBSERVACIONS
Aconsellable levar operativo o teléfono móbil co obxecto de comunicarse ca organización en caso de que xurda calquera problema ou incidencia.
Queda terminantemente prohibido deixar desperdicios fora dos lugares habilitados para elo nos puntos de avituallamento.
No Pavillón Multiusos da Xunqueira estarán abertas as duchas a partir das 13:00 horas.
IMPORTANTE
A organización contará cos permisos (Xunta, Concellos e CMVMC) e seguros obrigados (accidentes e RC) para o desenvolvemento deste evento.
O participante exime á organización de responsabilidade por perda ou deterioro de obxectos persoais por calquera circunstancia.
O participante ten a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como pedir auxilio.
Os participantes autorizan á organización á gravación da súa participación, e o consentimento para a súa imaxe para a promoción e difusión da proba en todas as súas formas.
Os menores de 18 anos deberán participar acompañados en todo o percorrido dun responsable maior de idade.
A organización reservase o dereito a modificar calquera punto do percorrido sen previo aviso por causas meteorolóxicas, seguridade ou causas de forza maior.
A organización resérvase o dereito de poder retirar a calquer participante que entenda que non se atope nas condicións físicas necesarias para rematar a proba, ou que non respeten o medio.
O feito de inscribirse e participar na andaina “V PONTEANDAR 50 KM” de Pontevedra, supón a total aceptación deste regulamento.