Calendario
Info da proba

Carnota

20/04/2019 10:00 - 13:00
Regulamento O REGULAMENTO
• Polo feito de inscribirse, acéptase voluntariamente as condicións e declárase
estar na condición física axeitada para participar na proba, eximindo de
calquera responsabilidade á organización en tódolos casos.
• Os menores de idade deberán ir acompañados obrigatoriamente dun adulto,
que se faga responsable.
• O camiñante deberá ser responsable de respectar tanto o camiño como o
entorno e as normas de circulación de estrada.
• A organización aconsella non superar aos guías que designe para inicio da
ruta, nin quedar por detrás dos designados como peche, así como non
desviarse do camiño, xa que quedaría desligado do grupo, e as persoas
responsables do peche descoñecerían a súa localización.
• Ao longo do camiño haberá persoal da organización que poderá axudar
aos participantes no que precisen.
• Disporáse de dous botiquíns, que levarán membros da organización, un situado
polo medio da expedición e que se indicará ao inicio a persoa que o porta, e o
outro, un dos membros do peche.
• A partires das 9 hrs., a casa do Concello será o “punto de control”, onde os
participantes confirmarán a asistencia a proba. O traslado ó inicio da andaina
realizaráse en autobús, que irán saíndo da praza de San Gregorio(enfrente o
Concello) as 9:30 hrs, realizando as viaxes que se precisen en función do
número de participantes inscritos. O inicio da andaina será as 10:00 hrs, do
faro de Lariño.
• O finalizar a andaina, todo aquel que queira terá a súa disposición un servizo de
duchas no pavillón de Carnota.
• A organización non se fai responsable dos obxectos perdidos durante
a duración de todo o evento.
• Coa inscrición concédese autorización á publicación das fotos
realizadas no evento, nas redes sociais do concello e naprensa.
• A organización resérvase o dereito de poder variar a data do evento, no
suposto de que exista posibilidade de que circunstancias especiais, como
alertas meteorolóxicas, etc, poidan poñer en risco a seguridade dos
participantes.