Calendario
Info da proba

Lousame

29/12/2019 10:00 - 15:00
Regulamento O Club Lousame Deporte e o Concello de Lousame, organizan o III
TRAIL + ANDAINA “SAN SILVESTRE” DE LOUSAME “MINAS DE SAN
FINX” que se celebrará o domingo, 29 de decembro con saída no
poboado das Minas de San Finx e chegada no Polideportivo Municipal
“Pilar Barreiro Senra” situado no lugar de “A Silva”.
Este evento nace co propósito de dar a coñecer a historia, patrimonio e beleza da
natureza do concello de Lousame, combina a promoción da actividade física e a diversión
nestas datas de nadal. Ó mesmo tempo realízase un evento solidario a favor de
ASGPOH ( Asociación galega de heteroplasia ósea progresiva ) para recaudar fondos
para investigación.
 DATOS TÉCNICOS
A proba de TRAIL consta de dúas distancias, un TRAIL CORTO de 16 kms aprox. e un TRAIL
LONGO de 25 kms aprox.
O tipo de terreo polo que discorre e variado, con zonas técnicas, zonas rápidas, …….. e
cunha dificultade baixa para o trail corto, xa que o obxetivo principal da organización e que
sexa asequible para a maioría dos/das participantes e sexa unha boa proba para quen
queira iniciarse nesta disciplina.
O trail longo de 25 kms, un pouco máis esixente para os/as participantes, e donde terán
algunha zona con un pouco máis de dificultade.
O PEQUETRAIL, disputarase o sábado, 28 de decembro, a partir das 16:15 h, con saída e
chegada no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra, e constará das seguintes probas
( sempre que se xunte un mínimo de inscritos ):
Cadete e xuvenil.- ( atletas nados entre os anos 2002 e 2005, inclusive ).-8 Kms aprox.
Alevín e infantil.- ( atletas nados entre os anos 2006 e 2009, inclusive ).- 2 Kms aprox.
Benxamín.- ( atletas nados nos anos 2010 e 2011 ).-1 km aprox.
A entrega de trofeos destas categorías realizarase na casa da cultura ás 18:30 h
A ANDAINA consta dun percorrido de 14 kms aproximadamente dunha dificultade baixa,
e irá por un percorrido distinto do trail.
 REQUISITOS
o Ser maior de idade no día da proba ( para as probas de Trail )
o Coñecer e aceptar o regulamento do evento. O descoñecemento do
mesmo, non exime do seu cumprimento.
o Posuír unha mínima condición física para afrontar a disciplina elexida.
o Dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas adecuadas, …….. )
o É aconsellable, para o trail curto, que cada corredor/a leve teléfono
móbill e o seu propio recipiente para líquidos, xa que nos
avituallamentos non haberá vasos de plástico.
o Para o trail longo é obrigatorio levar teléfono móbil, recipiente para
hidratación e manta térmica
o Antes da saída do trail longo farase control do material obrigatorio, no
caso de non cumprir cas condicións esixidas, o/a corredor/a non poderá
participar.
o Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición
 INSCRICIÓNS
As inscricións realizaránse, a partir das 22h do día 5 de novembro, a través da páxina
web www.emesports.es , coas condicións e prazos que figuran en dita páxina.
Límite máximo de inscritos 450. Unha vez superado o límite, pasaríase a lista de
espera.
O prezo de inscrición e de 15€ para o TRAIL, 6€ para a ANDAINA, e gratuita para
o PEQUETRAIL.
A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
A inscrición da dereito a participar na proba escollida, avituallamentos, seguros,
bolsa de corredor ( os/as inscritos/as na modalidade de TRAIL terán como regalo
conmemorativo da proba uns calcetíns técnicos da prestixiosa marca LURBEL. )
A data límite para inscribirse no evento será o mércores, 25 de decembro ás
23:59h. No caso de que se cubran as prazas ofertadas antes deste día, o resto de
inscritos pasarían á lista de espera.
 RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
 Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I.
 A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu peito de
forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada
Día previo ( sábado, 29 de decembro ): Casa da cultura de Lousame (Lgar. Portobravo)
A recollida dos dorsais do PEQUETRAIL realizarase no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra, a partir das 15:15 h.
18:00 h. ata as 20:00 h. - Recollida de dorsais TRAIL+ANDAINA ( bolsa de corredor )
18:45 h.-Charla técnica
19:00 h.- CHARLA COLOQUIO, dirixida por Terio Carrera e donde estarán presentes grandes
atletas de trail running da nosa comunidade, así coma respresentantes técnicos das
prestixiosas marcas LURBEL e HOKA ONE ONE, referencias no sector.
 HORARIOS DE SAÍDA DAS PROBAS
o Trail longo.- 10:00 h.
o ANDAINA.- 10:30 h.
o Trail curto.- 10:45 h.
- Día de carreira ( domingo, 29 de decembro ): Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra
ANDAINA e TRAIL LONGO
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:00 h ata 9:15 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 8:30 h e o último
autobús ás 9:20 h
TRAIL CURTO
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:00 h ata 10:00 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 8:30 h ata as 10:10 h
(saída último autobús )
Os autobuses levarán os/as participantes, tanto da andaina coma do trail, dende o
polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra ( zona de chegada ) ata o poboado das Minas
de San Finx, dende onde se iniciarán as probas.
 AUTORIZACIÓN IMAXE
Os/as participantes aceptan que as imaxes e reproducións que se xeneren deste evento
deportivo poderán ser utilizadas pola organización, para a divulgación, proxeción e
difusión do evento en diferentes medios ( redes sociais, prensa, …… )
 NÚMERO DE PRAZAS
A proba está limitada a 450 participantes para o TRAIL e ilimitado para a ANDAINA.
o SINALIZACIÓN E CONTROIS
Os percorridos estarán sinalizados con cintas de baliza e sinais, e controlados polas
Agrupacións de Protección Civil colaboradoras no evento.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os
cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade
É RESPONSABILIDADE DE CADA CORREDOR/A LOCALIZAR A SINALIZACIÓN E SEGUILA.
Algúns tramos de enlace, discorren por estradas ou poboacións, e non estarán cortadas
ao tráfico rodado, debendo aterse os/as participantes ás normas xerais de Tráfico ou ás
indicacións da organización. Na maioría dos cruces haberá xente da organización e
Protección Civil
Tempos de corte.- Para o Trail longo ( alto de Culou, km 14 aprox.- 13:00 h ).
o AVITUALLAMENTOS
Para o TRAIL: no kilómetro 8 aprox., e no kilómetro 17 aprox.
Para a ANDAINA: no kilómetro 7 ( punto intermedio )
Dende a organización incidimos no respeto polo medio ambiente e o entorno no cal se
desenvolve a proba, e polo cal, solicitamos ós/as participantes que non tiren nada no mesmo.
En cada lugar dos avituallamentos haberá papeleiras onde depositar os residuos. É obriga de
cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos avituallamentos.
o TROFEOS
Os trofeos soamente serán para a modalidade de TRAIL. A entrega terá lugar ás 13:45
h. no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra
Haberá trofeos para os/as 3 primeiros/as clasificados/as no trail curto e no trail
longo, e trofeos para o/a atletas máis veteranos/as.
Ademáis teremos sorteos de lotes de productos artesanais, elaborados en Lousame,
para tódolos participantes, e prendas técnicas de Lurbel e Hoka One One.
o RETIRADAS E ABANDONOS
Calquera participante poderá retirarse da proba sempre que o desexe e avisando no
control máis próximo e entregando o dorsal á organización. A evacuación dos/as
participantes a meta efectuarase segundo a dispoñibilidade loxística da organización.
No caso dalgunha urxencia en carreira, débese avisar ó teléfono de urxencias que
sae no dorsal, e a organización poñerá en funcionamento o protocolo para este tipo
de incidencias.
o EXCLUSIÓNS
Serán excluídos das probas todos aqueles que incumplan as seguintes condicións:
non seguir a ruta marcada pola organización; participar poñendo en risco tanto ao
entorno como aos demais participantes; non respetar a todos/as os/as participantes;
non cumprir as indicacións da organización; non respetar o medio ambiente e a
propiedade tanto pública como privada e non depositar os residuos nos lugares que se
habiliten para tal fin. Dado o carácter estrictamente popular, festivo e deportivo desta
proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.
o CAMBIOS E SUSPENSIÓN
A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere
necesarias para un mellor desenvolvemento da actividade, así como a súa suspensión
ou aprazamento se as condicións meteorolóxicas o obrigan por casos de forza maior.
o OUTROS SERVIZOS
Dende as 8:45 h ata as 10:45 h, os/as participantes ou acompañantes poderán visitar o museo
mineiro das minas de San Finx, e consultar as súas inquedanzas cunha guía.
Os/as participantes, tanto na modalidade de andaina coma de trail, ó remate das mesmas
contarán cun servizo de duchas, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra.
o RESPONSABILIDADE
A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e contratará outro de
accidentes, pero cada participante, polo mero feito de formalizar a inscrición, fáise
responsable individualmente dos danos que cause no desempeño da actividade, sempre
e cando esta non se realice nas condicións establecidas ou dentro dos circuitos
delimitados. A organización tampouco se responsabiliza dos obxectos personais que
poidan extraviarse ou danarse.
A organización declina toda responsabilidade, en caso de accidente por
neglixencia do /a participante.