Calendario
Info da proba

Trazo

02/03/2019 10:00 - 11:00
Regulamento O Concello de Trazo organiza coa colaboración da Federación Galega de
Atletismo esta proba dende fai 3 anos. Nestes primeiros anos o carácter lúdico
da mesma era pé fundamental xunto co fomento do deporte. O primeiro ben
dado polas datas do Entroido nas que ten lugar a proba e o segundo foi en
aumento.
Para manter o carácter lúdico realizarase unha carreira con distintas
categorías nas que é obrigatorio participar disfrazado.
No caso do obxectivo deportivo, este ano contamos co TRILLAZO (3
millas de Trazo), que ten un percorrido polas inmediacións de Viaño Pequeno
(lugar de comezo e fin da proba). Cunha superficie mixta de asfalto e pista
forestal. Nesta proba non é imprescindible ir disfrazado.......
 aínda que non será prohibido 
As dúas probas teñen un carácter popular, non profesional, nas que pode
participar todo aquel que o desexe. PROBA GRATUITA PARA TOD@S.
 LUGAR DA SAÍDA E CHEGADA
Nas inmediacións do Concello de Trazo, Viaño Pequeno-Trazo.
https://www.google.com/maps/place/15687+Via%C3%B1o+Pequeno,+La+Coru%C3%B1a/@43.0260187,-
8.5180601,375m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2ef79724b2faeb:0x7813e7ca74c831d8!8m2!3d43.0255486!4
d-8.5179965
 CATEGORÍAS
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO
Pitufos/as Nados 2012 e posteriores
Sub 10 Nados en 2010 e 2011
Sub 12 Nados en 2008 e 2009
Sub 14 Nados en 2006 e 2007
Sub 16-Sub 18-Adultos/as Nados en 2005 e anteriores
 HORARIOS
CATEGORÍA ANOS DE NACIMENTO DISTANCIA
TRILLAZO (Sub16-Sub18-
Adultos/as)
10:00h 3 Millas/4,8km

Pitufos/as 11.00h 100m
Sub 10 11:10h 200m
Sub 12
11:20h 400m
Sub 14 400m
Sub 16-Sub 18-Adultos/as 11:30h 1,2km
A partir das 9:00h abrirase a Secretaría da proba para retirar o dorsal.
Ata ½ hora antes do comezo da correspondente carreira.
IV Carreira Do Entroido
2 de Marzo de 2019 Concello de Trazo
 INSCRICIÓNS
As inscricións na proba serán gratuítas para todas as categorías.
A data límite de inscrición será o mércores 27 de febreiro de 2019 ás
23:59h.
Lugar Datos a aportar
www.carreirasgalegas.com Nome e apelidos
Home/muller
Data de nacemento
NIF
Telefono
e-mail
Federado/a--si/non
serviciosdeportivostrazo@gmail.com
Pavillón Municipal Trazo
Concello de Trazo
Tlf: 682902185
Non hai límite de participantes.
 CONTROL DE CHEGADA
O cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
Tódalas reclamacións deberán realizarse verbalmente ao Xuíz Árbitro, non
máis tarde de 30 minutos despois de publicados os resultados oficiais.
Ó longo do recorrido, a organización establecerá os controis que estime
oportunos.
 PARTICIPACIÓN
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e
manter limpo a contorna da mesma. Para tal fin débese comer e beber sen deixar
ningún envase fora dos recipientes habilitados.
Tódolos/as participantes da proba deberá levar en todo momento o
dorsal facilitado pola Organización, nun lugar visible (parte anterior do corpo)
non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O incumprimento
carrexará a descualificación do/da corredor/a.
O percorrido da proba estará marcado con sinais visibles e facilmente
identificables. A Organización terá os puntos de control oportunos para o
correcto desenvolvemento da proba.

 AVITUALLAMENTO Ó FINAL DAS PROBAS E SERVIZO DE DUCHAS
Ó fin de cada proba proporcionarase @s deportistas unha bolsa con
bebida, froita...
A organización disporá de servizo de duchas no Pavillón Municipal para
tod@s @s deportistas.
IV Carreira Do Entroido
2 de Marzo de 2019 Concello de Trazo
 PREMIOS
Recibirán medallas os tres primeiros e as tres primeiras clasificadas de cada
carreira por categorías. Na carreira de pitufos levarán medalla tod@s @s
participantes.
Recibirán un premio especial os mellores disfraces nas diferentes carreiras,
en categoría infantil e adulto. Premiarase ó Mellor disfrace, Mellor disfrace feito
na casa e Mellor disfrace colectivo.
O xurado levará a cabo a valoración dos disfraces ó longo da xornada.
A entrega dos premios levarase a cabo ó fin de todas as probas.
 SEGURO DE ACCIDENTES E RESPONSABILIDADE CIVIL
Tod@s @s participantes inscrit@s estarán amparados por unha póliza de seguro
de accidentes (licencia ou licencia de día) e responsabilidade civil concertada por
oconcello de Trazo. Estarán excluidos os derivados dun padecemento latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,… Tamén quedarán excluidos os
producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no que se desenvolve a proba.
Todo o non recollido no presente Reglamento rexirase polas normas da FGA,
RFEA e IAAF.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e
ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata
media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición
están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal
estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.