Calendario
Info da proba

Friol

27/04/2019 17:15 - 19:15
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
_ A VI Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI
Dr. López Suárez e o Concello de Friol
_ Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.
_ Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
_ dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel.
_ Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizalo seu.
_ Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
_ Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
_ A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
_ A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
_ A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES
Se disputarán a partir das 11:15 da maña no entorno da Colexio da localidade de Friol . As categorías, as distancias e os horarios de cada un deles son as seguintes:
Categoría Pitufos: 2014 e posteriores 100 metros 17:15
Categoría Prebenxamín: 2012/2013 300 metros 17:20
Categoría Sub 10: 2010/2011 700 metros 17:25
Categoría Sub 12: 2008/2009 1400 metros 17:30
Categoría Sub 14: 2006/2007 1400 metros 17:40
Categoría sub 16: 2004/2005 1400 metros 17:40
CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partir de las 18:00 da maña no entorno do Colexio da localidade de Friol sobre un circuito de 5 Km.
As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguintes:
Categoría Sub 18: nacidos no 2002/2003
Categoría Sub 20/Sub 23: nacidos nos anos 1997, 1998, 1999, 2000 E 2001
Categoría A: nacidos entre os anos 1996 e 1980
Categoría B: nacidos entre os anos 1979 e 1970
Categoría C: nacidos entre os anos 1969 e 1960
Categoría D: nacidos entre os anos 1959 e anteriores
Na carreira absoluta tamén se establecerá unha clasificación por equipos, tanto no
apartado masculino como no femenino. A puntuación se realizará pola suma dos
tiempos dos catro primeros integrantes do equipo. A inscripción dos equipos se fará a
través de invitación.
Tamén se establecerá unha clasificación por parellas, tanto no apartado masculino
como no femenino, así como unha categoría mixta. A participación por parellas NON É
COMPATIBLE ca clasificación por equipos, e se fará a través da inscripción habilitada
na páxina de championchipINSCRIPCIÓNS:
Categorías de menores: Farase a inscripción das categorías de menores a través de
dúas formas:
Na web www.championchipnorte.com
Na web do Concello www.concellodefriol.es indicando Nome, apelidos, data de
nacemento, sexo e club se pertenecese a algún.
Carreira Absoluta: Inscripcións on-line na páxina: www.championchipnorte.com No caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRARTE” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións en www.championchipnorte.com
A inscripción da carreira terá un coste de 3 € para os propietarios de chip amarillo do chip amarillo de championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios
O prazo de inscripción rematará o mércores 25 de AbrilPREMIOS
Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva. Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla conmemorativa do evento
Carrera Absoluta: Trofeos os OITO primeros clasificados da categoría A,B,C e D.
Os tres primeiros da categoría sub 18, así como os da categoría sub 20/23 levarán tamén un trofeo. Os tres primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un producto típico da zona
Os tres primeiros equipos da categoría masculina e da categoría femenina levarán un trofeo
Os tres primeiros clasificados das parellas masculino, femenino e mixto leváran un trofeo.
A todos los participantes se lles entregará un obsequio conmemorativo da carreira.
PERCORRIDO:
A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o mesmo para entrar en meta.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e chips de cronometraxe se entregarán o día da carreira sábado de 12:00 horas a 14:00 horas na pista polideportiva do Colexio de Friol, así como tamén pola tarde no mesmo sitio de 16:00 horas a 17:00 horas
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
_ Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do propio Centro Educativo
_ Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas instalacións polideportivas do propio Colexio
INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba www.championchipnorte.com