Calendario
Ver carrera

A Guarda

17/03/2019 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción ORGANIZACIÓN
O Colexio PP. Somascos e o Colexio de discapacidade intelectual San Xerome organizan a” I carreira inclusiva Revirando”. Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos/as e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade hacia a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.
DATA
A proba celebrarase o domingo 17 de marzo, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuíto terá o seguinte trazado: Alameda, Manuel Álvarez, Circunvalación e volta a Alameda. A saída e a meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda.
Dúas modalidades opcionais:
▲ ANDAINA (Non competitiva)): Unha volta ao percorrido. Total: 3.800 m.
▲ CARREIRA (Non competitiva): Unha volta ao percorrido. Total: 3.800 m. Ou posibilidade de 1500 para nenos/as pequenos ou demáis que opte por esta opción.
ORGANIZACIÓN DA SAÍDA
A saída será simultánea para tódalas modalidades.
Sen embargo, os inscritos da andaina ou con movilidade moi reducida saíran 10 minutos antes e os corredores despois. En caso de haber “ hand-bikes” poranse diante.
* A organización resérvase o dereito a modificar os criterios da saída para certificar a seguridade da mesma, por causas propias ou alleas, previa aviso nas redes socias do evento.
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido e sólido ao finalizar as probas en liña de meta.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.
• Andaina: sen límite de idade.
• Carreira (4km). Ata 75 anos ( consultar neste caso coa organización )
Fila 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira pero si queiran contribuír a que REVIRANDO poida seguir loitando polos seus obxectivos, tamén é posible realizar na propia plataforma de inscrición un donativo que será donado a ONG ou organización elixida.
INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de:
▲ ANDAINA OU CARREIRA: 5 euros adultos e 2 euros nenos/as ( ata 16 anos )
A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos interesados en:
▲ Colexios Somascos ou San Xerome: ( cubrir formulario e pago posterior na oficina de LA CAIXA).
▲www.inscriu.me/es/revirando-a-guarda
Prazo de inscrición: ata o 7 de marzo terán como agasallo unha camiseta técnica. Despois desa data pecharase o 12 do mesmo mes. Preguntas en revirandoaguarda .com
Os participantes que non finalicen o proceso de pago dentro do prazo, non quedarán inscritos.
Lembrar que o evento consta coa responsabilidade civil e seguros obrigatorios correspondentes.
DORSAIS
Nos colexios PP. Somascos e San Xerome ou no mesmo día da proba desde as 10 da mañá.
LIÑA DE META
1) Haberá un campo de baloncesto no que o equipo campión de Europa en cadeira de rodas, IBERCONSA AMFIV, levará a cabo unha exhibición deste deporte e ensinará a toda a xente que o desexe os segredos desta modalidade.Poderán participar activamente todas as persoas que o desexen.
2) Teremos un PATIO DINÁMICO OU INCLUSIVO. Trátase dun espazo inclusivo onde os nenos/as asistentes poderán xogar nun modelo de xogos tradicionais que veñen facendo os dous colexios na súa alianza en materia de inclusión.
3) Concerto do exitoso grupo XEROCK SAN XEROME, os seus integrantes son alumnos/as de San Xerome e que veñen de presentar fai pouco o seu novo traballo.
4) Faremos entrega dos PREMIOS REVIRANDO a organizacións ou persoas que contribúan en materia de inclusión ou discapacidade.
5) Como colofón do evento teremos un SORTEO con múltiples agasallos a sortear. Ao peche do regulamento poden variar as condicións do sorteo.

[ Go Back ]