Calendario
Info da proba

Ordes

30/06/2019 11:20 - 12:20
Regulamento REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY* 2014 e posteriores 400 metros
PREBENXAMÍN* 2012-2013 400 metros
SUB 10 2010-2011 1000 metros
SUB 12 2008-2009 1000 metros
SUB 14 2006-2007 2150 metros
SUB 16 2004- 2005 2150 metros
SUB 18 2002-2003 8300 metros
SUB 20-SUB 23-SENIOR 2001 ata máster 8300 metros
MASTER 1 nados/as entre 1970 e 1979 8300 metros
MASTER 2 nados/as entre 1960 e 1969 8300 metros
MASTER 3 nados en 1959 e anteriores 8300 metros
ANDAINA tódalas idades 4200 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de
cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
HORA CATEGORÍA
10:00 h Sub 14 e Sub 16 (2150 metros)
10:10 h Andaina (4200 metros)
10:30 h Baby e Prebenxamín (300 metros)
11:20 h Sub 18, Sub 20-Sub 23-Senior e Master (8300 metros)
11:30 h Sub 10 e Sub 12 (1000 metros)
4. Para o control da carreira (excepto categorías baby, prebenxamin e andaina) todos os
participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal e que
irá colocado na parte de atrás do dorsal.
5. INSCRICIONS:
- ANDAINA CONTRA O CANCRO: (tódalas idades): poderán facelo visitando a páxina web
www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para
formalizar a inscrición.
- CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a Sub 16): faranse cumprimentando os campos
indicados a través do formulario de inscrición presente nas web
www.carreirasgalegas.com.
- CARREIRA ABSOLUTA (Sub 18, Sub 20-Sub 23, Senior e Master), poderán facelo
visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos que
deberán efectuar para formalizar a inscrición*.
*Os equipos, clubs… que desexen optar os premios en metálico deberán formalizar a
inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á
dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do club
cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia,
club e nº de licencia federativa, se a ten).
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA: 4,00 €
- ANDAINA CONTRA O CANCRO 2,00 €
A cantidade de 1€ de cada inscrición na Carreira absoluta irá destinada a Asociación Española
Contra o Cancro, asemade da totalidade da inscrición na Andaina.
Existirá un “Dorsal 0” no cal calquera persoa (participe ou non nalgunha das probas) poda
facer unha aportación económica a favor a Asociación Española Contra o Cancro, a través
da web www.carreirasgalegas.com
Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 (ext. 5).
O prazo de inscrición rematará o mércores 26 de xuño de 2019 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRA
7. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría benxamín (en
mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros
homes da carreira SUB 18, SUB 20-SUB 23-SENIOR e MASTER.
Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar
censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis
veterano que logre concluíla proba da súa categoría.
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (SUB 18, SUB 20-SUB 23-SENIOR e MASTER)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a: 80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL, JUNIOR-PROMESA-SENIOR e MASTER)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 50 €
*A clasificación por clubs federados será establecida a través dos 4 primeiros
corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a
inscrición como club* (inscribindo os corredores individualmente en e remitindo un correo
electrónico a dirección FGAsantiago@gmail.com cos datos do club e dos seus
compoñentes), e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluíla carreira. A
confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou feminina, pero todos puntuarán
nunha soa clasificación.
NINGÚN CLUBE FEDERADO ENTRARA NESTES PREMIOS SENON SEGUE OS PASOS
MARCADOS PARA A INSCRICION POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE
REGULAMENTO.
PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e MASTER).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado: 50 €
*Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións, clubs,
equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 4
primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario
realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo
menos 6 corredores do mesmo logren concluíla carreira. A confección dos grupos poderá
ser mixta, masculina ou feminina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación, tendo que
estar todos os integrantes do grupo censados no municipio de Ordes.
* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores so poderán estar anotados ou
a través dunha asociación, club ou grupo, non poderá figurar en dúas entidades.
A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas rexerase polas
regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en especial o artigo
3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no seguinte enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf
Haberá servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de tódolos atletas ó
finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluír a proba recibirán avituallamento
líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.