Calendario
Info da proba

Quiroga

19/04/2019 17:00 - 18:30
Regulamento Data: VENRES 19 de ABRIL 2019
Hora: 17:00 h.(ABSOLUTA)16:15 (MENORES)
Lugar: Quiroga, Lugo.
Distancia: de 100 a 9.000 m.
Organiza: Concello de Quiroga.
Inscrición: Límite na proba absoluta 500 atletas.
Non se aceptarán as inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todolos datos
obrigatorios.
- ADULTOS participantes na PROBA ABSOLUTA: ata o MERCORES 17 de ABRIL ás 14:00 horas
na web Championchip norte (única forma de inscrición). Se non eres usuario, debes de darte
de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar as inscricións que
desexes.CHAMPIONCHIPNORTE
- No resto de probas e categorias que van dende pitufos ata cadete poderan inscribirse en
championchipnorte.com de maneira gratuita ou o dia da proba de 15:00 a 16:00
Web: POPULARQUIROGA.ES
REGLAMENTO DA PROBA
Art. 1 - Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
Art. 2 - O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
Art. 3 - Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións . A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
Art. 4 - A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
Art. 5 - A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Art. 6 - A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente
os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Art. 7 - Toda inscripción deberá incluir os datos seguintes: Nome e apelidos, data completa
de nacemento, sexo, e clube.
Art.8 - A data límite de inscripción será o día ata o MERCORES 17 de Abril ás 14:00 horas
na web Champion chip norte (única forma de inscrición na proba absoluta). Se non eres
usuario, debes de darte de alta no apartado “REXISTRARSE” e seguir as instruccións para
formalizar as inscricións que desexes.championchipnorte
Os participantes que participan nas carreiras das categorias dende pitufos ata cadete teñen
que inscribirse en championchipnorte tamén contan coa posibilidade de inscribirse o
mesmo día da proba de 15:00 a 16:00 horas diante da Casa do Concello.
- Non se inscribirá a ningún participante despois desa hora.
- Non se admitirá ningunha inscripción na que falten datos.
Art. 9 - A entrega de trofeos e medallas terá lugar diante do concello ás 18:30 horas
aproximadamente. Ademais todos os participantes recibirán unha camiseta e os primeiros
clasificados serán obsequiados cunha botella de viño de Quiroga.
Art. 10 - Ó remate da proba, no pavillón municipal,os participantes co desexen poderán
ducharse e asearse.
PREMIOS
OS 3 PRIMEIROS DA CATEGORIA ABSOLUTA TANTO MASCULINO COMA
FEMENINO RECIBIRAN TROFEO E OBSEQUIO.
Trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como
feminino, e os tres primeiros locais(trofeos non acumulables coa absoluta) Tódolos
participantes serán obsequiados cunha camiseta conmemorativa da proba ata esgotar
existencias. Os tres primeiros de cada categoría da carreira de adultos recibirán como
obsequio botellas de viño da nosa comarca.
CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES E DATAS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2015 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2012, 2013 e 2014
BENXAMIN atletas nados no 2010 e 2011
ALEVIN atletas nados no 2008 e 2009
INFANTIL atletas nados no 2006 e 2007
CADETE atletas nados no 2004 e 2005
XUVENIL atletas nados entre 1997 e 2003
SENIOR atletas nados entre 1985 E 1996
VETERANOS A atletas nados entre 1974 e 1984
VETERANOS B atletas nados entre 1964 e 1973
VETERANOS C atletas nados en 1963 e anteriores
VETERANAS A atletas nadas entre 1974 e 1984
VETERANAS B atletas nadas en 1973 e anteriores
HORARIOS E CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES
16.15 h
PITUFO |2015 e posteriores| - 100 metros (ata o bar a Taberna).
16:20 h
PREBENXAMÍN |2012-2013-2014| - 500 metros
BENXAMÍN |2010-2011| - 500 metros -1 volta a Praza de España
16:25 h
ALEVÍN |2008-2009| - 1.000 metros – 1 volta ó bar Zorro.
16:30 h
INFANTIL |2006-2007| - 2.000 metros
CADETE |2004-2005| - 2.000 metros - ata as piscinas municipais e volta a meta.
17:00 h PROBA ABSOLUTA
XUVENIL |nados entre 1997 e 2003|- 9.000 metros
SENIOR |nados entre 1985 e 1996| - 9.000metros
VETERANOS A |nados entre 1974 e 1984| - 9.000 metros
VETERANOS B |nados entre 1964 e 1973| - 9.000 metros
VETERANOS C |nados entre 1963 e anteriores| - 9.000 metros
VETERANAS A FEMENINO atletas nadas entre 1974 e 1984.
VETERANAS B FEMENINO atletas nadas en 1973 e anteriores.- 9.000m
18:30 h ENTREGA DE PREMIOS (diante do concello)
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o día da proba no Concello, en horario de 15:00 h ata media hora antes do
inicio de cada proba.
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a través dun CHIP que
se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal (agás propietarios de
chip amarelo) e que deberá colocarse na zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A
SÚA PROBA (agás propietarios de chip amarelo). AQUELES CORREDORES QUE
NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARÁN NAS CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN
NINGUN TIPO DE OBSEQUIO.
DESCALIFICACIONS: Todo corredor/a que incumpla as normas da competición referentes á
proba en ruta quedará descalificado