Calendario
Ver carrera

Vigo - Entroido

03/03/2019 10:00

[ Go Back ]

Descripción V CARREIRA do ENTROIDO Concello de Vigo

Inscripcións en www.laptime.es

PRIMEIRO.- A Comisión organizadora do Entroido 2019 organiza o domingo, 3 de marzo de 2019, a “V CARREIRA DO ENTROIDO 2019” con saída e chegada na Porta do Sol. Dado o seu carácter festivo anímase a todas as persoas interesadas a viren disfrazadas.
SEGUNDO.- PERCORRIDO
Modalidades infantís:
A partir das 10:00horas – rúa do PríncipeAs modalidades de rapaces, nenos, pequenos e pequerrechos desenvolveranse na peonil Rúa do Príncipe: con saída e punto de encontro no final desta rúa con Praza Porta do Sol.
Modalidade Absoluta:
A carreira absoluta con saída na Porta do Sol, fará un percorrido polas rúas:
Inicio ás 11:00 horas – Itinerario: Porta do Sol (saída), rúa Elduayen, Paseo de Alfonso XII, rúa Pi y Margall, rúa López Mora, avenida das Camelias, rúa Romil, rúa Cachamuiña, Ronda de D. Bosco, rúa Progreso, rúa Doutor Cadaval e Porta do Sol (remate).
DISTANCIAS e HORARIOS:
SAÍDA CARREIRA ANOS/ IDADES DISTANCIA
10:00 Cadete 2004 , 2005 2400 m aprox.
10:15 Infantil 2006 , 2007 1600 m aprox.
10:30 Alevín 2008 , 2009 600 m aprox.
10:40 Benxamín 2010, 2011 250 m aprox.
10:50 Pequerrechos 2012, 2013, 2014 , 2015 60 m aprox.
11:00 Absoluta 2003 e anteriores 5 km e 10 kms
PREMIOS:
■ Na carreira absoluta de 10 km:
- Haberá un agasallo ao chegar a meta para todos aqueles que corran disfrazados.
Daranse premios en metálico ós 3 primeiros clasificados absolutos en ambos sexos: 1º Clasificado/a 300 €, 2º Clasificado/a 200 €, 3º Clasificado/a 100 €.
Ademais entregaranse agasallos aos 3 primeiros de cada un dos sexos das distintas categorías establecidas no cadro seguinte:
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Xuvenil 2003, 2002
Júnior 2001, 2000
Promesa 1999, 1998, 1997
Sénior 1996 ata 39 anos
Veteranos A entre 40 e 49 anos
Veteranos B entre 50 e 59 anos
Veteranos C con 60 e máis anos
Así mesmo todos os participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
■ Na carreira absoluta 5 km:
Haberá un agasallo ao chegar á meta para todos aqueles que corran disfrazados. Darase un premio económico de 150 € ó mellor grupo/conxunto de máis de 5 persoas (que inscribíndose como tal) corran disfrazados. Para determinar cal de
tódolos grupos é o mellor a organización disporá dun xurado a pé de rúa, que valorará a orixinalidade, sintonía do grupo e graza.
Así mesmo todos os participantes da carreira recibirán un agasallo conmemorativo da proba ó recoller o seu dorsal, dentro da súa bolsa de corredor.
■ No resto de carreiras infantís:
Haberá premio para os 3 primeiros de cada un dos sexos nas categorías que seguen:
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Cadete 2004 , 2005
Infantil 2006 , 2007
Alevín 2008 , 2009
Benxamín 2010 , 2011
Na carreira de “Pequerrechos” (2012, 2013, 2014, 2015), que terá carácter
unicamente participativo, daranse medallas a tódolos participantes.
SEXTO: INSCRICIÓNS
O prazo de inscrición será dende o día seguinte da publicación ata o mércores 27 de
febreiro ás 24:00 horas. Tódalas inscricións realizaránse a través da web www.laptime.es. A inscrición en calquera das carreiras é gratuita
CATEGORÍA ANOS/ IDADES
Xuvenil 2003, 2002
Júnior 2001, 2000
Promesa 1999, 1998, 1997
Sénior 1996 ata 39 anos
Veteranos A entre 40 e 49 anos
Veteranos B entre 50 e 59 anos
Veteranos C con 60 e máis anos
SÉTIMO: RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS
INICIO PECHE LUGAR
venres 1 de marzo 17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo Rúa do Ecuador, 34
Sábado 2 de marzo 17:00 20:00 Sede da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo Rúa do Ecuador, 34
OITAVO: SERVIZOS
A organización porá un servizo de asistencia, que velará pola saúde dos atletas.
Contará tamén cos correspondentes seguros de Responsabilidade Civil e Accidentes,
válidos durante o transcurso do evento.
NOVENO: Todo corredor que non entre en meta co seu dorsal e chip correspondentes ou que incumpra as normas do presente regulamento poderá ser desclasificado.
DÉCIMO: Queda totalmente prohibido levar publicidade ou calquera lenda que conteña mensaxes que atenten contra os principios constitucionais, os dereitos humanos ou a lexislación vixente.
DÉCIMO PRIMEIRO.- Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin bicicletas, patíns ou patinetes, nin persoas non inscritas na proba.
DÉCIMO SEGUNDO: As reclamacións aos resultados oficiais deberán realizarse verbalmente, despois de terse feito públicos e como mínimo 20 minutos antes da entrega do premio, ante calquera membro do Comité Organizador.
DÉCIMO TERCEIRO: Todo o non previsto neste regulamento resolverase mediante o consenso dos membros do Comité Organizador da carreira.
DÉCIMO CUARTO: A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión derivada da aplicación dos criterios de avaliación do xurado é inapelable.
DÉCIMO QUINTO: Por razóns de seguridade e de apertura do tráfico no menor tempo posible, a organización poderá indicar a algún corredor/a que abandone o circuíto por el que transcorre a carreira e continúe pola acea a aqueles que no
chegaran á meta de 5km cando sí o fixeran os do recorrido de 10 km. Ademais márcase un tempo máximo de entrada en meta de 1h 15 minutos.
Vigo, xaneiro de 2019

[ Go Back ]