Calendario
Ver carrera

Ames

03/03/2019 10:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción O Concello de Ames organizará o domingo 3 de marzo o Trail e Andaina Ribeiras do Tambre. A
proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexirase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
O Trail e Andaina Ribeiras do Tambre terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA SAIDA META
10:05 h ANDAINA 15 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (concello de Ames)
10:00 h TRAIL 16 km aprox. Ponte Maceira
Real Aeroclub de Santiago (instalación en
Ameixenda (concello de Ames)
Os participantes tanto na ANDAINA como no TRAIL serán trasladados en autobús desde o Real
Aeroclub de Santiago (instalacións en Ameixenda (Concello de Ames) ate o punto de SAÍDA en Ponte
Maceira a partir das 08:30 horas.
Artigo 2. CATEGORIAS e IDADE MINIMA DE PARTICIPACION
ANDAINA
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir acompañados en
todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de participación será de 10 anos.
TRAIL
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SENIOR MASC/FMNO De 18 anos cumpridos o día da proba ate máster
MASTER 1 MASC/ FMNO Nados entre 1979 e 1984
MASTER 2 MASC/ FMNO Nados entre 1970 e 1978
MASTER 3 MASC/ FMNO Nados en 1969 e anteriores
ABSOLUTA MASC/FMNO Calquera das categorías anteriores
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantes tanto
no Trail como na Andaina inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Runnning
que incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os deportistas
federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licencia.
Para o resto de participantes suscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. DISTANCIAS E DESNIVEIS
 DISTANCIAS:
Andaina: 15,00 km aprox.
Trail: 16,00 km aprox.
 DESNIVEL POSITIVO:
Andaina: 340 m aprox.
Trail: 405 m aprox.
 DESNIVEL ACUMULADO:
Andaina: 535 m aprox.
Trail: 635 m aprox.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
 APERTURA DE INSCRICIONS: venres 08 de febreiro as 14.00 h
 PECHE DE INSCRICIONS: xoves 28 de febreiro ás 23.59 h
 PREZOS DA INSCRICION:
TRAIL: 11 €
ANDAINA: 7 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais tanto para a Andaina como para o Trail poderán recollerse a partir das 8.30 horas nas
instalacións do Real Aeroclub – Ames.
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL E ANDAINA
Tanto na Andaina coma no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Real
Aeroclub en Ameixenda ao punto de saída das probas (Ponte Maceira) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e
DIRECCIÓN
ANDAINA A partir das 08.30 horas Saída dos autobuses das instalación do Real
Aeroclub en Ameixenda – Ames en
TRAIL A partir das 08.30 horas dirección a Ponte Maceira
Artigo 8. PREMIOS e AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
 Premios aos 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no presente
reglamento.
 Premios aos 3 primeiros clubes da clasificación do Trail.
 AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
__________________________________________________________________________________
A entrega de premios realizarase a partir das 12:30 horas nas instalacións do Real Aeroclub –
Ames.
PREMIOS ECONÓMICOS PARA EQUIPOS
EQUIPOS EQUIPOS MIXTOS IMPORTE PREMIO
TRAIL
1º EQUIPO CLASIFICADO 125,00 €
2º EQUIPO CLASIFICADO 100,00 €
3º EQUIPO CLASIFICADO 75,00 €
4º EQUIPO CLASIFICADO 60,00 €
 PREMIOS ESPECIAIS A CLUBES: Darase trofeo aos 3 primeiros equipos tanto federados como
populares (deberán inscribirse coa mesma denominación e igual indumentaria) e premio en
metálico aos 4 primeiros clubes da clasificación do Trail.
Para elo tomarase como referencia os 6 primeiros clasificados/as de cada equipo, a suma dos
seus postos (no caso de empate tomarase como referencia o 6º/ª mellor clasificado/a do
equipo. Os equipos poderán ser mixtos.
Artigo 8. SERVIZO DE FISIOTERAPIA:
Haberá servizo de Fisioterapia na zona de Meta. Instalación do Real Aeroclub de Santiago en
Ameixenda (Concello de Ames).
Artigo 9. TRACK DAS RUTAS:
TRAIL: PROXIMAMENTE
ANDAINA: A ANDAINA SERÁ GUIADA
Artigo 10. SERVIZO DE DUCHAS e UBICACIÓN DAS INSTALACIÓNS DO REAL AEROCLUB
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas nas instalación do Real Aeroclub. Aquí
tendes o Link coa ubicación do lugar de recollida de dorsais e saída dos autobuses. Tamén será o
lugar de meta das probas (Ameixenda, San Mamede de Piñeiro, Ames):
https://www.google.es/maps/dir/''/Carretera+Santiago+Carballo,+Km+11,+15871+Ames,+A+Coru%C
3%B1a,+A+Coru%C3%B1a/data=!4m5!4m4!1m0!1m2!1m1!1s0xd2e54f19c047bd3:0xea34016193597
806?sa=X&ved=0ahUKEwiPh_7vicXKAhWK5xoKHYTUCKoQiBMIFDAA
Artigo 11. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento tanto no Trail como na Andaina (1 no percorrido, e 1 na meta).
Recomendable levar avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 8 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO E SÓLIDO META
Os participantes na ANDAINA terán que levar hidratación propia se o desexan. Terán os mesmos
avituallamentos que no Trail (KM 8 e liña de meta).
Artigo 12. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis tarde de 30’
despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e IAAF para probas
de Trail Running.
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes
por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa
responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en
condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita responsabilidade. A
organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias
inherentes á proba.
LOPD
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet oficiais.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de Trail running. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

[ Go Back ]