Calendario
Ver carrera

Tordoia

13/07/2019 19:45 - 21:45

[ Go Back ]

Descripción A área de Deportes do Concello de Tordoia, xunto coa Federación Galega de Atletismo, organizan a X Carreira Popular pedestre Tordoia in Essence e IV Andaina Popular 2019, o día 13 de Xullo (sábado de tarde) a partir das 19:45 horas. (Incluída no Circuito Deputación 2019).
Ofertamos dúas probas distintas para dar resposta á demanda existente: unha competitiva, como é a carreira e outra máis de disfrute como e a andaina. Tanto o percorrido da andaina como o da carreira como poden ver máis adiante, será o mesmo.
REGULAMENTO ESPECÍFICO DA PROBA
ITINERARIOS E HORARIOS

Poderán participar atletas federados e non federados; e haberá unha soa clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo da organización.
Inscricións até o xoves 11 de xullo ás 23:59 horas.
Premios e trofeos:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo e para o primeiro home e a primeira muller mellor clasificados empadroados no Concello de Tordoia da carreira absoluta.
Tamén se outorgarán trofeos aos tres primeiros clasificados da carreira xeral absoluta (premios NON acumulativos)
No referente á ANDAINA, non haberá trofeos. Si que levarán, en cambio, como todos os participantes nas carreiras, unha camiseta commemorativa. Os menores de idade deberán de ir acompañados dun adulto na andaina.

A saída terá lugar no campo da festa de Cabaleiros (Seixán). Os participantes estarán na saída 5 minutos antes da proba co seu pertinente dorsal identificador.



Entrega de dorsais: a entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes da proba e realizarase a carón da saída das probas. Os dorsais colocaranse nun lugar visible na parte anterior do corpo (zona próxima ao peito), respetándose a publicidade existente neles.
Servizos: Haberá servizos de duchas no pavillón polideportivo municipal de Cabaleiros e servizo de masaxe a pé de meta.
Farase unha recolecta de material escolar para doar á Cruz Vermella de Ordes.

Categorías dos participantes:

- CATEGORÍAS E PERCORRIDOS

- Pitufo Nados/as no 2014 e posteriores 19:45 horas. 100m.
- Prembenxamín: nados/as en 2012 e 2013. 19:55 horas. 300m.
- Sub10 e Sub12. Nados/as en 2010-2011 e 2008-2009. 20:05 horas. 700m.

- ANDAINA: Para todas as idades. 20:15h. 6850M
- Sub14 e Sub16. Nados/as en 2006-2007 e 2004-2005. 20:40 horas. 1800m.
- CARREIRA ABSOLUTA. PERCORRIDO. 21:10h 6850m
SUB18: 2002-2003 21:10h. 6850m
SUB20: 2000-2001 21:10 6850m
SUB23: 1997-1998-1999 21:10 6850m
Senior: de 1996 até 1985 21:10 6850m
Máster 1: Nados/as entre 1984 e 1979 21:10 6850m
Máster 2: Nados/as entre 1978 e 1970 21:10 6850m
Máster 3: Nados/as entre 1969 e 1960 21:10 6850m
Máster 4: Nados/as en 1959 e anteriores 21:10 6850m



ENTREGA DE TROFEOS: 22:20 horas.

TODO O NON RECOLLIDO NESTE REGULAMENTO SERÁ O ESTABLECIDO POLA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO, RFEA E IAAF PARA A PRESENTE TEMPADA, E A COMPETICIÓN SERÁ CONTROLADA POLO COMITÉ GALEGO DE XUÍCES.






PUNTOS IMPORTANTES !!!

As reclamacións referentes aos resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse os resultados.
Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular éste, falsificar datos persoais, ou competir co dorsal ou chip doutra persoa.
As atletas e os atletas con licencia da FGA deberán competir coa camiseta oficial do seu club.
As e os atletas con licencia federativa terán que aterse ao regulamento da disciplina deportiva en vigor.
As persoas non inscritas oficialmente e tomen parte da carreira a modo particular, sin ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos seguros da proba. A FGA non se fará responsable dos danos que estas persoas poidan causar ou causarse.

No referente á ANDAINA, non haberá trofeos. Si que levarán, en cambio, como todos os participantes nas carreiras, unha camiseta commemorativa. Os menores de idade deberán de ir de acompañados dun adulto.
INSCRICIÓNS: www.carreirasgalegas.com

VÉMONOS EN TORDOIA!!!

[ Go Back ]