Calendario
Info da proba

Oza

10/03/2019 10:30 - 12:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR Oza-cesuras
A I CARREIRA POPULAR Oza-Cesuras, organizada pola Concellería de Deportes do Concello
Oza-Cesurasl, Club As Vellas Non Paramos terá lugar o domingo 10 de Marzo de 2019 a partir
das 9:30 h da mañá a Andaina e 10:30 a proba de carreira en asfalto. A proba está suxeita ás
seguintes normas:
1. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Camiño Real.
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3. A organización contará coa axuda del Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e
voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a
infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de
seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados.
5. A proba estará controlada por Evedeport Norte, que establecerá os correspondentes
controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada quilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha hora
dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche
oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a
súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da
vía, e quedará eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer
(Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
9. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil.
De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con anterioridade
á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
10. CATEGORÍAS:
10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS:
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
● Sub 20: Nacidos/as no 2000 e 2001
● Sub 23: Nacidos/as no 1997, 1998 e 1999
● Sénior: Nacidos/as en 1996 ata 1984
● Máster A: Nacidos/as en 1983 ata 1978
● Máster B: Nacidos/as en 1977 ata 1969
● Máster C: Nacidos/as en 1968 ata 1959
● Máster D: Nacidos/as en 1958 e anteriores
● Cadeira de rodas
● Handbike
● Diversidade Visual
O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Oza -
Cesuras
Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 28 de Xaneiro ata as 22.00 h do
día 6 de Marzo a través da páxina web www.evedeportnorte.com . Poránse a disposición das
persoas interesadas un máximo de 500 dorsais par as categorías absoluta
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 9 (de 10.30 a 13.30 e de
17:00 as 20:00 horas) no Pavillón polideportivo de Oza-Cesuras así como o domingo 10 de
Marzo, dende as 8:00 ata as 9:00 horas.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa
ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE
As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran deseñadas
para a actividade de atletismo.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas
ou aros de impulsión suporía a descualificación.
DISCAPACIDADE VISUAL
Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto
de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten
guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por
detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía
que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá
soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura
deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o
corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A
infracción suporá a descualificación.
Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá
haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
● Sub 18: Nados/as no 2002 / 2003
● Sub 16: Nados/as no 2004 / 2005
● Sub 14: Nados/as no 2006 / 2007
● Sub 12: Nados/as no 2008 / 2009
● Sub 10: Nados/as no 2010 / 2011
● Sub 8: Nados/as no 2012 / 2013
● Benxamín Nados/as nos anos 2009 e 2010
● Alevín Nados/as nos anos 2007 e 2008
● Infantil Nados/as nos anos 2005 e 2006
● Cadete Nados/as nos anos 2003 e 2004
As distancias para percorrer por categoría serán as seguintes:
Horario Categorías Distancia
10:35 Sub 14 e – Sub 12 (GIRO 500m)1000 mts
10:35 Sub-18 y Sub 16 (giro 500- dos
vueltas)2000 mts
10:50 Sub 8 y Sub 10 300 mts
11.- Premios. A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de
cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a
carreira. Estimase sobre ás 13:00h.
12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
13.- O Concello de Oza-Cesuras e o Clube As Vellas Non Paramos non se fan responsables
dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas
ocasionen a outras persoas.
14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición
o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización
para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as
persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Club As Vellas Non Paramos,
asvellasnonparamos2019@gmail.com.
16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento.
17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón Municipal de Oza-Cesuras.