Calendario
Ver carrera

Esteiro

17/02/2019 9:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción 1. A “Asociación Os Salta Rejos”, organiza a “I Andaina de Esteiro 2019” que se
celebrará o día domingo 17 de febreiro de 2019, con saída e chegada no pavillón
deportivo municipal de Esteiro. Coordenadas G.P.S.: 42°47'44.9"N 8°58'47.4"W
A saída darase as 09:00 horas.
2. So será considerado participante da “I Andaina de Esteiro” , á persoa que
cumprimente total e correctamente a inscrición mediante a páxina de
https://www.galitiming.com/ e faga efectivo o prezo da inscrición, o cal será de 5€
para tódol@s participantes.
O número máximo de participantes será de 300.
3. O prazo para anotarse pecharase o día 15 de febreiro de 2019 ás 23:59 h. ou cando
a organización o estime oportuno en función do número máximo de inscritos.
4. As inscricións consideraranse definitivas polo que, unha vez rematado o prazo de
inscrición e no caso de non poder participar non se realizará a devolución do importe
da mesma.
5. A organización ten pleno dereito a cancelar/aprazar a actividade se a predición
meteorolóxica é adversa (alertas meteorolóxicas). Non se devolverá o importe da
inscrición, se ben garantimos unha nova data.
6. As comunicacións da organización faranse pola páxina dos Salta Rejos no
Facebook (https://www.facebook.com/ossalta.rejos.1)
7. A organización disporá dun seguro de Responsablidade Civil tal e como se require
na normativa dos eventos deportivos da Xunta de Galicia.
8. Disporase de dous avituallamentos, líquido e líquido-sólido.
A distancia da andaina será de 18 quilómetros e ten un nivel de dificultade media.
9. Como inscrito na andaina terá dereito á participación nesta, a obsequio da actividade,
a dous avituallamentos e a pintxos ó rematar. Haberá a disposición dos participantes
un servizo de duchas e vestiarios, así como se indicarán na web da asociación,
lugares para aparcar e como enredar unha tarde na contorna.
10. A ruta encádrase como actividade de sendeirismo, sendo a Andaina un exercicio
físico con fins de ocio, cultural e saudables; excluíndo expresamente a competición.
O participante, ca súa inscrición, manifesta encontrarse fisicamente apto para a
actividade.
11. Cabe resaltar que a circulación de vehículos e persoas non estará cortada polo que
os participantes deben extremar a precaución en cruces coas estradas e zonas
habitadas, considerando a actividade como unha excursión persoal.
12. A idade mínima para poder participar na marcha, será de 12 anos. Estes poderán
participar cunha autorización asinada polo pai, nai ou titor, xunto cunha copia do DNI
da persoa que a autoriza.
13. A aceptación deste regulamento implica obrigatoriamente que o participante autoriza
á Organización da proba á gravación total o parcial da súa participación na mesma
e presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe para a
promoción e difusión da proba de tódolos xeitos posibles (radio, prensa, vídeo, foto,
dvd, internet e redes sociais...), cedendo todos os dereitos relativos á explotación
comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar, sen dereito
a recibir compensación algunha.
14.O feito de inscribirse na marcha, supón a aceptación do presente regulamento e das
normas da organización e a renuncia a todos os dereitos contra a organización,
patrocinadores e colaboradores dos danos que poida sufrir no transcurso da mesma.

[ Go Back ]