Calendario
Info da proba

Sigueiro

27/04/2019 17:30 - 20:00
Regulamento VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE OROSO
Sábado 27 de abril de 2019
Sigüeiro - Oroso
A partir das 17:30 horas
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada
proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto
correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A inscrición da proba absoluta (de junior a veteráns) poderá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite:
mércores 23 de abril ás 23:59 horas.
A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas
web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar
o formulario de inscrición (data límite: mércores 24 de abril ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil (Sub 18) incluídos): GRATUITA
PROBA ABSOLUTA (de junior (Sub 20) a veteráns): 5 € por participante
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da
carreira.
4.- Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o sábado 26 de abril de 10:00
a 14:00 ou de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas
locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse
no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos
antes de cada proba correspondente.
5.- PREMIOS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e
feminino.
Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os
participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous
trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría
absoluta masculina e feminina.
As cuantías son as seguintes e os pagos serán xestionados a través da Federación Galega
de Atletismo:
1º Clasificado/a: 200 €
2º Clasificado/a: 100 €
3º Clasificado/a: 50 €
Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
6.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de
xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
7.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da
súa proba.
8.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade
coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos
os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da
competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en
función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
12.- Categorías e horarios
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse,
á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
MENORES
CATEGORÍA IDADE HORA DISTANCIAS
Pitufo Nados 2014 e posteriores 18.30 300 mt.
Prebenxamín Nados/as en 2012-2013 18:40 300 mt.
Sub10 Nados/as en 2010-2011 18:50 1.000 mt.
Sub12 Nados/as en 2008-2009 19:00 2.000 mt.
Sub14 Nados/as en 2006-2007 19:15 2.000 mt.
Sub16 Nados/as en 2004-2005 19:30 3.000 mt.
Sub18 Nados/as en 2002-2003 19:45 3.000 mt
ABSOLUTA
Sub20 Nados/as en 2000-2001 17:30 10.000 mt.
Sub23 Nados/as en 1997-1998-1999 17:30 10.000 mt.
Senior Nados/as en 1996 ata 1985 17:30 10.000 mt.
Máster 1 Nados/as en 1984 ata 1979 17:30 10.000 mt.
Máster 2 Nados/as en 1978 ata 1970 17:30 10.000 mt.
Máster 3 Nados/as en 1969 ata 1960 17:30 10.000 mt.
Máster 4 Nados/as a partir do ano 1959 17:30 10.000 mt.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:00
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e
polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta.
En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.