Calendario
Ver carrera

Chantada

11/05/2019 17:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación
dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a,
sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
suministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo
que deben utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organizción, non se
devolverá o importe da inscrición.
Non se devolverá a cota de inscrición en caso de non poder asistir.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE
@ participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste
regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba,
non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo o
corredor/a @ únic@ responsable en caso de accidente ó non cumplir a
normativa. A organización declina toda responsabilidade dos danos que os
participantes poidan ocasionar durante a proba, tanto a si mesmos como a
terceiros.
Tod@s @s participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade
civil e un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da
proba, e nunca como derivación dun padecemento ou enfermidade latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e articulado do regulamento,
etc. A organización declina toda responsabilidade polos danos que @s
participantes en esta proba poidan causarse a si mesmos, como a outras
persoas polas causas anteriormente citadas.
CARREIRA ABSOLUTA
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femeninas:
Xuvenil……………... entre 2002 - 2003
Junior………………. entre 2000 - 2001
Promesa…………… entre1997 - 1999
Senior…………….... 1996 ata 34 anos
Veteráns/as A …….. 35 a 44 anos
Veteráns/as B ………45 a 54 anos
Veteráns/as C ………55 anos e posteriores
CREACIÓN DE EQUIPOS E CLASIFICACIÓN – ( modalidade 10.000m)
Na proba de 10000m. poderanse crear equipos a través da plataforma de
championchipnorte en tres categorías diferentes según a súa configuración
Equipo masculino
Equipo feminino
Equipo mixto
Os equipos estarán formados por un mínimo de 4 integrantes e un máximo de
6 e no caso dos equipos mixtos a formación terá, como mínimo, 2
compoñentes de cada sexo.
Para a clasificación teranse en conta os tempos dos 4 primeiros clasificados e
no caso dos equipos mixtos os tempos dos dous primeiros homes e as dúas
primerias mulleres.
INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com
Presencial : Cafetería Capitol e electrodomésticos Lage
CUSTES DE INSCRIPCIÓN – CARREIRA ABSOLUTA
Ata o día 5 de maio ás 23:59h ………………………………….. 6€
Dende o día 6 de maio ás 24:00h ao 8 de maio ás 23:59h ….. 9€
Aluguer de chip (para non propietarios de chip amarelo) …….. 1€
A creación de equipos non terá ningún custe engadido.
A inscrición para as categorías handbike e cadeira de rodas é gratuita.
Peche de inscricións mércores 8 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse on-line serán obrigatorios os seguintes datos:

- DNI con letra
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (no caso de telo)
- Localidade
- Teléfono móbil
- Se é atleta empadroado/a en Chantada
A organización reservase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba (11 de
maio) na Prz. do Mercado de 12:00 a 16:45h.
PREMIOS
CARREIRA 10000m
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo+ agasallo + tarxeta 150€
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo + agasallo
1º/1ª, 2º/2ª e 3º/3ª clasificados das categorías:
Xuvenil ………..Trofeo + agasallo
Junior…………..Trofeo + agasallo
Promesa…..…..Trofeo + agasallo
Senior……...…..Trofeo + agasallo
Veteráns/as A...Trofeo + agasallo
Veteráns/as B ………..Trofeo + agasallo
Veteráns/as C ………..Trofeo + agasallo
1º equipo feminino …….. trofeo + agasallo
1º equipo masculino …... trofeo + agasallo
1º equipo mixto ………… trofeo + agasallo
CARREIRA 5000m
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo + agasallo
PREMIOS ESPECIAIS
CARREIRA 10000m
1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
CARREIRA 5000m
1º/1ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
2º/2ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
3º/3ª Clasificad@ local…………………… Trofeo + agasallo
Considerarase como local o atleta empadroado en Chantada.
Todos os participantes na carreira de adaptados recibiran o mesmo
recoñecemento, independentemente do posto en que se clasifiquen
Trofeo especial para o corredor ou corredora de mais idade.
Os premios non son acumulables a excepción dos premios especiais e os
de equipos
Avituallamento final para tod@s @s atletas que rematen a proba, na zona
habilitada pola organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
Duchas: Estarán a disposición d@s atletas nas instalacións das piscinas
municipais
Proba puntuable para o circuito correrengalicia
INFORMACIÓN E RESULTADOS
www.championchipnorte.com
www.correrengalicia.org
CARREIRAS MENORES
As carreiras de 100 e 500m son participativas e non se tomarán tempos.
A carreira de 2500m. é competitiva e será cronometrada.
INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com (gratuita)
Presencial : Cafetería Capitol e electrodomésticos Lage
Peche de inscricións o mércores 8 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán
obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra se ten
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na
proba.
HORARIOS E PERCORRIDOS:
17:00h ….(nados entre 2012 e 2016)..…... 100m. aprox.
17:10h…. (nados entre o 2008 e 2011)…. 500m. aprox.
17:20h:…Infantil e cadete...(nados entre 2004 e 2007)...... 2500m. aprox
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba (11 de maio) na Praza do Mercado de
12:00 a 16:30.
PREMIOS CARREIRA 2500m
Categoría infantil (nados en 2006-2007)
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo
Categoría cadete (nados en 2004-2005)
1º/1ª Clasificad@ ………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ ………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ ………..Trofeo
Tod@s @s nen@s que participen nas carreiras menores recibiran unha
medalla conmemorativa e avituallamento ao remate de cada proba.
Trofeo especial para o corredor ou corredora de menor idade que se dará a
coñecer ao principio da entrega de premios da carreira absoluta.
CARREIRA POLA INTEGRACIÓN
Aberta a participantes con calquer tipo de discapacidade
HORARIOS E PERCORRIDOS:
17:45h ……… 100m
INSCRICIÓNS
A través da Web www.championchipnorte.com (gratuita)
Presencial : Cafetería Capitol e electrodomésticos Lage
Peche de inscricións o mércores 8 de maio ás 23:59h
Non se aceptan inscricións por teléfono ou fax
Para poder inscribirse tanto por correo electrónico como presencialmente serán
obrigatorios os seguintes datos:
- DNI con letra
- Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-Clube (no caso de telo)
-Localidade
Tod@s @s participantes nesta proba recibiran unha medalla conmemorativa e
avituallamento ao remate da mesma.

[ Go Back ]