Calendario
Info da proba

Muras-Trail das Bestas

03/11/2019 8:00 - 23:00
Regulamento TRAIL DAS BESTAS – MURAS
A terceira edición do Trail Das Bestas celebrarse o 3 de Novembro do 2019.
O percorrido será circular con saida e meta na Area recreativa A Veiga para a
Andaina, 14k e Maratón. Os corredores que participan na distancia 27k
terán que presentarse na Veiga, onde un autobús os recollerá e levará á
saída, en Os Coruxos.
Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais nos cruces. Tamén
haberá sinais de spray biodegradable en algún puntos.
Os prezos das inscripcions os percorridos e a
plataforma de inscripción serán os seguintes.
Percorrido maratón 43 kms:
22€ ata o día 24 de Outubro as 23:59
26€ do 25 Outubro ata o día 30 de Outubro as 22:00
Percorrido 27 km (transporte en autobús á saída, Os Coruxos):
18€ ata o día 24 de outubro as 23:59
22€ do 25 Outubro ata 30 de Outubro as 22:00
Percorrido 14 km:
16€ ata o día 24 de outubro as 23:59
20€ do 25 de Outubro ata o 30 de Outubro as 22:00
Andaina 14 km:
9€ ata o día 24 de outubro as 23:59
13€ do 25 de Outubro ata o 30 de Outubro as 22:00
A inscripción inclué:
• Seguro de accidentes y R.C.
• 4 abastecementos maratón, 2 na media( 1 Solido e líquido e
1 líquido) e un na curta e andaina(sólido e líquido)
• Agasallo da proba
• Comida Final.
• Reportaxe fotográfico en aberto.
• Seguimento gps Track The Race (distancia maratón)
• Ludoteca para nenos
• Duchas
inscripcións en www.galitiming.com
HORARIOS
7:30 a 9:00 Recollida de Dorsais.
8:30 Saída Maratón
9:00 Saída do autobús ata Os Coruxos (Serra do Xistral) para 27k
9:30 Saída 27k - 14k e a andaina
*A saída dos 27k será dende Os Coruxos na Serra do Xistral, polo que se habilitará
un transporte gratuito en autobús ata o punto de saída (15 min de traxecto dende
Muras)
BALIZAXE DA CARREIRA
Teremos 3 tipos de marcas para seguir o percorrido.
1. Marcas fixas con frechas de dirección en crucezamentos e
interseccións.
2. Cinta de Balizar vermella e Branca.
3. Cartais de dirección
4. Frechas de espray biodegradable en cor fosforito
MATERIAL OBLIGATORIO
Distancia Maratón:
Obrigatorio portar chubasqueiro, lubas e gorro ou tubular (buff)
Resto de distancias e andaina:
Debido ao feito de que a proba se realice en novembro, a organización
reserva a posibilidade de pedir roupa de protección de abrigo, rompe-ventos
ou medias longas, guantes…… agardando as prediccions metereoloxicas
previas para a carrerira. Si o parte meteorolóxico indica que haberá
precipitacions e temperaturas baixas a organización obrigará a ó uso das
prendas que estime oportunas. En caso de que álgun corredor non porte co
material de abrigo para a súa seguridade, será descalificado ou prohibiráselle
a participación na proba.
ABASTECEMENTOS
A organización dispora de abastecementos, tanto líquidos coma
solidos, froita, barriñas de cereais, auga e isotonicas.
É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de
hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A
organización non terá vasos. Facemos isto por respeto ao medio
ambente e reducir a xeración de lixo.
¿QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?
No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que
necesitemos asistencia medica, intentaremos chegar os puntos de
emerxencia onde o persoal da organización nos atenderanos e enviara
a ambulancia para a evacuación do accidentado.
No caso de emerxencia grave que non nos poidamos mover
avisaremos a un corredor para que poida alertar no punto mais cercano
ou ven chamarnos a os teléfonos que aparecen nos dorsais. E obriga
de todos os corredores prestar asistencia os lesionados. A
organización facilitará coa inscripción un seguro de accidentes e de
responsabilidade civil.
No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria, esta terá que
ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro, queda
fora da responsabilidad da organización a asistencia en outros centros
de saúde e hospitais.
CATEGORIAS:
As categorías son as seguintes para tódalas carreiras;
▪ Senior Masculino dos 18 ata 45 años
▪ Senior Feminina dos 18 ata 45 años
▪ Veterano/a. A partir dos 46 años
▪ Absoluto/a.
▪ A idade considerada pola organización será a que se teña ao
finalizar o ano en curso.
RECOMENDACIONS
Antes de entrar no recinto de saida, procederase o control de dorsais e
material obrigatorio se fose necesario. A organización terá o percorrido
totalmente balizado, e os participantes deberán seguilo estrictamente e
nunca saltarse ningún tramo. Para o control disto cada corredor
disporá dun dispositivo GPS na maratón que nos indicara en todo
momento o seu posicionamento e o seu track. Nas outras probas
haberá xuices e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos
corredores. Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á
hora de establecer a descalificación dun corredor por non cumprir con
todo o percorrido.
Queda prohibido tirar botellas, vasos, papeis ou desperdicio fora das
zonas habilitadas pola organización. No caso de incumprimento será
motivo de descalificación.
O feito de inscribirse supon a aceptación do reglamento.
FOTOS E VIDEOS PARTICIPANTES
Co pago da inscripción aceptase a publicación nos nosos medios, web,
Facebook, twiter e outros medios de publicidade do material fotográfico e
video da carreira.
ENTORNO:
A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental da
Serra do Xistral e Rio Eume. Pregámosvos a tódos os participantes que
respetedes a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixos
no monte e que non se moleste á posible fauna que nos poidamos
encontrar polo percorrido.
LUDOTECA:
Haberá ludoteca para @s pequen@s, e poder conciliar a participación coa
vida familiar. Dita Ludoteca terá zonas de xogos. O servizo de ludoteca
será ofrecido por Puntoyuparte https://www.puntouparte.es/
email para reserva de ludoteca a pablo@marmaroutdoor.es
DUBIDAS
Para calquera dubida, enviade un correo a pablo@marmaroutdoor.es