Calendario
Info da proba

Outes

31/03/2019 10:00 - 13:30
Regulamento
REGULAMENTO I TRAIL CONCELLO DE OUTES
“SUBIDA AO TREMUZO”
 Día da proba: domingo 31 de marzo
 Saída: ás 10:00h dende o pavillón do Cruceiro de Roo
As persoas inscritas no Trail de Outes sométense ao seguinte regulamento:
INSCRICIÓNS E PREZO:
 As inscricións estarán abertas ata o xoves día 28 de marzo ás 23:59h.
 O custo da inscrición é de 10 euros.
 As inscricións realizaranse a través da web www.galitiming.com.
 A inscrición dá dereito a cronometraxe electrónico por chip, seguro de accidentes do
corredor, avituallamentos intermedios e final, servizo de duchas, asistencia sanitaria en
carreira e trofeos.
 A non participación, retirada ou descualificación da proba non implica a devolución do
importe.
 Calquera modificación sobre a inscrición hai que notificala un día antes do peche das
inscricións.
 A petición da inscrición implica o recoñecemento por parte do/a atleta que dispón da
capacidade física e psicolóxica para participar neste evento.
 O percorrido desenvolverase sobre un circuíto con piso de terra debidamente sinalizado,
mínimo cada 100 metros (se alguén se perdese debe volver atrás polo mesmo camiño ata ver
unha sinalización).
 A organización non pode garantir a cobertura en todo o percorrido.
 A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar
os/as participantes sen dorsal.
 As persoas participantes están obrigadas a informar do seu abandono no control de chegada.
 O tempo máximo para completar a proba de 16 km será de 3 horas e 30 minutos. A partir
dese intre os corredores que permanezan en ruta deberán abandonala. Garántese a súa
cobertura.
 Haberá trofeos para as tres primeiras clasificacións tanto masculina como feminina.
PARTICIPANTES:
 Está rigorosamente prohibido o acompañamento de participantes mediante o uso dalgún
vehículo de apoio. O incumprimento desta norma implicará a descualificación das e dos
atletas acompañados.
 Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calquera participante
se consideran que a condición física ou a súa actitude o require, así como a quen corra sen
dorsal.
 Están obrigadas a auxiliar a outras participantes que precisen de axuda, así como a respectar
as regras de circulación nos tramos e cruzamento de estrada.
 Están cubertos/as por un seguro de accidentes deportivos.
 Asumen que existe o risco dun accidente de gravidade, e está nas súas mans prever e
minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el/a ou a terceiras
persoas.
 Son conscientes que non sempre se pode acceder cos servizos de emerxencia axeitados a
todas as zonas do percorrido.
 Deben empregar con dilixencia os equipos de protección axeitados ademais daqueles que a
organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca
finalidade e uso que foron deseñados.
 Son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros
participantes e a terceiras persoas.
 A idade mínima é de 16 anos. Os menores de 18 deberán presentar unha autorización do/a
titor/a. Calquera membro da organización pode pedir a un participante que acredite a súa
idade co DNI.
 A organización facilitará o tempo final da proba.
 Cada participante é responsable de localizar e seguir as marcas que balizan o percorrido.
 Autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores e
corredoras durante a proba e a súa vinculación co evento.
AVITUALLAMENTOS E DUCHAS:
 Haberá varios avituallamentos, un avituallamento líquido no quilómetro 5 ou 6
aproximadamente e outro sólido e líquido no quilómetro 10 ou 11. Ao chegar á meta haberá
un avituallamento final líquido e sólido.
 A organización dispón de recipientes para depositar os restos dos envases, a non utilización
deles suporá a descualificación.
 Facilitarase o acceso a duchas e aseos ao remate da proba.
MATERIAL:
 É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en
cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
 Recomendase levar un teléfono móbil con batería para estar en contacto coa organización se
fose preciso.
 Ás persoas participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar nun lugar visible ata o
remate da proba, sendo descualificado todo aquel ou aquela que chegue sen dorsal á liña de
meta.
 Facilitarase un chip que deberá situarse no calzado ou no nocello para a súa correcta lectura
nos puntos de control. Se o corredor ou corredora non devolve o chip ao remate da proba
deberá abonar o importe do mesmo á empresa encargada da cronometraxe.
 A organización non se responsabiliza do deterioro, perda ou extravío do material empregado
durante a proba.
RETIRADA DE DORSAIS:
 O mesmo día da proba no pavillón do Cruceiro de Roo, dende as 9:00h e ata 15 minutos
antes da saída que será as 10:00h.
 Se a organización o solicita debe acreditarse con documento oficial a titularidade do dorsal.
DESCUALIFICACIÓNS:
 Amosar unha conduta antideportiva, retirar sinais da carreira, non rematar o percorrido, non
atender a indicacións da organización, atentar contra o medio ambiente.
 Non auxiliar a outro participante que o solicite. Abandonar o percorrido coa finalidade de
atallar ou adiantar a outras participantes.
 Poñer en risco a súa integridade ou a de outros participantes cunha conduta temeraria.
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
 Calquera outra disposición non recollida neste regulamento resolverase dentro da
organización, sen posibilidade de recurso.
 A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a
proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou aconsellen as autoridades a súa
suspensión; de acontecer este suposto, comunicaríase unha nova data de celebración.
 Calquera tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da
proba para non entorpecer o desenvolvemento da mesma.
 A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a
participación nesta proba.
 A inscrición na proba implica a aceptación do regulamento da mesma sen reservas.
 O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.