Calendario
Ver carrera

San Miguel de Oia - Vigo

17/02/2019 11:30 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción XLII TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS EN SAN MIGUEL DE OIA - VIGO
“DEDICADA Á MULLER”
REGULAMENTO
A Sociedade Deportiva Atletismo San Miguel de Oia, ten o privilexio de convidalos a participar no XLII Trofeo de
Campo a Través que se celebrará o vindeiro 17 de Febreiro de 2.019 a partires das 10:00 da mañá nos campos Loureiro –
Camiño da Verdella de San Miguel de Oia, de acordo coas seguintes normas:
Este ano queremos dedicarlle esta carreira a todas as mulleres que participen na categoría absoluta do noso
cross, e con tal motivo faremos un sorteo de 10 vales de compra en material deportivo. Entrarán no sorteo todas as
mulleres que se presenten na liña de saída na carreira popular as 11:40 da mañá, e que estean debidamente inscritas
en dita competición.
1º A participación está aberta a atletas federados ou non federados con excepción dos atletas españois con
axuda económica da RFEA nin atletas estranxeiros que houberan feito, durante a presente tempada ou as 2 anteriores,
unha marca dun valor de 950 puntos ou superior por táboa IAAF vixente (como se detalla no artigo 3.4 do regulamento
das competicións da RFEA), salvo permiso expreso concedido. Este punto non é aplicable para atletas (españois ou
estranxeiros) con licenza dilixenciada pola Federación Galega de Atletismo.
Celébranse varias carreiras e a hora de saída e distancias a percorrer das probas serán:
*Estas carreiras son de promoción non oficiais.
HORA CATEGORÍA ANO VOLTAS DISTANCIA
10:00 SUB 16 FEMENINO 04-05 1 V. PEQUENA
+ 1 V. GRANDE
2.100 m.
10:15 SUB 16 MASCULINO 04-05 1 V. PEQUENA
+ 2 V. GRANDES
3.700 m.
10:30 SUB 14 FEMININO 06-07 1V. GRANDE 1.575 m.
10:45 SUB 14 MASCULINO 06-07 1V. PEQUENA
+ 1 V. GRANDE
2.100 m.
11:00 SUB 12 FEMININO 08-09 2 V. PEQUENAS (A) 1.075 m.
11:10 SUB 12 MASCULINO 08-09 1 V. GRANDE 1.575 m.
11:20 SUB 10 FEMININO 10-11 2V. PEQUENAS (B) 700 m.
11:30 SUB 10 MASCULINO 10-11 2V. PEQUENAS (B) 700 m.
11:40 CARREIRA POPULAR
(Ambos sexos)
99 e
anteriores
5V. GRANDES 8.000 m.
12:50 SUB 18 e SUB 20 (Ambos sexos) 00-01-02-03 1V.PEQUENA
+ 2V. GRANDES
3.700 m.
13:00 PREBENXAMÍN FEMININO* 12-13 1V. PEQUENA 527 m.
13:10 PREBENXAMÍN MASCULINO* 12-13 1V. PEQUENA 527 m.
13:15 OLÍMPICOS FEMENINO * 14-15-16-17 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:20 OLÍMPICOS MASCULINO * 14-15-16-17 CIRCUITO CHAN 100 m.
13:30 ENTREGA DE PREMIOS
2º As carreiras estarán reguladas baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Delegación en Vigo da
Federación Galega de Atletismo.
3º Os dorsais serán facilitados pola organización e deberán levarse en toda súa extensión, sen dobreces que
dificulten a súa visión po los Xuíces, sendo o contrario motivo de descalificación.
4º Tódolos clubes, centros escolares ou agrupacións teñen que estar representados por un delegado que
deberá presentarse en secretaría como mínimo media hora antes da hora prevista para o inicio da competición a fin de
retirar os dorsais e documentación da mesma.
5º As inscricións faranse na páxina web Carreiras Galegas tendo como fecha límite o día 14 de febreiro as
22:00 horas, onde deberán indicar os datos da inscrición requiridos.
6º Premios. Para as categorías ata SUB 16 entregaránselle trofeo os tres primeiros de cada categoría e sexo e
medalla ó resto dos participantes.
Nas categorías SUB 18 e SUB 20 feminino e masculino, entregaranse trofeos os tres primeiros clasificados de cada
categoría.
Na carreira popular entregaranse trofeos os tres primeiros das seguintes categorías, tanto feminino como masculino:
A- Nados entre os anos 1.999 e 1.986.
B- Nados entre os anos 1.985 e 1.977.
C- Nados entre os anos 1.976 e 1.968.
D- Nados entre os anos 1.967 e 1.959.
E- Nados entre os anos 1.958 e 1.952
F- Nados entre os anos 1.951 e anteriores.
7º Os premios individuais non serán acumulables.
8º A proba está cuberta cun seguro de responsabilidade civil obrigatorio e seguro de accidentes.
9º A organización desta proba non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmos ou a outras
persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das neglixencias que poidan cometer durante o seu
transcurso.
10º As reclamacións sobre de este regulamento e outras incidencias non contempladas no mesmo faranse de
acordo cos regulamentos da IAAF, RFEA e FGA en vigor.
11º A inscrición nesta competición implica a aceptación do presente regulamento.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou
persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos
médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste
un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos,
que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc.
Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A
inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo
ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións,
medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes
e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece
a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.

[ Go Back ]