Calendario
Info da proba

Rinlo - Ribadeo

24/08/2019 20:00 - 23:00
Regulamento III CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO
SÁBADO 24 DE AGOSTO DE 2019 ÁS 21:45
REGULAMENTO DA PROBA
- A carreira está organizada polo Club Atletismo Ribadeo.
- Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen sempre que teñan 16 anos o máis.
- Establecese un límite de 600 participantes na suma de tódalas categorías.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
- O circuíto será controlado pero non pechado ó tráfico polo que se roga os participantes
tomar as debidas precaucións.
- Na proba absoluta será obrigatorio a utilización do chip de cronometraxe fornecido pola
organización excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome
como da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores.
- A entrada en meta pecharase as 23:00. Todo atleta que non entrase en meta a esa hora
deberá abandonar o circuíto e se decide continuar farao baixo a súa responsabilidade.
- Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos titores legais
dos mesmos.
- Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a vila de Ribadeo (Meta)
ate a vila de Rinlo (Saída), debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento
da inscrición. Os horarios e punto de partida publicarase na páxina de facebook do club
(www.facebook.com/clubatletismoribadeo).
- Calquera outra información de interese, posibles modificacións, etc., publicarase na páxina
de facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia contemplada ou non neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 20:00 no entorno do Parque de San Francisco e a Casa do Concello.
(zona do Cantón), agás as categorías Infantil e Cadete cuxa saída será no Faro de Illa Pancha.
As categorías, distancias e horarios son os seguintes:
Categoría de Pitufos: 2014 e posteriores 60 metros 20:00
Categoría de Prebenxamín: 2012/2013 150 metros 20:05
Categoría de Benxamín: 2010/2011 350 metros 20:15
Categoría de Alevín: 2008/2009 600 metros 20:25
Categoría Infantil: 2006/2007 2.500 metros 21:30
Categoría Cadete: 2004/2005 2.500 metros 21:30
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase as 21:45 e a saída será na vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila
de Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 8,7 kms. (Aprox.).
As categorías, tanto no apartado masculino como feminino, son as seguintes:
Xuvenil: 2001/2003
Junior: 1998/2000
Senior: 1985/1997
Veteranos/as A: 1975/1984
Veteranos/as B: 1965/1974
Veteranos/as C: 1955/1964
Veteranos/as D: 1954 e anteriores.
Handbike: 2003 e anteriores.
INSCRICIÓN:
Categoría de menores: as inscripcións faranse na seguinte web
www.championchipnorte.com .
A carreira nas categorías de menores será de balde.
Carreira Absoluta: As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com .
A inscrición na Carreira Absoluta terá un custe de 8,00 € dende o inicio da inscrición ata o 12
de Agosto. Do 13 de Agosto ata o 21 de Agosto o custe será de 10,00 €. Os non propietarios de
chip amarelo terán que abonar 1,00 € en concepto de aluguer, tendo que devolver o chip ao
rematar a proba. En caso de non devolver o chip o atleta farase cargo do seu custo.
As inscrición pecharanse o día 21 de Agosto as 23:59 horas.
PREMIOS:
Categoría de menores: Na categoría de Pitufos recibirán una medalla e nas demais categorías
medalla ou trofeo.
Carreira Absoluta. Terán premios (trofeo ou medalla):
- Os tres primeiros absolutos tanto masculino como femenino.
- Os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como femenino.
- Primeiro Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censados no concello de Ribadeo).
- Primeira Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censada no concello de Ribadeo).
- Tres primeiros equipos, que estarán formados como mínimo por cinco atletas, tendo que ser
dous atletas de distinto sexo ( equipo mixto ). Para a clasificación contarán os tres mellores
tempos obtidos polos/as atletas dun sexo e polos dous mellores tempos dos/as atletas do
outro sexo.
- Premio en metálico de 50,00 € para os que establezan un novo record absoluto da proba
tanto en masculino como en femenino.
En masculino o record está en 00:29:10
En femenino o record está en 00:34:58
PERCORRIDO
A carreira terá un percorrido duns 8,7 km aproximadamente. A saída terá lugar na Praza de
Santa Catalina na vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno a costa ata a vila de Ribadeo,
pasando antes pola Illa Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa
Rodríguez Murias e rematará diante da Casa do Concello.
ENTREGA DE DORASAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba. O lugar e horas de entrega
publicarase no facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
As duchas serán nos pavillóns deportivos do Concello de Ribadeo.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS
Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com .