Calendario
Info da proba

Laracha-Cabeceiras do Anllóns

24/03/2019 9:30 - 15:30
Regulamento
REGULAMENTO
1. Bases: A participación no “V Trail e Andaina polas cabeceiras do Anllóns” suporá a
aceptación deste regulamento.
2. Data: Terá lugar o 24 de Marzo de 2019. A saída será as 9:30 do pavillón do I.E.S. Agra
de Leborís e o hora límite de chegada será ás 15:30.
O Minitrail sairá as 10:00 e a hora límite será ás 14:00.
A Andaina sairá as 10:00 e a hora límite será ás 14:00.
3. Distancia: O trail terá unha lonxitude de 24Kms. O minitrail de 16Kms.
A Andaina de 15Kms.
4. Categorías: Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos e
menores de máis de 16 con permiso de consentimento firmado polos seus titores
legais.
As categorías serán as mesmas para o trail e para o minitrail.
MASCULINA: Absoluta, de 16 a 45.
Veteranos, maiores de 45 en adiante.

FEMININA: Absoluta, de 16 a 40.
Veteranas, maiores de 40 en adiante.

A Andaina non terá categorías nin trofeos.
CRONO-ESCALADA: farase unha cronometraxe especial en un tramo do
percorrido con un gran desnivel do cal se fará unha clasificación.
5. Inscricións: Ata o 20 de Marzo de 2019 ás 23:59.
6. Prezo:
Trail: 15€
Minitrail: 10€
Andaina: 5€
Que dan dereito a: participar nas probas, avituallamentos, duchas, aperitivo
postcarreira, sorteo e seguro de accidentes para as probas.
7. Sinalización: O percorrido estará sinalizado con cintas de cor viva e as sinais necesarias
para que o camiño a seguir non presente ningunha dúbida polo que o estrito
seguimento do mesmo será obrigatorio para a continuidade na proba. Voluntarios do
club dispostos ó longo do percorrido asistirán ós participantes nos cruces.
8. Tempos de paso: Os participantes que sobrepasen 2 horas o paso polo primeiro
avituallamento e 3 horas o do segundo, entendendo como paso o do primeiro
corredor do trail longo, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os
servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura e seguridade.
9. Condicións físicas: a organización resérvase o dereito de retirar da proba a aquelas
persoas que considere que non reúnen as condición físicas necesarias para continuar
na carreira sen por en serio risco a súa saúde como esgotamento agudo, lesión grave,
síntomas de alteracións sensoriais, etc.
10. Avituallamentos: Haberá dous avituallamentos líquidos e sólidos e un avituallamento
de meta.
11. Auxilio: os participantes están obrigados a respectar a integridade dos demais
participantes así como a prestar auxilio ós accidentados.
12. Roupeiro: Habilitaremos un roupeiro para deixar obxectos persoais durante as probas.
13. Responsabilidade: A organización non se responsabiliza de:
-Consecuencias derivadas da participación da proba que non se recollan no seguro de
accidentes.
-Pérdida ou deterioro de obxectos persoais.
14. Descalificación: -O que non cumpra estas bases.
-O que non complete o recorrido nos tempos indicados nas bases.
-O que deteriore ou ensucie o entorno.
-O que non leve o dorsal ben visible.
-O que non respecte as ordes dos membros da organización.
-O que non preste auxilio.
-O que presente comportamento anómalo, mostre actitudes violentas,
que tire lixo no medio natural, que moleste a fauna, que dane a propiedade
pública ou privada, que non respecte os demais participantes ou membros da
organización.
15. Dereitos de imaxe: A entidade organizadora resérvase en exclusividade o dereito sobre a
imaxe do trail así como a explotación audiovisual, fotográfica e periodística do evento.
Calquera proxecto mediático ou publicitario deberá contar previamente co consentimento
escrito da organización. Así mesmo a organización resérvase o dereito de realizar e publicar
nas redes fotografías durante todo o evento nas que poderán aparecer calquera dos
participantes.
16. Tráfico: A organización non cortará en ningún momento a circulación e os participantes
polo tanto deberán respectar rigorosamente as normas de tráfico vixentes.