Calendario
Ver carrera

Vigo-Contrarreloj

09/03/2019 19:00 - 22:00

[ Go Back ]

Descripción

O comenzo da competición está prevista para as 19:00, tódolos equipos teñen a súa hora prevista de inicio, esta hora e simplemente informativa, xa que si se produce un retraso na saida, se aplicará este retraso automáticamente a
tódoslos equipos. O Tempo de Saida si que se ten que respetar a o máximo, para elo porase un cronómetro a vista de todos na zona de saida co tempo de competición.

CONSIDERACIÓNS DA PROBA:

A proba consiste en unaha contraleloxo de atletismo de 5km por equipos, na que non gaña o participante individual mais rápido, se non o equipo que consiga facer correr mais a o seu sexto compoñente que pase por meta.

A diferencia máxima entre o primeiro e o sexto compoñente do equipo en cruzar pola meta non pode ser
maior de 5 segundos. De ser deste xeito, eliminarase o equipo.

Os equipos MIXTOS teñen que entrar en meta con ao menos con 2 participantes de sexo contrario.

Os equipos teñen que acceder a zona de saida pola parte de atrás da rampa, para non molestar a os equipos que inician a carreira. Os equipos teñen que estar na carpa de saida un minuto antes da saida, dentro dentro desta carpa so pode estar o equipo que vai a sair, ata que non aia saido non pode pasar o seguinte equipo.

Dentro da carpa de saida está un reloxo ou pantalla con conta regresiva continua de 1 minuto, non se pode sair antes de tempo, a saida estará controlada por unha fotocélula que non se pode atravesar ata o momento da saida, o equipo que incumpla esta norma terá unha penalización de 1 ́.

Paso de incio da segunda: A recta de chegada está dividida en duas partes, a entrada a meta e o inicio de 2a volta. A zona de chegada a meta SO É PARA OS EQUIPOS QUE FINALIZAN A SEGUNDA VOLTA E QUE ENTRAN EN META, e é o carril da dereita (o mais pegado a rampa de saida), os equipos que inician a segunda volta teñen que coller o carril da esquerda, os equipos que inician a 2a volta NON PODEN PASAR POR META, se pasan terán unha penalización de 1 ́no tempo final.

Penalizarase con 1 ́ o equipo ou compoñente do mesmo que se achegue co dorsal (posto ou gardado) a zona de meta aunque non se encontre en carreira. (xa que pode detectarse o chip antes de tempo)

Unha vez que finalicen a carreira pasen con coidado a zona fora do circuito xa que ainda estarán equipos en competición, tanto iniciando a segunda volta coma iniciando a carreira

INCRIPCIÓNS: http://www.cronotec.es/inscricion.html

[ Go Back ]