Calendario
Info da proba

Outes

17/05/2019 10:30 - 13:00
Regulamento XII CARREIRA DE OUTES
REGULAMENTO
A Concelleria de Deportes do Concello de Outes será o organizador da XII Carreira
Pedestre de Outes.
Celebrarase o venres 17 de maio de 2019, con saida na Praza de Galicia en Serra
de Outes.
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORAS DE SAIDA
CATEGORIAS ANO NACEMENTO DISTANCIA HORA DE SAÍDA
CHUPETES 2016 E POSTERIORES 50 Mts 12:50
PITUFOS 2014- 2015 100 Mts 12:45
PREBENXAMIN 2012- 2013 225 Mts 12:40
BENXAMIN 2010-2011 450 Mts 12:35
ALEVIN 2008-2009 1 Km 10:30
INFANTIL 2006- 2007 1 Km 10:30
CADETE 2004- 2005 3 Km 10:45
XUVENIL 2002- 2003 3 Km 10:45
ABSOLUTA 3Km 2001 E ANTERIORES 3 Km 10:45
JUNIOR 2000- 2001 10 Km 11:20
PROMESA 1997-1998-1999 10 Km 11:20
SENIOR 1996 ATA 1985 10 Km 11:20
VETERANOS A 1984 ATA 1979 10 Km 11:20
VETERAMOS B 1978 ATA 1970 10 Km 11:20
VETERANOS C 1969 ATA 1960 10 Km 11:20
VETERANOS D DE 1959 E ANTERIORES 10 Km 11:20
INSCRICIÓNS
Ata as 24:00 h do martes 14 de maio a través da web de championchip
(www.championchipnorte.com). Para as categorías participantes na carreira de 10 km
e Carreira Absoluta de 3Km a inscrición terá un custo de 4 euros para os non
propietarios de chip (2 euros alquiler + 2 euros de inscrición), e de 2 euros para os
propietarios de chip amarelo; para o resto de categorías a inscrición é gratuíta e
débese marcar o desconto correspondente na inscrición. As persoas da carreira
absoluta (10 Km e 3km) que marquen o desconto que non lles corresponde, serán
eliminados da inscrición.
Ante calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición na web de championchip,
podédesvos dirixir ao teléfono 982816884 ou ao enderezo electrónico
consulta@championchipnorte.com Os nenos das categorías de chupetes, pitufos e
prebenxamín tamén deberán inscribirse a través de championchip (si quedan fóra
do prazo de inscrición poderán participar igual na carreira inscribíndose o mesmo
día no lugar de recollida de dorsais (pavillón de Outes). Nestas categorías todos os
participantes inscritos pola web recibirán premio por chegar a meta).
DATOS OBRIGATORIOS PARA AS INSCRICIÓNS:
NIF con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, Sexo, Localidade,
Provincia, Teléfono de contacto (se o ten), Mail de contacto (se o ten), Nome do
Club (se o ten) e Licencia federativa (se ten). Deberá indicar tamén se está
empadroado no Concello de Outes para puntuar nos premios locais (non vale estar
vivindo en Outes, hai que estar empadroado).
As inscricións sen datos obrigatorios ou fóra do prazo fixado, tanto para a proba de
10 Km como as carreiras curtas de 3Km e 1Km, non serán admitidas.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS, SAÍDA E META
No pavillón polideportivo da Serra, dentro do campo de fútbol, poderanse retirar os
dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira na que o corredor
vaia participar. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips
fóra dese prazo. Na praza de Galicia situarase a saída e a meta de tódalas
carreiras, agás a de chupetes, pituf@s, prebenxamíns e benxamíns (50, 100, 225 e
450 metros) que terá lugar dentro do recinto do campo de fútbol.
PREMIOS
Medallas (medallóns de chocolate) para todos os participantes nas categorias
chupetes, pituf@s prebenxamins.. Estas categorías non recibirán premios por
categoría
Os corredores de Outes deben indicalo á hora de inscribirse para poder optar ós
premios locais (e necesario estar empadroados).
Trofeos para os 3 primeir@s clasificados en tódalas categorías agás chupetes,
pituf@s, e prebenxamins (nestas categorías todos levarán medalla).
Trofeos para os 3 primeir@s da categoría xeral de 10 Km e para a carreira absoluta
de 3Km.
Trofeo para o primeir@ de Outes da categoría xeral de 10 Km e na carreira absoluta
de 3Km.
Trofeo para o primeir@ de Outes nas categorías: benxamin, alevin, infantil, cadete e
xuvenil.
Trofeo para os tres primeiros clu
Non haberá premios económicos. Os
trofeos non serán acumulativos.
CONTROL DA CARREIRA
As conductas que se considerarán antirregulamentarias do/a atleta polas que poden
ser descalificados son as seguintes:
• Non levar o dorsal perfectamente colocado
• Participar cun dorsal que corresponda a outro corredor.
• Non realizar o percorrido da carreira completo
• Non atender as indicacións dos membros da organización
• Entrar fóra da hora prevista pola organización
• Realizar a inscrición alterando os datos de maneira maliciosa.
• Nas carreiras de 1 Km, 3 Km e 10 Km utilizarase un chip como xeito de
cronometraxe electrónica, da empresa Championchip. Este entregaráselle ao
corredor, xunto co dorsal antes do comezo da proba. O chip hai que colocalo na
zapatilla, enganchándoo co cordón. Se o chip vai colocado noutro sitio córrese o
risco de que non funcione correctamente. Ao rematar a carreira hai que quitalo e
entregarllo aos encargados de recoller os chips (na mesa de entrega de dorsais ou
a chegada na linea de meta onde se colocarán unhas caixas para a súa recollida).
• Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira
poida ser considerada como conducta antideportiva merecedora de sanción
disciplinaria.
• O acompañamento aos corredores por xente allea á organización ou por
vehículos non autorizados será motivo de descalificación
CLAUSULAS ADICIONAIS
- O Concello de Outes, a comisión organizadora e os seus colaboradores non se fan
responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que a si mesmos ou a
outras persoas lles ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que
con motivo da competición poidan corresponder ante o seguro deportivo ou outra
mutualidade.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Está prohibido cortar ou dobrar os dorsais.
- E obligatorio devolver o chip
- Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da proba.
- Na carreira de 10km o percorrido estará sinalizado e contará cun avituallamento na
metade do percorrido.
- O control de chegada na carreira de 10 Km pecharase 40 minutos despois de
que entre na meta o primeiro corredor clasificado.
- A entrega de trofeos está prevista para as 13:05 h dentro do pavillón polideportivo
de Outes.
- Os corredores poderán utilizar o pavillón e os vestiarios do campo de fútbol para
asearse e ducharse despois da carreira.
- O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu
cumprimento.
- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes bases e
regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
- Todo o non recollido neste regulamento resolverase segunde estime a
organización.
- Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais público que
presencien a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros, público,
organización e a proba en xeral. - Todo participante na proba permitirá a divulgación
de imaxes desta.