Calendario
Info da proba

Padrón

23/02/2019 16:00 - 19:00
Regulamento 1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O
control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo
(Delegación de Santiago de Compostela).
2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Pitufo F/M: Nadas/os en 2015 e posteriores.
Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2012, 2013 e 2014
Sub 10 F/M: Nadas/os en 2010 e 2011
Sub 12 F/M: Nadas/os en 2008 e 2009
Sub 14 F/M: Nadas/os en 2006 e 2007
Sub 16 F/M: Nadas/os en 2004 e 2005
Sub 18 F/M: Nadas/os en 2002 e 2003
Sub 20 F/M: Nadas/os en 2000 e 2001
Sub 23 F/M: Nadas/os en 1997, 1998 e 1999
Senior F/M: Nadas/os entre 1984e 1996
Máster A masc/fmno: Nadas/os entre 1974 e 1983
Máster B masc/fmno: Nadas/os entre 1964 e 1973
Máster C masc/fmno: Nadas/os en 1963 e anteriores.
3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada no Campo do Souto.
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
16:00 h PITUFOS 100 m. aprox.
16:10 h PREBENXAMÍN 500 m. aprox.
16:20 h SUB 10 500 m. aprox.
16:30 h SUB 12 1000 m. aprox.
16:45 h SUB 14 – SUB 16 3300 m. aprox.
17:30 h SUB 18 5 KM (homologada)
17:30 h SUB 20 - SUB 23 – SENIOR - MASTER 10 KM (homologada)
4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no XVII PADRÓN 10K abrirase o venres 18 de xaneiro
de 2019 ás 22:00 h e pecharase o mércores 20 de febreiro de 2019 ás 23:59 h. Non se
admitirán inscricións fóra do prazo indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es .
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 16): Gratuita
- Adultos (de sub 18 a máster): 6 €
5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en
horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora
antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip cedidos pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a
xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir
colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e o chip suxeito
nas zapatillas (todos/as os/as corredores/as teñen a obriga de devolver o chip ao finalizar a
súa proba). Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal ou non leve ou devolva o chip
será descalificado a criterio do xuiz árbitro da proba.
É obrigatorio devolver o chip ao finalizar a proba.
6.- DESCALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio
do xuiz árbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo
de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
7.- PREMIOS EN METÁLICO
Premios individuais absoluta M/F
1º/ª - 250 €
2º/ª - 175 €
3º/ª - 100 €
4º/ª - 60 €
5º/ª - 40 €
Equipos federados
1º - 300 €
2º - 200 €
3º - 100 €
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes federados será establecida a través dos 10 primeiros corredores en
cruzar a líña de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade.
En caso de empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que remitir
o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da
Delegación correspondente ó santiago@atletismo.gal , no prazo de inscrición da proba absoluta.
Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin filiais do
mesmo.
Todos os membros dos clubs participantes deberán estar inscritos correctamente na web
www.emesports.es .
8.- TROFEOS e MEDALLAS
✓ Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento.
✓ Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 10 k.
✓ Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación xeral da proba de 10 k.
✓ Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados da proba absoluta.
✓ Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
✓ Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
✓ Trofeo Benxamín, ao participante de menos idade que finalice a proba, indistintamente
sexa neno ou nena.
✓ Medallas para os/as participantes nas categorias escolares (de pitufo a sub 16).
9.- PREMIOS ESPECIAIS E AGASALLOS
➢ Premio TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario de
Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral da proba de 10k.
➢ Obsequio de VERMÚ ST PETRONI aos 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de
10k.
➢ Obsequio de VERMÚ ST PETRONI ao 1º/1ª corredor/a local da proba de 10k
➢ Cheque regalo de 25 € a utilizar en SUPERMERCADOS FROIZ de Padrón para o/a 1º/1ª
corredor/a local na proba de 10k
➢ Agasallo para todos os participantes nas categorías escolares ata esgotar existencias.
➢ Camiseta técnica para todos os/as participantes do resto de categorías ata esgotar
existencias.
10.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Categorías escolares (ata sub 16 incluido)
Os/as participantes recibirán unha medalla pola súa participación tras cruzar a liña de
chegada.
Os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría recibirán os seus trofeos ás 17:30 h,
inmediatamente despois da saída da proba de 10k, nun podio habilitado nas proximidades
da liña de chegada.
Adultos (de sub 18 ata máster)
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será na liña de
chegada, ás 19:15 h.
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é
obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os atletas e clubes premiados se
acheguen ó auditorio municipal e cubran un documento cos datos requeridos (presentación
do dni ou documento acreditativo da identidade, entidade bancaria, nº de conta, domicilio e
tlf de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
* No caso de choiva, a entrega de trofeos (escolares e adultos) será no Auditorio municipal
a partir das 18:45h
11.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co
evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa
gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de
comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de
Padrón).
12.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
− Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar (para homes) e
Pavillón do Souto (para mulleres). Ambos pavillóns quedan a escasos metros da liña de
meta. Horario: 15:30 a 19:30.
− Proba absoluta e proba da categoría xuvenil con distancia homologada (10k e 5k
respectivamente).
− Obsequio a todos/as os/as participantes.
− Avituallamento intermedio na proba absoluta(km 5) e en liña de meta para o resto de probas.
− Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
− Sinalización kilométrica.
− Servizo de gardaroupa.
− Fotografía profesional.
− Caixóns saída por marcas (dorsais por cores): Élite – 40’ / Caixón A – 50’ / Caixón B +50’.
− Servizo de 2 ambulancias, 2 médicos e 2 sanitarios.
− Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
− Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).
13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías
escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos
participantes.
Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas puideran
ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización
tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o
descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.
14.- PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS
AUTONÓMICAS E EXTRANXEIROS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS
COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”.
Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.