Calendario
Ver carrera

Vigo

03/02/2019 10:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
“IFEVI”
* PRESENTACIÓN
O Canicross é unha modalidade deportiva do Mushing que é un deporte que
depende da Federación de Deportes de Inverno. Consiste en correr cun can atado á
cintura mediante unha liña de amarre que une o arnés de tiro do can ó cinto de tiro do
corredor.
O entorno é unha carballeira situada o carón do IFEVI.
* REGULAMENTO
A proba rexerase polo Regulamento de Mushing da FGDI, publicada en
WWW.FGDI.ES Será responsabilidade do corredor coñecelo e a inscrición na proba
implica a aceptación do mesmo.
Poden participar corredores federados ou non pola FGDI, habendo clasificación
conxunta.
Os aspectos máis importantes para poder participar son:
Tódolos cans cumprirán obrigatoriamente:
- Ter o día anterior da proba 12 meses como mínimo e 10 anos como máximo.
- Pasar o Control Veterinario.
- Cartilla de Vacinación firmada e selada anualmente por Veterinario colexiado con:
- Tetravalente
- Tos de las Perreras (Bordetella)
- Rabia
- Desparasitación Interna (mínimo cada 6 meses)
- Microchip implantado.
- Póliza de R.C. que cubra a práctica deportiva. Si non a teñen terán que contratala para
ese día polos seus propios medios.
Os cans que no estén en condicións de saúde adecuadas para a súa participación a
criterio do Responsable da proba, non serán admitidos.
O corredor que participe con un can que non sexa da súa propiedade terá que
presentar unha autorización por escrito do propietario xunto coa copia do dni de ambos.
Unha vez iniciada a proba, non poderá cambiarse ningún can.
Os participantes irán equipados obrigatoriamente co seguinte material:
- O can levará arnés de tiro sen ningún elemento abrasivo.
- Corredor e can irán unidos por unha línea de tiro con amortiguador que non será
inferior a 1’5m nin superior os 2’5m en extensión e recoméndase non levar ningún
elemento de ningún material para unirse ó arnés de tiro do can.
- O corredor levará un cinto de 7 cm de ancho como mínimo onde enganchar a línea de
tiro mediante un sistema de apertura rápida.
Se non se dispón do material: É responsabilidade do corredor ter o material para
ese día.
Se non se dispón da Póliza de R.C.: É responsabilidades do corredor ter o R.C. para
ese día.
O día da proba será OBRIGATORIO PRESENTAR:
- CARTILLA DE VACINACIÓN
- XUSTIFICANTE DA COMPAÑÍA ASEGURADORA DA PÓLIZA DE R.C. DO
CAN (si o can está federado pode presentarse a “Declaración de Perros en
Competición”).
A inscrición finaliza o Xoves 31-Xaneiro-19 ás 23:59
* CATEGORÍAS (homes e mulleres)
Senior 2000 a 1978
Veteran 1 1979 a 1968
Veteran 2 1969 a 1919
Para constituir categoría é necesario un mínimo de 5 participantes. De no
constituirse categoría se agruparán según Reglamento FGDI.
* HORARIO
08:30 Entrega Dorsais e Control Veterinario (cierre a las 09:30)
09:30 Reunión Informativa (obrigatoria para todo participante)
10:00 I CANICROSS POPULAR IFEVI
13:00 Entrega de Trofeos
* PERCORRIDO
A proba seguirá un percorrido de aproximadamente 3300m sinalizados. Según el núm. De
participantes se hará Salida Individual o en grupos reducidos.
* TROFEOS
Haberá Trofeo para os 3 primeiros/as de cada categoría constituída, entendéndose por
categoría constiuída aquela na que hai mínimo de 3 participantes, excepto en Junior e
Infantil que no ten mínimo.
* INSCRICIÓN E CONTROL VETERINARIO
As Inscricións realizaranse en WWW.CHAMPIONCHIPNORTE.COM ata o xoves 31 de
Xaneiro de 2019 ás 23:59
O prezo da inscrición será de 10 €
Farase entrega dun agasallo conmemorativo a todo aquel que remate a proba.
* NORMAS DA CARREIRA
O corredor irá sempre detrás do can permitíndose como máximo ir á altura das
patas traseiras.
AVISO: Non implica penalización de tempo:
- Non correr por detrás do can a 1ª vez.
- Non levar o dorsal visible, tomala salida sen dorsal o perdelo en carreira. A
amonestación é independente das consecuencias organizativas de non ver o dorsal,
non estando obrigada a organización a tomar o crono dun deportista sen dorsal se
non ten forma de identificalo.
- Non facilitar ou dificultar un adiantamento.
- Pouco control do deportista sobre o seu can na saída.
- Non asistir á reunión informativa previa á carreira.
- Levar o can solto no lugar de concentración antes, durante ou despois da carreira.
- Non levar a línea de tiro recollida na saída os metros que indique o organizador.
- Axudar a un equipo marcándolle o paso correndo diante.
- Outros supostos que considere o Responsable da proba e se anunciarán na reunión.
- Darase 1 AVISO por unha infracción da normativa de carreiras sempre que:
- Esto non lle de ninguna vantaxe ou non cause perxuizo os outros participantes.
- Non se considere un perxuizo para o deporte, a proba ou outro competidor.
- Non teña consecuencias para ningún participante e sexa a primeira vez.
PENALIZACIÓN: Penalizarase engadindo 15” segundos ó tempo do corredor:
- Non correr por detrás do can a 2ª vez ou a 1ª se é en directo perxuizo doutro
participante.
- Empuxar o can desde atrás ou tirar del a 1ª vez.
- Recibir 2 avisos por infraccións que non sexan directamente sancionables con
penalización ou descalificación.
- Outros supostos que considere o Responsable da proba e se anunciarán na reunión.
DESCUALIFICACIÓN:
- Non correr por detrás do can, a 3ª vez.
- Empuxar o can desde atrás ou tirar de el a 2ª vez.
- Maltratar un can ou agredir a outro deportista ou membro da organización.
- Manifesta agresividade do can ou falta grave de control sobre o can que poña en
perigo a outros equipos, público ou organizadores.
- Non finalizar o percorrido, facelo sen pasar por todos os puntos de control ou
acortando camiño saíndo fóra do circuito señalizado.
- Recibir axuda externa fóra dos espacios autorizados.
- Ensuciar ou degradar o itinerario.
- Danar intencionadamente equipos ou material da organización.
- Non prestar auxilio a outro equipo en caso de accidente de este.
- Deixar ir, soltar ou perder o can durante a carreira, aínda que se recupere despois.
- Non pasar ou non superar o Control Veterinario ou de material.
- Non cumprir os requisitos de inscrición que se establezan (Licencias, Seguro de
Responsabilidad Civil do can, vacunas específicas, cota de inscrición…).
- Negarse o deportista a dar mostras para pasar un test de dopaxe ou presentar
mostras doutras persoas ou doutros cans diferentes dos escollidos para o test.
- Cando un veterinario diagnostica unha enfermidade contaxiosa a un can.
- Aceptar ser transportado nun vehículo, agás no caso de ter perdido o can.
- Recibir 3 avisos por infracciones que non sexan directamente sancionables coa
descualificación.
- Se o deportista, intencionadamente ou por neglixencia, infrinxe a normativa das
carreiras e esto dalle vantaxe ou causa inconvintes aos seus contrincantes.
- Calqueira outro suposto contemplado na normativa de carreiras da FGDI.

[ Go Back ]