Calendario
Info da proba

Cee

22/06/2019 21:00 - 23:30
Regulamento A 6ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2019 que terá lugar o sábado 22 de xuño,
enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da
Morte”, onde a ideoloxía non é outra que o fomento da práctica de actividade físicodeportiva como unha ferramenta máis para acadar unha vida máis saudable.
Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
forma parte do “VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial
da Coruña 2019”.
Nesta carreira poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos e
nenas como adultos (dende 3 anos)
CATEGORÍAS, DISTANCIAS E HORARIOS PREVISTOS DAS CARREIRAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIA HORARIO SAÍDA
Pitufo Mixto
2012-2016 (ambos
incluídos)
400 metros 21:00 horas
Benxamín Masculino
Femenino
2011-2010 1.000 metros 21:10 horas
Alevín Masculino
Femenino
2009-2008 1.000 metros 21:25 horas
Infantil Masculino
Femenino
2007-2006
Cadete 3.400 metros 21:42 horas Masculino
Femenino
2005-2004
Xuvenil Masculino
Femenino
2003-2002
Sénior 3K Contra o Cancro
Masculino
Femenino
2001 (incluído) e
anteriores
3.400 metros 21:40 horas
Sénior 10K Masculino
Femenino
1980-2001
Veteranos M40 10.200 metros 22:10 horas Masculino
Femenino
1970-1979
Veteranos M50 Masculino
Femenino
1969 (incluído) e
anteriores
• Os horarios das carreiras das distintas categorías serán establecidos polo concello
organizador e poderán ser consultados na web e na app do circuíto
www.correndopolacostadamorte.com, na web www.championchipnorte.com, así coma
na web municipal cee.gal
NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A 6ª Carreira Pedestre Concello de Cee 2019 rexerase pola regulamentación de
Seguridade Viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece
os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real
Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a
ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do
seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
2. A proba estará subscrita aos seguros de responsabilidade civil do Concello de Cee e
da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que
terá as coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/1993.
3. A proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha ambulancia e un
médico se a proba non supera os 750 participantes.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, aprazar ou
suspender a carreira se así o estime oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
proba será suspendida automáticamente.
6. Os atletas que durante o transcurso da proba circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, consideraranse
a todos os efectos usuarios normais da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
estará amparada polos seguros da proba nin poderá participar de trofeos e
obsequios.
8. As diferentes probas estarán controladas polo Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
9. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é
libre e leva implícito a aceptación do regulamento xeral da proba. Todo o non
previsto neste regulamento resolverase de acordo, por esta orde, as normas da
Federación Galega de Atletismo, RFEA e IAAF en vigor.
10. A organización da proba porá a disposición dos participantes (previa identificación e
acreditación):
• O Pavillón Municipal de Cee para que os participantes se podan cambiar e
duchar (sito na rúa da Escola s/n - Cee).
• Servizo de garda roupa para os participantes da proba que estará ubicado
no kiosko de Coca Cola (cor vermella) a carón da porta de entrada á Casa do
Concello de Cee
11. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os autorizados pola
organización.
12. Os/as corredores de circuíto que non confirmen a asistencia dentro dos prazos
establecidos, implicará que ese corredor ou corredora non terá dereito á camiseta
conmemorativa da proba, aínda que si poderá correr.
13. No proceso de inscripción ás carreiras do circuíto no se pide talla da camiseta, polo
tanto non se garantirá a mesma.
14. Descualificacións:
• O servizo médico da proba está facultado para retirar durante a carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
• Todo atleta que non realice o percorrido completo que lle corresponda.
• Todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere
en protestas ante a organización.
15. A carreira 10K estará sinalada cada quilómetro.
16. Na carreira de 10K habilitarase, no punto 6.800 m., un avituallamento líquido. As
demáis carreiras terán un único avituallamento: o especial de meta.
17. Xunto co dorsal e o chip farase entrega da camiseta conmemorativa aos
participantes adultos.
DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar o presente regulamento e calquera
posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada
dunha autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización (ver
anexo I).
Dito modelo poderase descargar das páxinas web seguintes:
www.correndopolacostadamorte.com, cee.gal ou www.championchipnorte.com
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquiridos os compromisos que
a continuación se expoñen:
• O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E DORSAIS
Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (que deberá ir
suxeito aos cordóns das zapatillas).
Será obrigatorio o uso de chip para todas as categorías agás pitufo (os chips serán
facilitados pola organización).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitados pola organización).
O atleta que non porte chip non poderá entrar na clasificación da proba nin lle
computará na clasificación do circuíto.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
Tanto os dorsais coma os chips (no caso de non posuílos) poderanse recoller nas mesas
de inscrición habilitadas para tal fin no “1º andar da Casa do Concello de Cee” a
partir das 19:30 horas e ata 30 minutos antes do inicio de cada carreira.
Os corredores de circuito 10K ou 3K Contra o Cancro que participan na liga deberán
usar obrigatoriamente o “chip amarelo”. Asemade empregarán un único dorsal para
todas as probas do circuíto.
• Tanto o dorsal coma o chip (no caso de no posuílo) recollerase na primeira proba do
circuíto na que participe. A retirada de dorsal e chip deberase realizar como
mínimo con 30 minutos de antelación ao inicio de cada carreira e dende as
19:30 horas.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS/MEDALLAS
CLASIFICACIÓNS DAS PROBAS DE BASE
En categoría pitufo recibirán medalla conmemorativa todos os participantes na proba
segundo vaian chegando á meta. NON SUBIRÁN AO PODIO.
En categoría benxamín e alevín recibirán medalla conmemorativa todos os
participantes na proba segundo vaian chegando á meta. SÓ SUBIRÁN AO PODIO OS
TRES PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA CATEGORÍA.
En categoría infantil, cadete e xuvenil recibirán trofeo e SUBIRÁN AO PODIO OS TRES
PRIMEIROS/AS CLASIFICADOS/AS EN CADA UNHA DAS CATEGORÍAS.
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 3K CONTRA O CANCRO
Optan a esta clasificación todos os/as atletas inscritos na proba 3K Contra o Cancro.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as na categoría
xeral (os tres primeiros/as que entren na meta).
CLASIFICACIÓNS DA PROBA 10K
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán trofeo e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados en cada unha das
categorías (sénior, M40 e M50), independientemente da súa condición de corredores
de carreira ou de corredores de circuíto.
Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a absolutos.
Recibirán trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de Cee.