Calendario
Info da proba

Beluso-Cross Cabo Udra

16/06/2019 10:00 - 13:00
Regulamento  PRESENTACIÓN: O ADFS. Bueu, coa colaboración do CEIP. Plurilingüe Montemogos e o Concello
de Bueu, organizan o IV CROSS POPULAR – CABO UDRA, que terá lugar o domingo, día 16 de
xuño de 2019, no entorno natural de Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).
 CATEGORÍAS:
- Pitufos 3 anos (2015)
- Pitufos 4 anos (2014)
- Pitufos 5 anos (2013)
- Minibenxamín (2011-12)
- Benxamín (2009-10)
- Alevín (2007-08)
- Infantil (2005-06)
- POPULAR (a partir de 2004)
- ABSOLUTA: Xuvenil – Junior – Promesa – Senior - Veterán (a partir de 2002)
- ANDAINA: Aberta (NON competitiva)
QUEDA TOTALMENTE PROHIBIDA A PARTICIPACIÓN DE NENOS/AS NAS CARREIRAS ABSOLUTA + POPULAR
 HORARIO / DISTANCIAS CARREIRAS
- 09.45 h: ANDAINA - 10 km
- 10.00 h: ALEVÍN - 900 m
- 10.10 h: BENXAMÍN - 450 m
- 10.20 h: MINIBENXAMÍNS - 250 m
- 10.30 h: PITUFOS 5 anos - 200 m
- 10.40 h: PITUFOS 4 anos - 150 m
- 10.50 h: PITUFOS 3 anos - 100 m
- 11.00 h: INFANTIL - 1.350 m
- 11.15 h: POPULAR – 4.200 m
- 12.00 h: ABSOLUTA - 10.000 m
11.30 h: ENTREGA TROFEOS: pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín e infantil
13.15 h: ENTREGA TROFEOS: popular, xuvenil-junior, promesa-senior e veterán
 INSCRIPCIÓNS:
- PÁXINA WEB: www.championchipnorte.com
- DATA LÍMITE: mércores 12 de xuño (23.30 h)
- CUSTE: inclúe o cronometraxe, dorsal, duchas, agasallo e bolsa avituallamento
CARREIRAS MENORES - gratuíta
ANDAINA - 5 €
ABSOLUTA + POPULAR - 8 €
- IMPORTANTE: non se admitirán inscricións fora de prazo e soamente se garantirá o agasallo
os/as atletas que se inscriban antes do luns 10 de xuño (23.30 h).
 SEGURIDADE: a Organización contará cos seguintes medios para as probas:
- Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
- Ambulancia
- Servizo de Recuperación (masaxistas)
- Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia
 ENTREGA DE PREMIOS
- Otorgaranse medallas a tod@s os participantes na categoría de pitufos (3-4-5 anos)
- Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificad@s das seguintes categorías (mínimo 10
participantes por categoría): pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín, infantil, popular,
xuvenil-junior (2002-2000), promesa-senior (99-77) e veteráns (76-anteriores).
- AGASALLOS: entregarase un detalle a cada participante que deberán recoller
obrigatoriamente antes do inicio da súa carreira.
NORMATIVA DA CARREIRA
1. Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a
para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que
poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización
da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade
poderán participar sempre e cando vaian acompañados dun adulto.
2. Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS
IMPOSTAS pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera
xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro
contratado.
3. Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e
participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.
4. Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo
menos 45’ antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes
(pendente concretar sitio).
5. Disporase de SERVIZO DE DUCHAS e GARDAROUPA
6. Quedará DESCALIFICADO/A desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben
visible ou desatenda as indicacións da organización.
7. As RECLAMACIÓNS sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
8. A CLASIFICACIÓN XERAL oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
9. A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
10. A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
11. Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación
Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 4º Cross Popular – Cabo Udra implica a
TOTAL ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento.
12. Os participantes AUTORIZAN o uso das imaxes realizadas durante o desenrolo das súas
carreiras.
INFORMACIÓN:
Web: crosscaboudra.com
FACEBOOK: Cross Cabo Udra
E-MAIL: info@crosscaboudra.com