Calendario
Info da proba

Á Pobra do Caramiñal

19/01/2019 19:30 - 20:30
Regulamento I TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA 2019
CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA 2019
O sábado 19 de xaneiro de 2019 lugar no Concello da Pobra do Caramiñal o I
TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA 2019.
Tamén celebrarase o CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA 2019.
As probas do trofeo consistirán en carreiras (non marcha) de distancias de 1, 2 e 3
km respectivamente e poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo
como populares non federados/as.
As probas do Campionato de Galicia disputaranse na modalidade de marcha en
ruta e están reservadas exclusivamente para atletas con licencia federativa en
vigor (ligazón circular aquí:
https://atletismo.gal/wp-content/uploads/2018/12/Circular-100-2018-R-1.pdf ).
Os circuitos están homologados pola Real Federación Española de Atletismo.
Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da
Federación Gallega de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:
1- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN PARA O TROFEO BARBANZA
(Carreiras):
As categorías de competición serán as seguintes:
PREBENXAMÍN Ano 2012 e posteriores
SUB 10 H/M anos 2010 e 2011
SUB 12 H/M anos 2008 e 2009
SUB 14 H/M anos 2006 e 2007
SUB 16 H/M anos 2004 e 2005
SUB 18 H/M anos 2002 e 2003
SUB 20 - 23 H/M De 1996 a 2001
SENIOR H/M de 1995 ata máster
MASTER 1 H/M de 35 a 40 anos
MASTER 2 H/M de 41 a 49 anos
MASTER 3 H/M de 50 anos e superiores
2- HORARIO DAS PROBAS:
As probas seguirán o seguinte horario:
HORA CATEGORÍA ANOS DISTANCIA
XXX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA (MARCHA)
16:45 h Sub 16 H/M 2004-2005 5 km
17:25 h Sub 10 H/M 2010-2011 1 km
17:40 h Sub 12 H/M 2008-2009 2 km
18:00 h Sub 14 H/M 2006-2007 3 km
18:25 h Sub 18-Sub 20 H/M 2003-2004-2005-2006 10 km
18:25 h Sub 23-Senior-Máster H/M 2002 e anteriores 10 km
I TROFEO BARBANZA DE ATLETISMO EN RUTA 2019 (Carreiras)
19.40 h Prebenxamín 2012 e posteriores 250 m
19:50 h Sub 10-12 H/M 2008-2009-2010-2011 1 km
20:00 h Sub 14-SUB 16 H/M 2004-2005-2006-2007 2 km
20:10 h Sub 18 e superiores H/M 2003 e anteriores 3 km
20.30 h ENTREGA DE PREMIOS
3- INFORMACION E INSCRICIONS:
As inscricións do I Trofeo Barbanza de Atletismo en ruta realizaranse online a
través da páxina web www.carreirasgalegas.com:
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
De prebenxamín a sub 16 GRATUITO
De Sub 18-20 a máster 3 €
As inscricións do XXX Campionato de Galicia de Marcha en ruta
realizaranse a través da páxina web https://isis.rfea.es/sirfea2/ e será
exclusiva para os clubes federados e os seus atletas.
Para máis información poderán acudir ao Dpto. de Deportes do Concello da
Pobra do Caramiñal, na Casa da Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” no
horario de 9:30h. a 14:30h.
Para información telefónica, poderán empregar o telf./fax: 981832590 /
981831545 ou o teléfono móvil 619229946.
Tamén poden consultar información relativa as probas na web
www.atletismo.gal .
O prazo de inscrición do Trofeo Barbanza de Atletismo en Ruta
permanecerá aberto ata o xoves 17 de xaneiro ás 23:59 horas.
Para o campeonato de Galicia aplicarase o indicado na circular do
Campionato.
4- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderán recollerse na zona de secretaria próxima a
Praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal ata MEDIA HORA
ANTES DO INICIO DE CADA CARREIRA.
5- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS.
A saída e meta das probas estará na zona próxima a Praza Alcalde Segundo
Durán na Pobra do Caramiñal.
6- PREMIOS E AGASALLOS
A entrega de trofeos realizarase na Praza Alcalde Segundo Durán a partir
das 20:30h.
Outorgaranse os seguintes trofeos:
I Trofeo Brabanza de Atletismo en ruta:
▪ Medallas e trofeos aos/as tres primeiros/as clasificados/as de cada
categoría establecida no presente reglamento agás na categoría
prebenxamín que non haberá premiación.
▪ Medallas a todos os participantes na proba prebenxamín (nesta proba
non se fará clasificación).
XXX Campionato de Galicia de Marcha en Ruta:
▪ Medallas segundo circular (https://atletismo.gal/wpcontent/uploads/2018/12/Circular-100-2018-R-1.pdf ).
7- SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS
Haberá servizo de duchas e vestiarios no Edificio de Usos Náuticos.
8- SERVIZOS MEDICOS
A organización disporá dos servicios médicos obrigatorios, seguro de
accidentes deportivos e responsabilidade civil.
9- RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da
competición, ubicado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois da
publicacións dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola
organización.
10- DESCUALIFICACIÓNS
Os xuíces da proba e membros da organización reservaranse a facultade de
descalificar ao infractor/a que, comprobada calquera irregularidade: non leve
visible o seu dorsal, manipule ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización ou ao xuízz árbitro con respecto aos que figuran no seu DNI ou ficha
federativa, non completar o percorrido completo, manifeste un mal estado físico,
non facilite á organización a documentación que se lle requira, ou incumpra
calquer outra norma contemplada nas normas de competición vixentes da FGA e
RFEA para probas en ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respeten as indicacións da
Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, Xurado, Servicios Médicos ou membros
da Organización debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados perderán o dereito a recibir calquera premio ou
trofeo.
11- RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou
causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o
participante declara polo feito de inscribirse, baixo a súa responsabilidade, terse
realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións
óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e accidentes
deportivos que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
12- LOPD
Todos/a osas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIO.N FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.