Calendario
Info da proba

Rábade

26/01/2019 16:30
Regulamento XVI Memorial Eduardo Fernández Villamarín

Data: 26 de xaneiro de 2019
Hora: 16:30 categorías infantiles e 17:00 categoría absoluta
Lugar: Rábade. Saída da Praza de España
Distancia: 7 km
Organiza: Concello de Rábade
Inscrición: en WEB DE INSCRICIÓN.




REGULAMENTO DA PROBA

Art. 1.- A saída será na Praza de España ás 16:30 h para os rapaces e ás 17:00 h para a
categoría absoluta, a recollida de dorsais será na mesma praza de 15:30h a 16:50h

Art. 2.- O percorrido será de 7 quilómetros e discorrerá dando dúas voltas a través das seguintes
rúas: Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, , Jesús Arias,
Santa María, Gabriela Nieto, Dr Fleming, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do
Ferrocarril, Avenida de Galicia, Fernando Arias e Praza de España.

Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.

Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á
meta sen o seu dorsal será descalificado.

Art. 6.- As inscricións para todas as categorías serán ata o xoves 24 de xaneiro na páxina
web: www.championchipnorte.com.

Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado
pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que teñen que utilizar o seu.

Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA MINI: Nad@s en anos posteriores o 2014 (non competitiva) 80 metros
CATEGORÍA A: Nad@s entre 2011-2014 (Primeira carreira). 600 metros
CATEGORÍA B: Nado@s entre 2007-2010 (Segunda carreira).1.200 metros
CATEGORÍA C: Nad@s 2003-2006 (Terceira carreira).1.800 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1984/ 2002 D) Nadas entre 1984/ 2002
E) Nados entre 1974/ 1983 E) Nadas entre 1974/ 1983
F) Nados no 1973 e anteriores F) Nadas no 1973 e anteriores

Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................350 € 1 .......................................350 €
2....................................250 € 2 .......................................250 €
3....................................150 € 3 .......................................150 €
Trofeos para @s tres primeir@s de cada categoría.
Trofeo “Eduardo Fernández Villamarín” ao equipo con más participantes finalizados de todas
as categorías masculinas e femininas agás a MINI.
CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 50 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes

Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións

Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.

Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.

Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así
mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir
eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder
ante a compañía aseguradora correspondente.

Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan o presente regulamento. No
caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.