Calendario
Info da proba

Monterroso

10/03/2019 11:00 - 13:00
Regulamento II 10K-CONCELLO DE MONTERROSO
REGULAMENTO
1º NOME DA ACTIVIDADE: II CARREIRA POPULAR ”CONCELLO DE MONTERROSO”
2º RECULAMENTO DA PROBA:
Artigo 1: Organización:
O Concello de Monterroso organiza a II Carreira Popular MONTERROSO 10K . A proba organizarase o
vindeiro domingo 10 de marzo de 2019, con saída e meta na Praza Fernando Salgado (no exterior da cúpula) e
discorrerá por distintas rúas da vila. Tamén terá lugar unha ANDAINA de 6km
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa
baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematala proba.
Artigo 3: Categorías, distancias e horarios:
O circuíto será sobre asfalto, sendo unha pequena proporción por vías non asfaltada,s e estará pechado a todos os
vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización. O
percorrido estará sinalizado en cada punto quilométrico.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 12.15 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 12.20 h 400m
SUB 12 (2008-2009) 12.30 h 1000m
SUB 14 (2006-2007) 12.30 h 1000m
SUB 16 (2004-2005) 12.30 h 1000m
SUB 18-20 (2000-2003) 11:00 h 10000m
SUB 23-SENIOR 1999 ata VETERAN A 11:00 h 10000m
VETERÁN A 35 A 44 11:00 h 10000m
VETERÁN B 45 A 54 11:00 h 10000m
VETERÁN C 55 E MÁIS 11:00 h 10000m
ANDAINA Todas as idades 11:25 h 6000m
Artigo 4: Peche de control:
 O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de Participación:
 As inscripcións faranse a través de www.championchipnorte.com
 A inscripción pecharase o Xoves 7 de marzo ás 23:59 horas.
 Non se admitirán inscripcións fora de prazo.
 A inscripción na proba é persoal e intransferible
 O control da proba contará con sistema de cronometraxe championchip-mylaps.
 A inscripción implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
 No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en
man da organización.
 A proba estará controlada por Championchipnorte
 Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
 Falsificar datos persoais.
 Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición:
As inscricións faranse a través de www.championchipnorte.com
Os dereitos de inscripción na carreira de menores serán GRATUITOS. Na carreira absoluta terá un custo de 5€
(4€ se o participante posúe chip) por participante ata o día 3 de marzo; dende o 4 ata o 7 de marzo será de 7€
(6€ se o participante posúe chip) . Na andaina hai dúas opcións: a primeira sería inscribirse GRATUITAMENTE,
e a segunda é pagar 4€ co que tamén se recebiría a bolsa do corredor (gymsack, camiseta técnica e crema para
rozaduras)
A inscrición pecharase o Xoves 7 de marzo ás 23:59 horas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de
empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club e tallaxe. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou
federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis poderanse retirar:
- O sábado día 9 no Espazo Lorenzo Varela en horario de 15:00 a 19:00
- O día da proba na cúpula en horario de 8:00 a 10:00
Artigo 8: Premios:
 Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta
 Trofeo aos primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como femininos, e medalla
conmemorativa ao segundo e terceiro.
 Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta categoría
nin se farán clasificacións.
 Nas categorías PROMOCIÓN, SUB 12, SUB 14 e SUB 16 darase medalla a todos os participantes, así como
trofeo aos tres primeiros clasificados
 Os premios son acumulativos.
 Establecerase unha clasificación por equipos, no que o capitán do equipo enviará invitación aos atletas que
quere que formen parte do equipo, e estes poden aceptar ou rexeitar a invitación.Os equipos estarán
formados por 4 integrantes e para a clasificación sumaranse os tempos dos catro integrantes.
Estableceranse tres tipos de equipos: MASCULINO (4 homes), FEMENINO (4 mulleres) e MIXTO (2 mulleres
e 2 homes). Premiarase o primeiro equipo MASCULINO, FEMENINO e MIXTO
 A entrega de premios será na zona de meta, na cúpula, en torno ás 13.00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Bolsa do corredor (gymsack, camiseta técnica e crema para rozaduras)
2. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
3. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
4. Roupeiro, os participantes poderán deixar na cúpula a roupa nunha bolsa cunha identificación, que será
custodiada por voluntarios da organización
5. Recollida de dorsais e imperdíbeis e chips
6. Vestiarios e duchas na cúpula.
7. Avituallamento na zona de saída e chegada da proba (cúpula)
8. Avituallamento líquido en torno ao km 5
9. Chocolatada ao finalizalas diferentes probas
10. Co dorsal entrarase en sorteos de material deportivo que se farán durante o tempo que duren as probas
11. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba
e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de
seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que
cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou
desde o mesmo.
.
Organiza: Concello de Monterroso
Colaboran: Jimsports, Asociación Miño-Ulla / GDR05 e Championchipnorte