Calendario
Info da proba

Órdenes San Silvestre

30/12/2018 12:00 - 13:00
Regulamento II SAN SILVESTRE ORDES
CORRE E ANDA!
O Concello de Ordes e Club de Atletismo A Silva-Ordes celebra a II edición da San
Silvestre non competitiva, o domingo 30 de decembro de 2018 na localidade de Ordes
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e
de acordo co seguinte:
REGULAMENTO
Poderá participar calquera persoa federada ou non federada, independentemente da
súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación ou
resultado algún. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
HORARIO
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio
de cada proba, que será ás 12:00 h., sita na rúa Entreparques (detrás da Casa
Consistorial).
PERCORRIDO:
Saída e meta na rúa Entreparques, cunha distancia de 3,7 km aporximadamente.
INSCRICIONS:
Poderán facelo visitando a páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle
indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición, que será gratuita.
O prazo de inscrición rematará o xoves 27 de decembro de 2018 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais
recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN a carón da SAIDA ata MEDIA
HORA antes do inicio da proba.
SAÍDA
CHEGADA
PARTICIPACIÓN:
Os inscritos doarán alimentos ou outros produtos non perecedoiros a Cáritas Ordes,
asemade de xogos e/ou xoguetes (novos, non sexistas e non belicosos) a Cruz
Vermella, ambos situados nos postos correspondentes a tal fin ao carón da saída.
Anímase a tódolos participantes a acudir disfrazados ou con motivos de nadal.
Ao final do evento, haberá chocolate quente e roscón para os participantes.

Máis información nas páxinas web:
➢ www.ordes.gal
➢ www.carreirasgalegas.com
➢ www.atletismo.gal
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos
participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta.
Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica
ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na
carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os
seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal
como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008
A Coruña.