Calendario
Info da proba

Negreira

29/12/2018 16:30 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO:
1- O Concello de Negreira organiza a I CARREIRA DO TURRÓN , que se celebrará o sabado 29 de decembro de 2018.
2- Esta Carreira Pedestre Popular está aberta a tódolos atletas, independentemente da súa condición física, trátase dunha proba non federada nin competitiva e solidaria.
3- É obrigatorio anotarte na Delegación de Cultura e Deportes ou no Telf. 981.885 886 ata o venres 28 de decembro ás 14:00 h.
4- Os circuitos estarán debidamente sinalizados debendo os participantes respectar os itinerarios e o ritmo marcado pola organización.
5- As distancias e categorías serán as seguintes:
CHUPETES (2014 e posteiros) - 100 m.
PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN (2013-2007) - 800 m.
INFANTIL A ABSOLUTA: (2006 e ANTERIORES) - 4.000 m.
6- HORARIOS: A Saída estará situada no patio do CEIP O COTO. A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por mor da climatoloxía ou da seguridade dos corredores.
CHUPETES: 16:30 h.
PREBENXAMINS ata ALEVÍNS: 16:45 h.
ABSOLUTA: 17:00 h.
7- A Carreira é gratuita, pero é obrigatorio estar anotado para participar, si queres colaborar coas familias necesitadas de Negreira, podes aportar 1 KILO DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS, os membros da Organización.
8.- O remate teremos CHOCOLATE E ROSCA, tamén hai duchas no lugar da chegada.
9.- Os participantes deberán respetar o entorno por onde transcurre a marcha quedando terminantemente prohibido tirar lixo en todo o recorrido.
10.- A organización non se fai responsable dos accidentes nos que sea causa a neglixencia dos participantes así como os danos que estes poideran ocasionar durante a realización da marcha no caso de que non se cumpla o estipulado neste Regulamento.
11.- A inscrición nesta marcha conleva a aceptación do presente regulamento en tódolos seus termos e as instrucións dos Organizadores para o bo desenvolvemento da Carreira.