Calendario
Info da proba

Lalín

17/02/2019 10:50 - 13:50
Regulamento (Provisional sujeto a posibles cambios)

O Concello de Lalín, organiza o domingo 17 de Febreiro de 2019, a partires das 11 horas, a IX Carreira Pedestre do COCIDO, ca colaboración do Clube-Escola de Atletismo Deza.

A mesa terá saída e chegada na rúa Luís González Taboada (xusto detrás da Iglesia), igual que nas derradeiras edicións. As probas contarán co control técnico o cronometraxe de Championchipnorte, e estarán suxeitas ao seguinte regulamento:

1. Poderá participar toda persoa que o desexe, a partires dos 3 anos de idade.
2. CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN :
Feminina e Masculina
- *CHUPETE: nados no 2014 e posteriores.
- *PRE-BENXAMÍN: nados no -2012-2013.
- BENXAMÍN: nados no 2010-2011.
- ALEVÍN: nados no 2008-2009
- INFANTIL: nados no 2006-2007
- CADETE: nados no 2004-2005
- XUVENIL: nados no 2002-2003
- XUNIOR: nados no 2000-2001
- PROMESA: nado no 1997-98-99
- SENIOR: nados no 1996 ata o día que se fan 35 anos.
- MASTER A, B, C e D: a partir de 35 e agrupados de 10 en 10 anos ata +65.

* As categorías chupete e pre-benxamín non son categorías federativas
* Todos os atletas teñen vestiarios e duchas a súa disposición no Lalín Arena.

3. HORARIOS e DISTANCIAS:
09:30 Apertura mesa dorsais
10:50: 100 Metros pola inclusión
11:00 ABSOLUTA CIRCUITO 10 K e CIRCUITO 5 K (XUVENIL/JUNIOR-PROMESA-SENIOR- VETERANS). Unha volta circuito A para os 10.000 e media volta para os 5.000 metros.
11:50 ENTREGA DE TROFEOS DA CARREIRA DE 10 KM e 5 KM
12:15 (no remate da entrega de trofeos de adultos) INFANTIL, CADETE (1.800 metros).
Duas voltas o recorrido
12:30 h ALEVÍN (800 metros).
12:40 h BENXAMÍN (800 metros).
12:50 h PRE-BENXAMÍN (200 metros).
13:00 h CHUPETE (100 metros).
13:15 h ENTREGA DE TROFEOS ATA A CATEGORIA CADETE INCLUIDA.
4. INSCRIPCIONS CARREIRA:
A inscrición da carreira e de 6€ a partir da categoría xuvenil (incluída) o resto dos rapaces/as e totalmente gratuíto.
Neste prezo vai incluído o aluguer do chip, que se devolvera o remate da carreira nos puntos indicados.
- A inscrición realizarase a través da plataforma de internet de: www.championchipnorte.com

5. PREMIOS e OBSEQUIOS
Os trofeos NON serán acumulativos.
CIRCUITO 5k:
- Trofeo aos 3 primeiros absolutos (femeninos e masculinos)
CIRCUITO 10k:
- Trofeo aos 3 primeiros absolutos (femeninos e masculinos)
- Trofeo aos 3 primeiros de cada categoría e sexo.
- Trofeo ao mellor atleta local (Non acumulativo).
- Trofeo ao atleta de maior idade, tanto feminino como masculino.
- Todos/as os nenos e nenas recibirán medalla conmemorativa
- Bebidas e froita e demais agasallos, ao termino de cada proba.
- Obsequio especial “Embutidos Lalinense”, aos primeiros atletas masculino e feminino da carreira Absoluta e mellores clasificados locaos, tamén da absoluta e o corredor mais veterano (masculino e feminino).
6. SAÍDA - META: Rúa Luís González Taboada
7. DORSAIS: A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, colocando o dorsal no seu peito de forma visible para a súa identificación durante a proba e a chegada. O feito de non levalo dará lugar á descalificación do corredor.
A RECOLLIDA do dorsal poderase facer na recepción do Lalín Arena o sábado pola maña e tarde, e o propio domingo desde as 9:30 na carpa establecida na zona da Igrexa
8. CHIP: os atletas, dende benxamín , estarán ademais, identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída. Chegar a meta sen chip, será obxeto de descalificación. Todos os participantes teñen a OBRIGA de devolvelo ao finalizar a proba nos puntos sinalados o pasar a meta.
9. CONTROIS: O longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade.
10. Avituallamento: entregarase auga no km 5 do circuito de 10 K, e na línea de meta.
11. Dado o carácter estritamente popular, festivo e deportivo desta proba, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
12. O descoñecemento deste regulamento, non exime do seu cumprimento.
RECORDAMOS A TODOS OS ATLETAS QUE TEMOS VESTUARIOS E DUCHAS NO LALIN ARENA A VOSA DISPOSICIÓN.