Calendario
Info da proba

Cuntis

05/01/2019 10:30 - 12:30
Regulamento Unha vez mais voltamos a organizar unha proba de orientación na Vila de Cuntis.
Intentaremos atender diferentes nivéis según dificultades, tanto físicas como técnicas da disciplina, polo que se faran as seguintes modalidades:
-Iniciación
-Avanzado
-Experto
O lugar de concentración será nas inmediacións da Omix, sitada no Espadenal.
ESTE ANO FAREMOS UNHA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA O BANCO DE ALIMENTOS DA VILA.
Podedes colaborar aportando un 1kg de alimento non perecedeiros, que deixaredes a organización no momento de inscribirvos na actividade.
PARA TÓDOLOS PÚBLICOS - nen@s menores de 8 anos deberán ir acompañados por un adulto.
Inscricións o mesmo día da actividade ata 15min antes de dar a saída (de 9:45 a 10:15 horas) nas instalacions da OMIX.
PARTICIPACIÓN NA ACTIVIDADE DE BALDE.
Os mapas serán en cartografía raster do IGN, con actualizacións recentes de camiños e detalles varios, cunha escala axustada según modalidade.
Os percorridos discurrirán principalmente por camiños de terra e pistas asfaltadas de estradas secundarias.
Toda a info no Facebook: https://www.facebook.com/events/388481428589930/?ti=as
Contacto: cdmxesteiras@gmail.com