Calendario
Ver carrera

VII Trail de Vilatuxe

09/06/2019 9:00

[ Go Back ]

Descripción VII Trail de Vilatuxe
En este evento celebrarase un Trail Longo, Trail Curto, Andaina e pequetrail que se rexirán polo seguinte regulamento:
1. As carreiras Trail, Trail Curto, Pequetrail e Andaina celebraranse o día 9 de xuño de 2019 con saída e chegada dende a praia fluvial de Vilatuxe, e rexeranse polo presente regulamento.
2. O Trail Longo: darase a saída as 9:00 horas; terá un percorrido aproximado de 33,5 km e discorrerá por montes das parroquias de Zobra e Vilatuxe, acumulando un desnivel positivo de 2220 metros aproximadamente, do que resultan uns 4440 metros acumulados.
3. O Trail Longo está certificada por ITRA (International Trail Running Asociation) o que supón que será puntuable para o UTMB.
4. O Trail Curto e andaina: terán un percorrido aproximado de 17,5 km e discorrerá polos mesmos montes, acumulando un desnivel positivo de 800 metros positivos aproximadamente, do que resultan uns 1600 metros acumulados. A saída darase as 9:00 horas para a andaina, xunto co Trail longo e as 10:00 para o Trail curto.
5. O Pequetrail:
a) celebrarase a partir das 16:00,
Ojo morado terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:
- esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,
- corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m
- xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m.
c) Para a celebración de esta proba precisarase un mínimo de 5 inscritos en cada categoría.
d) Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no local de reparto de dorsáis.
e) Haberá premios para todos os participantes.
6. A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na zona de saída e meta entre as 7:00 e as 8:30 horas. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
7. CATEGORÍAS: As categorías serán as establecidas pola FGM efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán divididos nas categorías e sub categorías seguintes:
- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Sénior.
• Categoría Cadete: 15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.
• Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non cumpra os 21 anos o ano de referencia.
• Categoría Sénior: a partir dos 21 anos cumpridos o ano de referencia
- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B
• Sub categoría Promesa: 21, 22 e 23 anos, é dicir que non cumpra os 24 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana A:
o Masculina de 45 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia.
o Femenina de 40 a 50 anos, é dicir que non cumpra os 51 anos o ano de referencia.
• Sub categoría Veterana B:
o Masculina e feminina a partir dos 51 anos cumpridos no ano de referencia.
A idade a ter en consideración para toda a tempada, no referente a categoría e subcategorías, será a que o participante teña o día 31 de Decembro do ano da competición.
8. INSCRICIÓNS: Será a través da páxina championchipnorte.com Para as tres probas haberá dous prazos de inscrición con un desconto para os federados.
a) Primeiro prazo do 9 de abril ó 1 de maio: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
1º Trail longo............................... 20 €................................17 €
2º Trail curto............................... 15 €................................12 €
3º Andaina.................................. 10 €................................ 7 €
Ojo morado Segundo prazo do 2 de maio a o 5 xuño: Para este período os prezos serán os seguintes:
Non federados Federados
1º Trail longo.............................. 25 €................................22 €
2º Trail curto............................... 20 €................................17 €
3º Andaina.................................. 15 €................................12 €
c) Os federados deberán presentar a ficha na recollida do dorsal.
d) Dita inscrición dá dereito a participar na proba, seguro de asistencia sanitaria e de responsabilidade civil, bolsa do corredor, avituallamentos, duchas, xantar e cantos obsequios ou regalos consiga a organización. Unha vez abonada a inscrición non se devolverá o importe da mesma nin haberá posibilidade de anulación.
e) Na plataforma de inscrición poderanse comprar bonos do xantar para os acompañantes por un prezo de 5 €.
f) No caso dos participantes no Pequetrail a inscrición será gratuíta e farase o mesmo día da carreira entre as 9:30 e as 10:30 no local de entrega de dorsáis.
9. ALBERGUE DE MOURISCADE: A organización pon a disposición dos participantes o Albergue Xuvenil de Mouriscade que conta con 45 plazas por un coste de 5 € con entrada o venres día 7 despois das 18:00 h e saída o día 9 antes das 20:00 h. Esta instalación debe ser solicitada polos interesados atendendo a seguinte normativa.
• Ter a inscrición á proba na que vai participar en regra.
• Ter feita a solicitude por email no correo gtrtrail@gmail.com antes do día 3 de xuño as 00:00 h). Neste correo debese indicar: nome, dni, proba na que vai participar, equipo a o que pertence (se é o caso) e lugar de procedencia.
• Prioridade a os que participan no Campionato Galego por Equipos, ata un máximo de 6 prazas por equipo.
• Orden de prioridade por probas será: Trail Longo, logo Trail Curto e finalmente Andaina.
• En caso de igualdade entre solicitudes adxudicaranse por orde cronolóxica na presentación de solicitude.
10. SINALIZACIÓN E CONTROIS: O percorrido estará sinalizado con cintas de plástico co logotipo da proba, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos.
11. TEMPOS DE PASO: unicamente se establecerán para a proba Trail Longo. Os tempos máximos intermedios serán os seguintes:
km Lugar Tempo Hora
10 Ameixedo 2:00 h 11:00 h
19 Zobra 4:00 h 12:50 h
24 Pedroselo 5:00 h 13:40 h
27 Moa 6:00 h 14:30 h
34 Puzo do Boi 7:00 h 15:30 h

Os corredores que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantir a súa cobertura. Así mesmo os “Corredores Escoba” ou o responsable de cada control terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/a se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
12. O/A corredor/a que se retire durante o transcurso da proba, deberá avisar ó control máis próximo e facer entrega do dorsal.
13. AVITUALLAMENTOS: Existirán 6 avituallamentos líquidos e sólidos incluíndo o de meta que se distribuirán do seguinte modo:
1º AV1 – Bustelos – Km 7 –sólido e líquido
2º AV2 – Ameixedo – Km 13 – sólido e líquido
3º AV3 – A Trigueira – Km 18 – sólido e líquido.
4º AV4 – Zobra – Km 22 – sólido e líquido
5º AV6 – Moa – Km 30 – Sólido y líquido
6º AV7 – Meta– Km 35 – Sólido y líquido
14. PREMIOS:
• TRAIL LONGO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros de cada categoría, atendendo as categorías propias da carreira (punto 6).
Farase entrega de Trofeo a os tres primeiros equipos masculino e feminino.
• TRAIL CURTO:
Entregarase un trofeo ós tres primeiros da clasificación xeral nas categorías masculina e feminina; ademais a os tres primeiros masculino e feminino da categoría Junior segundo as categorías marcadas pola FGM (punto 5).

15. A aceptación do presente regulamento, implica obligatoriamente que o participante autoriza á organización á gravación total ou parcial da súa participación na mesma, presta o seu consentimento para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódolos xeitos posibles e cede tódolos dereitos relativos á súa explotación, comercial e publicitaria que a organización considere oportuno executar.
16. Non se permitirá a os participantes ir acompañados de animais ou mascotas durante o transcurso da proba.
17. Quedará descualificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible, manteña unha conduta impropia ou desatenda as indicacións da organización.
18. A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
19. Os/as participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados que precisen axuda así como a informar de calquera percance nos controles de paso.
20. A pesar do persoal disposta pola organización ao longo do percorrido os/as participantes están obrigados a respectar as normas de circulación nos cruzamentos coas estradas.
21. Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización, quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir ós corredores en moto, bicicleta, quad ou similar polo circuíto.
22. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o non contemplado neste regulamento, a proba basearase nos regulamentos da Federación Galega de Montañismo e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).
23. Logo da entrega de trofeos poderase degustar a tradicional paella xigante ca que a organización convida a os participantes.

[ Go Back ]