Calendario
Info da proba

Villalba San Silvestre

30/12/2018 16:00 - 18:00
Regulamento IV CARREIRA-ANDAINA“SAN SILVESTRE
VILALBESA” domingo 30 DE DECEMBRO 2018
O evento terá unha duración aproximada de 3 horas, dende as 15:00h da tarde, ata as
18:00 h do mediodía, do 30 de Decembro do 2018 e comezará coas carreiras dos máis
pequenos sobre as 16:00 h da tarde aproximadamente.
A proba celébrase no núcleo urbano, polas distintas rúas de Vilalba, sendo a saída e a
chegada, dende a praza da constitución de Vilalba, para todas as categorías. As
categorías divídense en dous bloques:
A) CATEGORÍA ABSOLUTA:
* INSCRICIÓN NA CARREIRA:
3 € (dende o 13 de decembro ata o 24 ambos inclusive).
5 € (dende o 25 ata o 27 de decembro ambos inclusive).
* INSCRICIÓN NA ANDAINA:
2 € (dende o 13 de decembro ata o 27 de decembro ambos inclusive).
Poderán formalizar a inscrición das seguintes formas:
 Online: www.championchipnorte.com dende o 13 ata o 27 de decembro.
 Presencial: Oficina de Deportes- Concello de Vilalba en horario de 9:00 a 14:00
horas, dende o 13 ata o 27 de decembro.
Ojo morado CATEGORÍA MENORES:
GRATUITA
Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedilo ano,
premiaranse aqueles disfraces, traxes, complementos máis orixinais e divertidos para
correr/camiñar.
Categoría A: 2013--------------------------------------400 m aproximadamente
Categoría B: 2012-2011-------------------------------400 m aproximadamente
Categoría C: 2010-2009-2008-----------------------1000 m aproximadamente
Categoría D: 2007-2006-2005-----------------------1600 m aproximadamente
Categoría A:
* Hora de saída aproximada: 16:00 h
Categoría B:
* Hora de saída aproximada: 16:10 h
Categoría C:
* Hora de saída aproximada: 16:20 h
Categoría D:
* Hora de saída aproximada: 16:30 h
C) CATEGORÍA ABSOLUTA:
C.1.- Carreira aproximadamente de 5000 metros, poden participar nesta carreira
todolos/as participantes nados no ano 2004 e anteriores. Coa finalidade de facer que o
evento sexa o máis festivo posible para despedilo ano, premiaranse aqueles disfraces,
traxes, complementos máis orixinais e divertidos para correr/camiñar.
 Hora aproximada da saída: 16:50h - 17:00 h.
C.2.- Andaina (aproximadamente 2500 metros): nesta andaina/camiñata, non existe
límite de idade, podendo participar dende nenos/as recen nados no seu carro e a súa
familia, ata os máis maiores. Tamén poden participar donos coa súa mascota sempre e
cando, a mascota, leve o material idóneo para a seguridade dos participantes e do evento
en sí. Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedilo
ano, premiaranse aqueles disfraces, traxes, complementos máis orixinais e divertidos
para correr/camiñar.
Na andaina, poden participar todolos/as nenos/as das categorías previas para
menores, sempre e cando teñan o dorsal.
 Hora aproximada da saída: 16:50h - 17:00 h.
D) RECOLLIDA DE DORSAIS
O própio día do evento, 30 de decembro na praza da Constitución, a partir das 15:00
horas.
E) PREMIOS
O remate da última carreira, realizarase a entrega de premios e trofeos, que se repartirán
da seguinte maneira.
- PREMIOS CATEGORÍA MENORES. (categoría A, B, C e D).
Medallas para todolos participantes.
Detalle/regalo Mellor disfraz infantil.
1º/1ª CLASIFICADO/A ________Trofeo.
2º/2ª CLASIFICADO/A ________Trofeo.
3º/3ª CLASIFICADO/A ________Trofeo
- PREMIOS CARREIRA ABSOLUTA.
Detalle/ regalo Mellor disfraz adulto.
1º/1ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
2º/2ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
3º/3ª CLASIFICADO/A_______________Trofeo
- PREMIOS PARTICIPACIÓN
Todolos/as participantes con DORSAL, poderán degustar un CHOCOLATE CON
CHURROS na Praza da Constitución (obrigatorio ter dorsal para beneficiarse da
promoción).
F) INFORMACIÓN DE INTERESE:
- Aparcadoiros: os participantes disporán dunha zona de estacionamento no
Campo da Feira, na Rúa de Abadín e na Rúa de Guitiriz
- Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo de
gardarroupa habilitado pola organización
- Duchas: unha vez rematada a proba estarán á disposición dos participantes as
duchas dos vestiarios 5 e 6 do Pavillón Municipal de Deportes situado no
Campo da Feira.
- Avituallamiento: o rematar as probas todolos/las participantes, teñen habilitada
unha zona de avituallamiento, para rebatila fatiga ou cansancio.