Calendario
Ver carrera

Monforte

24/03/2019 11:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO XI CARREIRA POPULAR
CONCELLO DE MONFORTE – 2019
Primeira.- A Concellería de Deportes do Concello de Monforte de Lemos organiza a décimo primeira edición da
Carreira Popular que terá lugar o 24 de marzo de 2019.
Segunda.- Establécense as seguintes categorías de participación tanto masculina como feminina.
 CATEGORÍAS MENORES:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría mini nados/as no ano 2015 e posteriores
Categoría Prebenxamín nados/as entre o ano 2012 e 2014
Categoría Benxamín nados/as entre o ano 2010 e 2011
Categoría Alevín nados/as entre o ano 2008 e 2009
Categoría Infantil nados/as entre o ano 2006 e 2007
Categoría Cadete nados/as entre o ano 2004 e 2005
 CARREIRA ABSOLUTA:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Categoría Xuvenil nados/as entre o ano 2002 e 2003
Categoría Junior nados/as entre o ano 2000 e 2001
Categoría Senior nados/as entre o ano 1985 e 1999
Categoría Master 35 nados/as entre o ano 1980 e 1984
Categoría Master 40 nados/as entre o ano 1975 e 1979
Categoría Master 45 nados/as entre o ano 1970 e 1974
Categoría Master 50 nados/as entre o ano 1960 e 1969
Categoría Master 60 nados/as entre o ano 1959 e anteriores
Terceira.- Inscrición
A inscrición é gratuita en tódalas categorías.
As incricións para participar tanto na carreira absoluta como nas carreiras de categorías menores, faranse a través da
plataforma on-line www.championchipnorte.com
Os escolares de Monforte poderán facer a súa inscrición, preferentemente, a través do seu centro educativo.
O peche das inscricións será o seguinte:
 Inscricións colectivas para colexios de Monforte: peche de inscricións o venres 15 de marzo
 Inscricións individuais e resto de grupos: peche de inscricións o xoves 21 de marzo
Baixo ningún concepto se inscribirá a ningún atleta fora de prazo.
Para poder inscribirse será necesario aportar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
A organización resérvase o dereito de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requiridos e, polo tanto,
non deixalo participar na proba.
Cuarta.- Utilización de dorsais e chips.
Os dorsais son persoais e intransferibles, debendo ir colocados no peito de xeito totalmente visible durante o
transcurso da carreira, sen poder facer ningunha modificación nel.
Tanto a carreira absoluta como as carreiras de menores, agás a de categoría mini, están controladas por un sistema
de chips de cronometraxe.
No caso das carreiras de menores o chip de cronometraxe vai integrado no dorsal.
No caso da carreira absoluta o chip deberá ir colocado no lugar axeitado indicado pola organización. Os propietarios
de chip amarelo poderán correr con él e a organización facilitará o chip correspondente ós participantes non
propietarios.
Non serán admitidos corredores que non estean inscritos previamente ou que corran sen dorsal e chip. Impedirase
que estes corredores teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos dos regulamentariamente inscritos.
Os corredores da carreira absoluta que non sexan propietarios de chip deberán devolvelo obrigatoriamente ó
rematala carreira a través dos puntos habilitados para tal efecto. No caso dos chips de cronometraxe das carreiras de
menores, ó ir integrados no dorsal, non será necesaria a súa devolución.
Quinta.- Avituallamentos.
Os participantes nas probas de categorías menores recibirán avituallamento sólido e líquido unha vez rematada a
carreira.
Os participantes na carreira absoluta terán un avituallamento líquido no intermedio da carreira e un avituallamento
sólido e líquido ó finalizar.
Dispoñeranse de colectores de lixo para depositar os desperdicios do avituallamento.
Sexta.- Servizos sanitarios e de primeiros auxilios.
Durante a competición haberá unha ambulancia con técnico, ATS e médico a disposición de calqueira participante
que o necesite.
Séptima.- Outros servizos.
A organización poñerá ó servizo dos participantes gardarroupa e duchas.
As duchas están localizadas nas seguintes instalacións:
 Instalacións deportivas do Colexio Pais Escolapios. R/ Compañía Nº 50
 Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas. R/ Duquesa de Alba s/n
Oitava.- Clasificacións
Realizaranse as seguintes clasificacións:
 Clasificacións individuais carreira absoluta e categorías menores:
 Clasificación xeral absoluta masculina e feminina.
 Clasificación por categorías masculina e feminina, excepto na carreira de categoría mini na que non
hai clasificacións.
 Clasificacións por equipos carreira absoluta: todos/as aqueles/as participantes que o desexen poderán
conformar un equipo que obrigatoriamente será mixto (50 % homes e 50 % mulleres) e que estará composto
pon un mínimo de 4 compoñentes (dous homes e dúas mulleres) e un máximo de 6 compoñentes (3 homes e
tres mulleres).
Para a clasificación se terá en conta o tempo empregado polos dous primeiros homes e dúas primeiras
mulleres clasificados/as de cada equipo.
Os equipos poderanse constituír a través da plataforma Championchip.
A data límite para a constitución dos equipos é o xoves 21 de marzo.
Novena.- Percorrido
A saída e a meta de tódalas carreiras será na Compañía.
 Carreira Absoluta: consiste en percorrer unha distancia de 10 Km. dando dúas voltas a un circuito de 5.000
mts.
 Categorías Menores:
 Categoría mini: percorrido de 80 mts.
 Categorías prebenxamín e benxamín: percorrido de 700 mts.
 Categoría alevín: percorrido de 1.300 mts.
 Categoría infantil e cadete: 2.000 mts.
Décima.- Entrega de dorsais e chips:
 CARREIRAS DE MENORES:
 Entrega de dorsais a colexios de Monforte: os centros educativos de Monforte que realicen
inscrición colectiva recibirán os seus dorsais e chips por adiantado co fin de facilitar o reparto dos
mesmos. O Concello fará entrega dos dorsais á persoa que o centro educativo designe para tal
efecto e que será a responsable de entregar o dorsal a cada un/unha dos/as atletas inscritos/as do
centro.
 Entrega de dorsais para inscricións individuais e resto de grupos: os/as atletas inscritos/as de
xeito individual en algunha das categorías de menores poderán recoller o seu dorsal e chip o día da
proba na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as 10:30 h.
 CARREIRA ABSOLUTA: os/as atletas inscritos/as na carreira absoluta poderán recoller o dorsal e o chip de
cronometraxe o día da proba na carpa de organización sita na Explanada da Compañía, entre as 9:00 e as
11:15 h.
Décimo primeira.- Horario das careiras:
 Carreira categoría mini: 11:00 h.
 Carreira categorías prebenxamín: 11:05 h.
 Carreira categoría benxamín: 11:15
 Carreira categoría alevín: 11:25
 Carreira categoría infantil e cadete: 11:35 h.
 Carreira Absoluta: 12:00 h.
Décimo segunda.- Premios:
 Premios por categorías: trofeo conmemorativo do evento ós tres primeiros/as clasificados/as de cada unha
das categorías establecidas no artigo segundo, excepto na categoría mini na que todos/as os/as atletas
participantes que crucen a liña de meta recibirán unha medalla e un agasallo.
 Premios clasificación xeral: os/as tres primeiros/as clasificados/as da carreira absoluta, tanto en categoría
masculina como feminina, recibirán trofeo e premio económico segundo as seguintes cantidades:
 1º clasificado: 300 €
 1ª clasificada: 300 €
 2º clasificado: 200 €
 2ª clasificada: 200 €
 3º clasificado: 100 €
 3ª clasificada: 100 €
Para cobrar os premios económicos será obrigatorio asistir en persoa á entrega de premios e recoller os
trofeos correspondentes. Tamén será necesario aportar DNI ou pasaporte.
 Premios especiais da carreira absoluta: establécense premios especiais para os/as 3 primeiros/as
clasificados/as locais (empadroados en Monforte) tanto en categoría masculina como feminina.
 1º clasificado: Trofeo + agasallo
 1ª clasificada: Trofeo + agasallo
 2º clasificado: Trofeo + agasallo
 2ª clasificada: Trofeo + agasallo
 3º clasificado: Trofeo + agasallo
 3ª clasificada: Trofeo + agasallo
 Premios por equipos: recibirán trofeo os tres mellores equipos clasificados
 Premio para o centro educativos máis numeroso: o centro educativo con maior número de participantes,
recibirá trofeo. Para establecer o centro educativo máis numeroso se terá en conta o número de deportistas
inscritos a través do centro educativo que crucen a liña de meta o día da proba.
Todos os premios son acumulables.
Décimo terceira.- Reclamacións
Dado o espírito deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións. A participación leva implícita a
aceptación do regulamento da proba.
Décimo cuarta.- Responsabilidade.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou
a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras por imprudencias ou neglixencias dos mesmos.
A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes que cubrirá as incidencias inherentes á
proba.
Décimo quinta.- Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Décimo sexta.- Utilización de medios físicos naturais
Os participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de ningún tipo.
Do mesmo xeito non está permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE MONFORTE - 24 DE MARZO DE 2019
OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES. AS CASIÑAS DA COMPAÑÍA S/N. 27400 – MONFORTE. TF. 982875430
Décimo séptima.- Cambios no regulamento
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada
neste regulamento.
Décimo oitava.- a inscrición en calquera categoría do evento implica a autorización á posible difusión dos
documentos visuais que se recollan durante a realización da actividade. Documentos a utilizar polo Concello de
Monforte na súa páxina web, na elaboración de carteis, folletos ou calquera outra posible edición municipal.
Décimo novena.- O aboamento dos premios económicos ós vencedores será tramitado polo Concello de Monforte,
que designará ó Técnico Municipal de Deportes para levar a cabo a xestión e levantar acta dos resultados da
carreira. Os premios aboaranse en metálico ós vencedores unha vez rematado o evento .

[ Go Back ]