Calendario
Info da proba

Tomiño

23/12/2018 11:00 - 12:30
Regulamento

I Carreira do Nadal de Tomiño

O Concello de Tomiño, en colaboración co Club Atletismo Trega organiza a I Carreira de Nadal Tomiño 2018, que terá lugar o día 23 de decembro próximo. A saída e a meta serán na rúa Daniel Calzado (ao lado do ximnasio VIP) para todas as categorías:

11:00 h - 4.500 metros
Absoluta Homes e Mulleres - 2003 e antes

11:30 h - 1.500 metros
Alevín Homes e Mulleres 2008/2009
Infantil Homes e Mulleres 2006/2007
Cadete Homes e Mulleres 2004/2005

11:40 h - 600 metros
Benxamin Homes e Mulleres 2010/2011

11:50 h - 250 metros
Prebenxamín Homes e Mulleres 2012/2013

12:00 h - 100 metros
Pulgas Homes e Mulleres 2014/2018

Ao remate da proba, haberá chocolate para todas as persoas participantes. Premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría e sexo.

As inscricións son de balde; sendo posible enviar un correo electrónico a carreiranadaltomino@gmail.com (Nome-Apelidos-Data de nacemento completa (dd/mm/aaaa)- Lugar residencia-Clube), ou ben, formalizala o mesmo día da proba.