Calendario
Info da proba

Á Estrada San Silvestre

31/12/2018 16:00 - 17:00
Regulamento VIII MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE
O Concello da Estrada, organizará o vindeiro día 31 de Decembro a VIII Milla San Silvestre Estradense.
Tratase dunha proba de carácter lúdico non competitivo, pero haberá sorpresas para todos os participantes.
INFORMACIÓN XERAL
Data: luns, 31 de Decembro de 2018.
Hora: a partir das 16:00, retirada de dorsais.
Lugar: Plaza do Concello de A Estrada
Distancia: de 100m a 1.609 m. aprox
Organiza: Concello da Estrada
Inscrición: Ata o venres 28 de Decembro de 2018, (a organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora
de prazo), estas realizaranse a través de:
web: www.emesports.es (Gratuita)
Facendo constar: Nome – Apelidos - Data nacemento.
CATEGORIAS, DISTANCIAS E HORARIOS APROXIMADOS
Pitufos (nados no 2013 e posteriores)- 100 metros – 17:00h
Prebenxamín ata Infantil (nados entre os anos 2012 e 2005)- ½ milla (800 m) – 17:15h
Cadetes ata Veterans (nados nos anos 2004 e anteriores)- 1 milla (1609 m) – 17:30h
PERCORRIDOS
* A carreira da categoría Pitufos terá lugar polas inmediacions da praza do Concello e os xardíns anexos a
mesma (CIRCUITO VERDE).
* A carreira da categoría Prebenxamín ata Infantil terá lugar por un circuito urban pechado o trafico de
aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 1 volta para completar a distancia.
A saida e meta situaranse na praza do Concello.
* A carreira da categoría Cadetes ata Veterans terá lugar por un circuito urban pechado o trafico de
aproximadamente 800m de lonxitude (CIRCUITO ROXO), o que haberá que dar 2 voltas (distancia total 1600m)
para completar a distancia.
A saída e meta situaranse na praza do Concello.
Trofeo o disfraz máis orixinal e trofeo o grupo máis numeroso do mesmo disfraz.
Retirada de dorsais a cambio dun quilo de comida non perecedeira que se destinará a Cáritas Parroquial, dentro da
Operación quilo de Nadal. O termino das distintas carreiras todos os participantes serán obsequiados ca degustación
de chocolate quente e productos de repostería. Para participar nos sorteos dos agasallos que se farán na
chocolatada é obrigatorio levar o dorsal ben visible.