Calendario
Info da proba

Á Laracha

20/07/2019 19:00 - 20:30
Regulamento 1. A Asociación Cultural Adro de Vilaño, en colaboración co Concello de A Laracha e empresas
colaboradoras, organizan a IV Carreira Popular do Apóstolo o sábado 20 de xullo de
2019 en Vilaño, na localidade de A Laracha. As probas levaranse a cabo baixo o control
técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de A Coruña).
2. De forma paralela e para pechar o evento, a Asociación Cultural Adro de Vilaño, en
colaboración con Cultiagro S.L. e Seragra S.L., organizan unha Andaina Saudable e
Solidaria. (Ver detalles no regulamento específico da páxina Molón
3. A IV Carreira Popular do Apóstolo está incluída no Calendario Oficial da Federación
Galega de Atletismo, sendo calificada como proba oficial da FGA con distancia non
homologada. Esta proba tamén está integrada dentro do VII Circuíto de Carreiras
Populares da Deputación Provincial da Coruña que se desenvolverán ao longo do 2019.
4. Poderán participar atletas federados e non federados, habendo unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Cada participante acude a proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu adestrador
persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos oportunos e por tanto
asume persoalmente e exime á organización calquera incidente ou lesión acaecida por esa
causa ou por actitude imprudente e/ou neglixente durante a participación.
Poderán participar atletas con discapacidade física que xustifique a súa participación en dita
modalidade. Os atletas deberán presentarse na zona de control 30 minutos antes do inicio da
proba para pasar o control de material, realizado pola organización. No control de material
revisarase os seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar
correctamente: Casco, elementos de visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e
sistema de dirección.
REGULAMENTO XERAL
ADRO DE VILAÑO
https://goo.gl/maps/How6AhHCcnE2
5. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN, DISTANCIAS E HORARIOS
*A categoría Pitufo e a Andaina Saudable e Solidaria non son categorías federadas.
6. ZONA DE SAÍDA - META E PERCORRIDO
A saída e meta de todas as probas estará ubicada no espacio acondicionado do Adro de
Vilaño, situado a 1,5 Km do casco urbano de A Laracha (haberá indicacións).
O percorrido da proba de adultos consistirá en dúas voltas a un circuito de 5 Km que
trascorre na súa maioría por pavimento a excepción dun único tramo de 450 metros que pasa
por unha pista non asfaltada. A pendente media ascendente é dun 2,3% e a pendente media
descendente é dun -2,7%.
Os circuitos das categorías menores consisten en variantes reducidas do circuito da proba
de adultos. Todos os percorridos estarán claramente indicados, controlados e sinalizados cada
kilómetro. A Organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes,
que regularán o tráfico ao longo do percorrido.
CATEGORÍA DATAS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA DE
SAÍDA ESCOLARES
Pitufo* 2012 - 2016 200 m 18:45
Benxamín / Sub 10 2010 - 2011 1.100 m 17:50
Alevín / Sub 12 2008 - 2009 1.100 m 17:50
Infantil / Sub 14 2006 - 2007 3.800 m 18:10
Cadete / Sub 16 2004 - 2005 3.800 m 18:10
Xuvenil / Sub 18 2002 - 2003 5.000 m 19:00 ADULTOS
Junior / Sub 20 2000 - 2001 10.000 m 19:00
Promesa /Sub 23 1997 - 1998 - 1999 10.000 m 19:00
Sénior Desde 1996 a 34 anos 10.000 m 19:00
Máster A De 35 a 40 anos 10.000 m 19:00
Máster B De 41 a 49 anos 10.000 m 19:00
Máster C De 50 a 59 anos 10.000 m 19:00
Máster D De 60 anos en adiante 10.000 m 19:00
Adaptados En handbike 10.000 m Pte. definir
Andaina Saudable e
Solidaria* Indiferente 3.800 m 19:05
7. INSCRICIÓNS
 Data límite: mércores 17 de xullo ás 23:59.
 Formas de incrición:
 Web oficial da FGA: http://www.carreirasgalegas.com
 De forma presencial (ata luns 15 de xullo):
- Concello de A Laracha (Dpto. de deportes).
- Piscina municipal de A Laracha.
- Centros de ensino do concello de A Laracha (só categorías escolares).
- Cultiagro S.L.
 Prezo da inscrición:
 Categorías
9. PREMIOS E AGASALLOS
Todas as persoas que finalicen a proba recibirán unha camiseta conmemorativa dentro da
bolsa do corredor, que tamén poderá incluír diversos regalos que proporcionen os
patrocinadores. A maiores, outorgaranse os seguintes premios:
PROBAS ESCOLARES
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría, agás na
categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
 Medallas aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría, agás na categoría Pitufos onde non haberá clasificación.
 Medallas para todos os participantes da categoría Pitufos.
PROBA DE ADULTOS
 Trofeo e equipación tecnica Kalenji aos 3 primeiros da clasificación xeral masculina e
feminina.
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría.
 Medallas aos segundos e terceiros clasificados masculinos e femininos de cada
categoría.
PREMIOS ESPECIAIS
 Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino entre os participantes nados no
Concello de A Laracha.
 Trofeo Superveterán ao corredor de maior idade que finalice a proba.
 Trofeo Superveterana á corredora de maior idade que finalice a proba.
 Trofeo ao centro escolar que aporte máis participantes á proba.
 Trofeo ao clube federado que aporte máis participantes á proba.
10. SERVIZOS A CORREDORES
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización
ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuita:
 Duchas (Pavillón do IES Agra de Leborís).
 Gardarroupa (Centro Sociocultural de Vilaño).
 Gardería con monitores para os nenos (Parque infantil do Adro de Vilaño).
 Aparcamentos para os coches (zonas cercanas ó Adro de Vilaño, con indicacións).
 Fotografía e vídeo.
 Fisioterapia.
 Avituallamento intermedio con auga.
 Avituallamento final con froita, bebida isotónica, e aperitivo variado.
11. INFORMACIÓN IMPORTANTE APARCAMENTOS PARA COCHES
Habilitaranse 2 estacionamentos gratuitos nos arredores da zona de saída / meta, que
estarán debidamente sinalizados, con claras indicacións desde o casco urbano de A Laracha.
Debido aos cortes de tráfico
 Un dos aparcamentos estará pechado durante o transcurso das distintas probas, non
podendo entrar nin saír ningún coche. O aparcamento P1 estará aberto durante todo o
trascurso do evento, podendo entrar e saír coches sen limitacións horarias.
 Toda persoa que estacione no aparcamentos P2 non poderá mover o coche ata
rematar a carreira de adultos (20:30 h aproximadamente). Polo tanto recomendamos
estacionar os vehículos no aparcamento P1.
 Todos os coches que cheguen despois das 18:00 horas deberán dirixirse
obligatoriamente ao aparcamento P1, o cal estará debidamente sinalizado.
P1 Aberto durante todo o
transcurso da proba. P2 Pechado desde as 17:30 h ata
o final da carreira (20:30 h
aproximadamente) QUINTÁNS AREOSA
12. DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos da Federación Galega de Atletismo e da RFEA en vigor referentes a probas en
ruta, será descalificadoa criterio do Xuíz Árbitro da Competición.
Ao longo do percorrido a Organización establecerá os controis que estime oportunos
estando autorizados para descalificar a calquera participantes que incumpra as normas da
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
13. As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente aó Xuíz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba
en cuestión.
14. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á Organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou
cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
15. ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A Organización contará con servicios médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde
unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servicios
médicos e o Xuíz Árbitro da Competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma.
16. SEGURO
Todos os participantes estaránamparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desarrollo da proba. Quedan excluidos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluidos ps casos producidos polo desplazamento ó lugar da competición ou desde o mesmo.
17. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
Organización, que utilizará ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
18. ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo o que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
1. Estará rexida polo Regulamento Xeral, coas variacións indicadas a continuación.
2. Para pechar o evento e sen carácter competitivo, a Asociación Cultural Adro de Vilaño en
colaboración con Cultiagro S.L. e Seragra S.L. organizan unha Andaina Saudable e
Solidaria cos seguintes obxectivos:
 Concienciación dun estilo de vida saudable para as persoas, promocionando o
deporte e unha alimentación sana.
 Sensibilización coas persoas máis pobre do concello.
3. A metade da recaudación das inscripcións será doada a Cáritas Parroquial de A Laracha,
asociación que axuda ás persoas máis necesitadas da Laracha. Habilitaranse tamén uns
dorsais solidarios (Dorsal 0) na páxina da Federación Galega de Atletismo para todo aquel
que non poida participar na proba e queira colaborar igualmente coa causa.
4. Haberá unha categoría única, na que poderá participar calquera persoa de calquera idade
desde os 0 anos. Farase un percorrido de 3.800 m e a saída será ás 19:05 h no Adro de
Vilaño.
5. Por incompatibilidade de horarios, só os nenos nados ata o ano 2003 poderán participar na
carreira popular e na andaina (en ambas).
6. INSCRICIÓNS
 De igual forma e nos mesmos sitios que para a carreira popular.
 Prezo da inscrición:
 Menores de idade (ata 17 anos inclusive)……………..........GRATUITA
 Maiores de idade (a partir de 18 anos)….….………...….…..…..……5 €
Todas as persoas que fagan a súa inscrición antes do luns 15 de xullo ás 23:59 terán o
seu dorsal personalizado cos seus datos persoais.
As inscricións de forma presencial deberán realizarse achegando debidamente cuberto
o formulario de inscrición dispoñible nos puntos de inscrición autorizados. Os participantes
menores de idade deberán cubrir tamén a autorización paterna presente na parte inferior do
formulario de inscrición. Este documento tamén se atopa dispoñible no ANEXO I (última páxina).
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou sin todos os datos
obrigatorios presentes no formulario de inscrición. Tampouco se admitirán inscricións de persoas
que estean inscritas nalgunha das categorías da carreira popular.
REGULAMENTO ANDAINA SAUDABLE E SOLIDARIA
7. A RETIRADA DE DORSAIS será igual que para a carreira popular (ver páxina 4), coa única
diferencia que non se entregará Chip posto que non é unha proba federada.
8. AGASALLOS: Todas as persoas que participen nesta proba recibirán unha camiseta
conmemorativa e un lote de productos vexetais. O rematar a proba haberá un aperitivo
final para todos