Calendario
Info da proba

Carballo

16/06/2019 10:30 - 13:00
Regulamento Regulamento 10K CARBALLO. IX Carreira Popular 10Km Concello de
Carballo
Artigo 1: Organizador e denominación da proba. O Concello de Carballo
organiza o “10K CARBALLO. IX Carreira Popular Concello de Carballo”, proba
oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA en adiante), integrada no "VII
Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña" baixo o control técnico do
Comité de Xuíces da FGA.
Artigo 2: Participantes e Categorías . No “10K CARBALLO. IX Carreira Popular
Concello de Carballo”, pode participar toda persona nada nas datas
correspondentes por categoría, esté ou non federada, ate un máximo de 1000 en
categorías absolutas (Sub20, Sub18, Sénior e Máster), ou un máximo de 2000 no
cómputo global do evento, e considerando as limitacións impostas pola
regulamentación propia da Federación Galega de Atletismo para a participación de
atletas federados de outras Federacións Autonómicas.
As datas de nacemento para cada categoría e proba son as seguintes:
Categoría Datas de Nacemento
Sub 18, Sub 16 2002,2003,2004,2005
Sub 14, Sub 12 2006,2007,2008,2009
Sub 20 2000, 2001
Sub 23 1997, 1998, 1999
Senior 1985 a 1996
Máster 1 1979 a 1984
Máster 2 1970 a 1978
Máster 3 1960 a 1969
Máster 4 1959 e anteriores
Competición
adaptada
Poderán participar en handbike ou cadeira de rodas todas aquelas persoas
que cumpran os requisitos esixidos neste regulamento, con discapacidade
física que xustifique a súa participación en dita modalidade, e de existir
participantes menores con discapacidade, a organización tratará de integralos
na proba que mellor se adapte ás súas características.
Sub 10 2010-2011
Pitufo 2012 2012
Pitufo 2013 2013
Pitufo 2014 2014
Pitufo 2015 2015
Biberón 2016 2016
Equipos 10K
Cada participante acude á proba baixo a súa responsabilidade ou a do seu
adestrador persoal ca forma física axeitada para realizala e cos controis médicos
oportunos e por tanto asume persoalmente e exime á organización calquera
incidente ou lesión acaecida por esa causa ou por actitude imprudente e/ou
neglixente durante a participación.
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos
naturais, sen axudas materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras en
cadeira de rodas debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics.
Calquera dúbida respecto diso deberá ser consultada coa organización
antes de facer a inscrición.
Poderán participar atletas con discapacidade física que xustifiquen a súa
participación en dita modalidade. Os atletas deberán presentarse na zona de control
30 minutos antes do inicio da proba para pasar o control de material, realizado pola
organización. No control de material revisarase os seguintes elementos, que
deberán estar homologados e funcionar correctamente: Casco, elementos de
visibilidade, chasis, rodas, sistema de frenado e sistema de dirección.
Exceptuando o definido para atletas con discapacidade, está prohibida a utilización
de calquera vehículo ou material de desprazamento (patíns, carriños, etc.).
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún
vehículo alleo á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na
proba que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas
participantes. Exceptúase ós proxenitores, titores, adestradores, etc. de menores
con minusvalías ou que sexan autorizados expresamente pola organización.
Ao mesmo tempo non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos,
nin correr acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está
permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en ningún
momento.
Artigo 3: Datos de carácter personal.
O responsable do tratamento dos sus datos persoais é o Concello de
Carballo, con dirección en Praza do Concello,S/N,15100-Carballo (A Coruña), ante o
cal poderá exercer os seus dereitos nas nosas instalacións ou en lopd@carballo.gal.
Mediante o acto de inscrición o participante ou o seu titor/a consinte o
tratamento dos seus datos persoais nos seguintes termos:
A) Utilización para as xestións derivadas da participación no evento deportivo
(listados de inscritos, clasificacións, xestión de seguros, etc).
Ojo morado Utilización de imaxen (Fotografía, vídeos) nos medios de difusión propios do
Concello de Carballo, redes sociais, para a promoción do evento nas edicións 2019
e 2020.
C) Concello de Carballo cederá os datos de carácter persoal dos participantes á
Federación Galega de Atletismo, a Multisports Galicia, SLU como entidade xestora
dos procedementos de inscrición e elaboración das clasificación e a calquera outra
empresa á que sexa necesario para a participación no evento e a difusión e
promoción da proba, limitándose a mesma a esos obxectivos e quedando excluído
calquera outro, entre eles os de carácter comercial.
Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos
solicitándoa por correo electrónico:lopd@carballo.gal
Artigo 4: Carreiras que compoñen o evento. O evento "IX Carreira Popular
Concello de Carballo" consta das seguintes carreiras:
A) 10K Carballo. Proba oficial da FGA sobre distanza homologada de 10.000
metros, e puntuable para o "VII Circuito de Carreiras Populares Deputación da
Coruña" en categorías Absolutas (Sub20, Sub23, Sénior e Máster).
Ojo morado Carreiras de categorías Menores (Sub 18, Sub 14, Sub 12, Sub 10) puntuables
para o "VII Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña".
C) Carreiras Pitufos e Biberón.
Artigo 5: Inscricións.
As inscricións son personais e intransferibles supoñendo a aceptación de todo o
desposto no presente regulamento e incluíndo o servizo de seguro ó que obrigan os
preceptos legais.
Forma de Inscrición: Na web www.championchipnorte.com
Información: www.carballo.gal; Oficiñas Carballo Deporte en Vila de
Corcubión, SN (CP 15100 Carballo) ou tlf. 981702109;
www.championchipnorte.com; www.carreirasgalegas.com
Prazo de Inscricións. Admítense ate as 23:59 horas do día 12 de xuño
de 2019 ou ata acadar as 1000 prazas nas categorías Sub 20, Sub 23, Senior e
Master, ou as 2000 no global do evento.
As formas e lugares de inscrición son:
a) Na web www.championchipnorte.com
Ojo morado Na web www.carballo.gal, no enlace creado ó respecto.
c) Na web www.carreirasgalegas.com no enlace creado ó respecto
d) Información sobre a proba e asesoramento para a inscrición: nas oficiñas do
Concello de Carballo “Carballo Deporte” sitas na rúa Corcubión sn e nº
teléfono 981702109.
Cuota de Inscrición:
As inscricións para a proba 10K e 5K, dirixidas ás categorías Sub 20, Sub 23,
Senior e Master é de 2,00 € (10K), que se ingresará a través da pasarela de pago
na páxina de inscrición www.championchipnorte.com
Para o resto de categorías (Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Pitufos e
Biberón a inscrición é gratuita).
Artigo 6: Data, Probas, Categorías, Horarios de saída e Peche de control.
A data de celebración é o domingo día 16 de xuño de 2019.
Establécense as categorías definidas na táboa para as respectivas probas,
subdivididas en masculina e feminina. En canto á categoría adaptada poderán
participar en handbike ou cadeira de rodas todas aquelas persoas que cumpran os
requisitos esixidos neste regulamento, con discapacidade física que xustifique a súa
participación en dita modalidade.
Celébranse as seguintes probas para as diferentes categorías nos seguintes
horarios e distanzas:
Hora de
Saída Proba/Distanza Categoría Datas de Nacemento Hora
final
Tempo
Máx.
10:30h.
10K
Circuito
Deputació
n. 10.000
m.
homologa
do
Sub 20 2000, 2001
11:50h. 80 min.
Sub 23 1997, 1998, 1999
Senior 1985 a 1996
Máster 1 1979 a 1984
Máster 2 1970 a 1978
Máster 3 1960 a 1969
Máster 4 1959 e anteriores
10:29h. 10K (10.000 m.) Competición
adaptada Regulamento 11:50h. 80 min.
11:50h. Circ.Depu. 3.000 m Sub 18, Sub
16 2002,2003,2004,2005 12:10h. 20 min.
12:15h. Circ.Depu. 2.000 m Sub 14, Sub
12 2006,2007,2008,2009 12:30h. 15 min.
12:35h. Circ.Depu. 950 m. Sub 10 2010-2011 12:45h. 10 min.
12:45h. 150 m. Pitufo 2012 2012
12:45h. 125 m. Pitufo 2013 2013
12:45h. 100 m. Pitufo 2014 2014
12:45h. 80 m. Pitufo 2015 2015
12:45h. 50 m. Biberón 2016 2016
Artigo 7: Saída para 10K.
A saída darase ás 10:30 horas.
Os deportistas accederán á zona de saída e ubicaranse no caixón
correspondente en función do dorsal asignado. Deberán estar nos postos
de saída 10 minutos antes da hora prevista de saída (10:20 h.)
Pódese solicitar cambio de caixón por mellora de marca realizada posterior á data
de inscrición ate o remate do prazo de inscrición.
Haberá 6 caixóns de saída:
• Dorsal de fondo verde: sub 36:00 (Hombres) y sub 46:00 (Mujeres)
• Dorsal de fondo amarelo: sub 40:00
• Dorsal de fondo azul: sub 45:00
• Dorsal de fondo laranxa: sub 50:00
• Dorsal de fondo vermello: +50
Artigo 8: Peche de Control e tempos de paso máximos para 10K.
Cando un participante non se atope en condicións de cumplir o tempo máximo
previsto dende o inicio da carreira ou o sobrepase, será superado polo
vehículo con bandeira verde, que indica o final da zona de competición, e deberá
abandonar a vía e en todo caso a partir de ese momento será considerado un
usuario normal da vía, debendo cumprir as normas e señais.
O peche de control será ás 11:50 horas ou ós 80 minutos dende a saída
para o 10K
Establécense os seguntes tempos de corte, de xeito que cando un participante non
os cumpra entenderase que non se atopa en condicións de cumplir o tempo
máximo previsto para o peche de control, sendo superados polo vehículo
con bandeira verde, cos efectos definidos no primeiro párrafo de este artigo.
Proba KM1 KM2 KM3 KM4 KM5 KM6 KM7 KM8 KM9 KM10
10K 0:08:00 0:16:00 0:24:00 0:32:00 0:40:00 0:48:00 0:56:00 1:04:00 1:12:00 1:20:00
A organización poderá considerar en función do desenvolvemento xeral das
carreiras non aplicar os tempos de corte ate que non sexa estritamente necesario
en orden ás necesidades do tráfico rodado e da seguridade dos participantes.
Artigo 9: Recollida de Dorsais. Os dorsais e os chips recolleranse na zona
habilitada a tal efecto no primeiro andar do edificio do mercado municipal na rúa
Gran Vía (43.213076, -8.688416) nas seguintes datas e horarios:
O día da carreira dende as 8:00 h e ate 20 minutos antes da saída de cada
categoría.
En recollida anticipada o sábado 15 de xuño de 10:00 h. a 15:00 h.
É necesaria a presentación do dni,licencia federativa, resgardo de inscrición ou
documento similar acreditativo. Esta actuación enténdese como “Pasar Cámara de
Chamadas”.
Artigo 10: Utilización dos Dorsais. O dorsal acreditativo é intransferible, e debe
corresponderse única e inexcusablemente co deportista para o que foi emitido pola
organización; deberá levarse en todo momento á altura do peito, e claramente
visible na súa totalidade.
A participación sin dorsal, con dorsal non oficial, manipulado, ou co dorsal
correspondente a outro corredor implica a exclusión inmediata da proba por parte
do Control Técnico ou da Organización.
O deportista debe indicar no reverso do dorsal calquera circunstancia a ter
en conta en caso de atención médica urxente durante a proba.(alerxia a
medicamentos, etc.)
Artigo 11:Cromometraxe. En tódalas categorías excepto Pitufos e Biberón o
cronometraxe realízase mediante chip, que cada atleta deberá levar colocado
correctamente. O chip é intransferible, e calquera irregularidade relacionada co
mesmo así como o non ser detectado nos puntos intermedios de control e
cronometraxe se os houbera, ou a participación sen chip implica a exclusión
inmediata da proba por parte do Control Técnico ou da Organización.
Artigo 12: Control Técnico das carreiras. O control técnico das carreiras é
realizado polo comité galego de xuíces da FGA, sendo O xuíz árbitro a máxima
autoridade técnica da proba, o cal supervisará o desenvolvemento desta así como
os resultados finais. Así as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz
árbitro, non mais tarde de 30 minutos da comunicación oficial dos resultados.
Artigo 13: Servizos Médicos. Os médicos da proba e o persoal auxiliar sanitario,
en coordinación co control técnico de carreira poderán descalificar a aquel
participante que ó seu xuizo manifeste incapacidade para continuar a proba con
seguridade.
Artigo 14: Circuito. No circuito o tráfico estará totalmente pechado ás persoas
alleas á proba nos seguintes termos: dende trinta minutos previos, e durante a
celebración da mesma tendo os deportistas o uso exclusivo da vía entre o
vehículo de apertura e o de peche, e só os vehículos autorizados poderán seguir
a proba. Esta prohibición de vehículos comprende tamén bicicletas, carriños ou
outros medios de desprazamento como patíns, etc.
As carreiras realízanse pola calzada de tráfico rodado sen invadir as aceras
reservadas para peóns, con excepción dos espazos peonís que se inclúen no
circuito. A non observancia desta norma, así como recortar sobre o trazado oficial
poderá supoñer a descalificación na proba.
Artigo 14.1: Circuito 10 K para categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster.
Homologado con distanza de 10 KM(dúas voltas), segundo a seguinte folla de ruta:
Saída da rúa Gran Vía e meta na rúa Colón pasando en dúas voltas por Gran Vía,
Vázquez de Parga, Ánxel Fole, Enrique Sánchez, Ponte da Pedra, Perú, Luis Calvo,
Castelao, Alexandre Bóveda, Avda. de Fisterra, Río Anllóns, Río Sil, Río Lérez, Río
Miño,Río Anllóns, Fomento, Camiño Novo, Vázquez de Parga, Valle Inclán, Colón e
Desiderio Varela con iclusión de punto de avituallamento a altura aproximada do
KM 5,2 na rúa Gran Vía.
Artigo 14.2: Circuito para categorías Sub 18 e Sub 16. Saída e meta na rúa Colón.
Percorrerán unha distanza aproximada de 3 KM completando 3 voltas ó seguinte
circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán,
Colón.
Artigo 14.4: Circuito para categorías Sub 14 e Sub 12. Saída . Saída e meta na
rúa Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 2 KM en 2 voltas ó seguinte
circuito: Colón, Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Doutor Fleming, Valle Inclán, Colón.
Artigo 14.5: Circuito para categorías Sub 10. Saída na rúa Colón e meta na rúa
Colón. Percorrerán unha distanza aproximada de 950 metros en 2 voltas ó
seguinte circuito:, Colón,Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Cervantes.
Artigo 14.6: Circuitos Pitufos e Biberóns. Saídas e metas nas rúas Valle Inclán e
Colón.
Artigo 14.7: Así mesmo establecerase unha zona de quencementos que
comprende as seguintes rúas dende 20 minutos previos ó inicio da primeira proba,
considerándose tódolos deportistas que incumpran esa delimitación horaria ou
espacial usuarios normais da vía (Colón, Cervantes, Desiderio Varela, Gran Vía
dende Desiderio Varela ate Doutor Fleming, Doutor Fleming, Valle Inclán).
Artigo 15: Clasificacións.Establécense as seguintes clasificacións:
Clasificación Xeral Absoluta, masculina e feminina.
Clasificación por Categorías Masculina e Feminina
Clasificación Carballeses.
Clasificación Equipos: Deberán estar compostos por un mínimo de 5
participantes, non existindo límite máximo de compoñentes, clasificando só os cinco
mellores postos. Os equipos deben contar con participantes femininas e masculinos
en proporción libre. A clasificación obterase da suma dos postos acadados, tendo en
conta sempre a primeira clasificada feminina, e logo consecutivamente os mellores
clasificados por posto atendendo independentemente á categoría feminina ou
masculina (Así e como exemplo: chegada a meta de 1º posto masc., 6º posto
masc,2ª posto feminina, 34º posto masculino, 8º posto feminino e 42º posto
masculino; computarían por esta orde 2 puntos feminino, 1 punto masculino, 6
puntos masculino, 8 puntos feminino e 34 puntos masculino. Será equipo gañador o
que sume menos puntos.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son
desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada
dun depósito de 60 euros ao Xurado de Apelación.
Artigo 16: Premios e Trofeos. Entreganse trofeos ó 1º, 2º, 3º clasificados
masculino e feminino de cada unha das categorías no 10K así como nas categorías
Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10.
As categorías "Sub 20, Sub 23 e Sénior" contemplaranse como única en canto ós
trofeos.
Tamén se premiará ós seguintes participantes:1ºcarballés masculino; 1º carballes
feminino; Atleta de maior idade; Récord da proba; 1º Equipo clasificado.
Premio á entidade con maior participación: Premiarase a entidade legalmente
constituida (club, asociación, ximansio, empresa, etc.) co maior número de
participantes no evento.
Artigo 17: Horario de entrega de Trofeos.
Os deportistas deberán presentarse na meta para a entrega de trofeos nos
seguintes horarios:
Categorías Absolutas Sub 20, Sub 23, Senior e Máster: 11:45 horas.
Categorías Menores Sub 18, Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10: 12:45 horas .
Artigo 18: Conductas antiregulamentarias. Cosidéranse antiregulamentarias,
ca oportuna sanción que decida o organizador e a FGA, incluída a descalificación da
carreira as seguintes:
Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito
durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor.
Non pasar polos controis de carreira establecidos.
Non realizar o percorrido de carreira completo.
Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces/zas.
Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da
proba.
Pretender participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra do
espírito deportivo.
Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non sexa
motivo de expulsión do circuíto.
Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da carreira poida
ser considerada como conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
Artigo 19:Servizos complementarios. Está prevista a prestación dos seguintes
servizos complementarios:
Punto de avituallamento durante o percorrido e na liña de meta.
O servizo de duchas ó remate da carreira está na Pabellón Municipal Vila de Noia
(6888+WF Carballo).
Obsequio de camiseta do evento.
Servizos de fisioterapia, condicionado á súa confirmación previa.
Artigo 20: Suspensión da proba. A organización poderá decidir a suspensión da
proba con carácter previo ou durante a celebración da mesma por calquera causa
que afecte á seguridade na celebración da mesma (alertas por temporal, causas
que afecten á capacidade de organización eficaz, etc.), non xenerándose dereito
algún hacia os inscritos, excepto a devolución das cuotas de inscrición satisfeitas só
no caso de non chegar a iniciarse a proba.
Artigo 21: Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas do
"VII Circuito de Carreiras Populares Deputación da Coruña" e polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Disposición final: A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no
presente regulamento se así o considerase, e deberao comunicar nas web da fga e
plataforma de inscrición e na información ás persoas participantes.