Calendario
Ver carrera

Santiago

17/05/2019 10:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción VI CARREIRA CAMIÑO DAS LETRAS
Xurdir, coa colaboración da Consellería de Cultura, Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Políticas Culturais, organiza o venres 17 de maio de 2019 a VI edición da Carreira
Camiño das Letras, con 2 probas absolutas: unha dende o Pico Sacro, seguindo a Ruta
da Prata, ata a Cidade da Cultura; e outra de 5 km con circuíto íntegro pola Cidade da
Cultura de Santiago.
A maiores faranse probas para as categorías de menores na Cidade da Cultura de
Santiago. Esta proba que quere unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día
das Letras Galegas e co simbolismo do Camiño de Santiago, réxese polo seguinte
REGULAMENTO
1. Data, distancias e horarios
A VI Carreira Camiño das Letras terá lugar o venres 17 de maio de 2019 e constará
de dúas probas absolutas e doutras para as categorías de menores.
PROBA ABSOLUTA DE 15 KM
Esta proba absoluta (das categorías júnior/promesa, sénior e veteranos) sairá ás 10.00
horas dende as proximidades do Pico Sacro, e seguirá un circuíto de 15 km ao longo
da Ruta da Prata ou Camiño do Sueste, ata a Cidade da Cultura.
Nela, poderán participar atletas federados e non federados, pero haberá unha soa
clasificación conxunta. Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos
antes da hora prevista pola organización para o comezo da carreira. O peche de control
da proba realizarase ás 11.40 horas e, unha vez pasada esta hora, o participante que
siga na carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición. Os únicos vehículos
que poderán seguir a proba serán os designados pola organización.
PROBA ABSOLUTA DE 5 KM
Esta proba absoluta (categorías de sub 18 a máster) sairá ás 10.05 horas dende a
Cidade da Cultura (zona de meta da proba de 15 km), e consistirá en 2 voltas a un
percorrido de 2,5 km polas proximidades da Cidade da Cultura de Santiago e polo
Bosque de Galicia.
Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados, pero haberá unha
soa clasificación conxunta. Os participantes deberán situarse na liña de saída 10
minutos antes da hora prevista pola organización para a saída da carreira.
PROBAS DE MENORES
As probas das categorías “escolares” (de sub 6 a sub 18) realizaranse a partir das
12:00 horas por un circuíto na Cidade da Cultura, coas seguintes distancias e intervalos
de tempo:
12:00 h – Sub 14 – Sub 16 H/M 2,5 km aprox.
12:20 h – Sub 10 – Sub 12 H/M 1,5 km aprox.
11:45 h – Sub 8 H/M 500 m aprox.
12:00 h – Sub 6 H/M 300 m aprox.
Os horarios das saídas poderanse modificar, a criterio da organización e do xuíz árbitro
da proba, en función do número de participantes de cada categoría. As categorías sub
6 e sub 8 non son categorías federadas.
2. Control técnico da proba
A carreira estará contro
4. INSCRICIÓNS:
a) Realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com :
As inscricións estarán abertas ata o luns 13 de maio ás 23.59 horas. Non se
aceptarán inscricións fóra do prazo establecido.
Ojo morado Os prezos de inscrición serán os seguintes:
PROBA CATEGORIAS PREZO
Probas de menores De Sub 6 a Sub 16 GRATUÍTO ata o 13/05
Proba absoluta
15 km De Sub 20 / Sub 23 a Máster Do 08/04 ao 08/05 -> 8 €
Do 09/05 ao 13/05 -> 10 €
Proba absoluta
5 km De Sub 18 a Máster Do 08/04 ao 08/05 -> 5 €
Do 09/05 ao 13/05 -> 7 €
5. Entrega de dorsais
A entrega dos dorsais realizarase en Área Central, na Esquina Vermella (entrada dos
taxis, 100 m á man esquerda) , nos seguintes días e horarios:
• Mércores, 15 de maio, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
• Xoves, 16 de maio, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas
De xeito excepcional, permitirase a recollida dos dorsais na secretaría da competición
situada na Cidade da Cultura, entre as 8.30 e as 9.00 horas, para a proba absoluta de
15 km e ata 30’ minutos antes da proba de 5 km.
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal para a proba de adultos
e manualmente para as probas de menores.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do
corpo de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a
proba. O incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.
6. Premios e agasallos
Todos os participantes que finalicen a proba de adultos e de menores recibirán como
agasallo da organización un libro e mais o diploma Camiño das Letras, para unir a
conmemoración do Día das Letras Galegas co simbolismo dos Camiños de Santiago.
Todos os rapaces recibirán unha medalla conmemorativa da carreira.
A entrega de premios aos gañadores realizarase progresivamente segundo vaian
rematando as probas, na zona de meta da Cidade da Cultura. Os premios non serán
acumulativos.
Recibirán premio:
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta 15 km recibirán un trofeo
deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta 5 km recibirán un trofeo
deseñado especialmente para a proba e un lote de libros.
- Os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente
regulamento para cada proba (de sub 6 a máster) recibirán un lote de libros.
- O centro escolar e o club federado que máis alumnos/atletas rematen a proba
recibirán un trofeo e un lote de libros.
7. Avituallamentos
PROBA DE 15 KM:
Estableceranse 2 puntos de avituallamento nos quilómetros 7,3 e 11,7 da carreira, onde
se abastecerá de bebida aos atletas. Na liña de meta, facilitarase a hidratación dos
participantes coa entrega de auga zumes e froita.
PROBAS DE MENORES E DE 5 KM:
Establecerase un punto de avituallamento na liña de meta.
8. Servizos médicos
A proba disporá dos servizos médicos regulamentarios, así como de ambulancia,
ademais dun fisioterapeuta para urxencias musculares.
9. Outros servizos
A organización porá á disposición dos participantes un servizo de gardarroupa na zona
de saída que trasladará á zona de meta a roupa deportiva depositada nel, un servizo de
duchas no Pavillón do CEIP das Fontiñas e autobuses para facilitar o traslado dos atletas
desde o punto de meta á zona de saída.
SERVIZO DE AUTOBUSES PARA A PROBA DE 15 KM
OS AUTOBUSES PARTIRÁN DENDE A CIDADE DA CULTURA CUNHA
FRECUENCIA DE 20 MINUTOS A PARTIR DAS 8:30 HORAS EN DIRECCIÓN Á
ZONA DE SAÍDA. A DERRADEIRA SAÍDA SERÁ ÁS 9:15 HORAS
10. Reclamacións
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
situado na zona de meta, non máis tarde de 30 minutos despois de que se publiquen os
resultados oficiais.
11. Responsabilidade
O participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba
e exime a organización desta responsabilidade.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá
as incidencias inherentes á proba.
12. LOPD
Todos os corredores, incluídos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan a
publicación do seu nome e da súa imaxe nas clasificacións, nos medios de
comunicación e en internet.
CONSIDERACIÓN DERRADEIRA
Todo o que non se reflicta neste regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA,
RFEA e IAAF, por esta orde.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante
a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a
esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e responsabilidade civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de
probas de ruta. En todo caso e tal e como establece a ley de Protección de Datos, o interesado
pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow
13, 15008, A Coruña.
Todo participante, polo xeito de inscribirse, permite que as imaxes, vídeos e entrevistas
realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.

[ Go Back ]