Calendario
Info da proba

Ferrol

13/01/2019 11:00 - 12:30
Regulamento XXXVI CARREIRA POPULAR SAN XIAO
A XXXVI CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do
Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da Federación Galega de
Atletismo, terá lugar o domingo 13 de xaneiro de 2019 a partir das 11.00 h da mañá. A proba
está suxeita ás seguintes normas:
1. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3. A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo
de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a
infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das
forzas de seguridade e os de apoio a organización, que irán debidamente identificados.
5. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada quilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de control (unha
hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá
subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non
entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso
de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e
considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D.
1428/2003).
9. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil.
De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos participantes que, con
anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que
realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
10.CATEGORÍAS:
10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS:
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
• Sub 20: Nacidos/as no 2000 e 2001
• Sub 23: Nacidos/as no 1997, 1998 e 1999
• Sénior: Nacidos/as en 1996 ata 1984
• Máster A: Nacidos/as en 1983 ata 1978
• Máster B: Nacidos/as en 1977 ata 1969
• Máster C: Nacidos/as en 1968 ata 1959
• Máster D: Nacidos/as en 1958 e anteriores
• Cadeira de rodas*
• Handbike*
• Invidentes*
* Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol.
Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 19 de decembro ata as 22.00 h
do día 9 de xaneiro a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ou ata o fin de dorsais.
Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 1.000 dorsais par as categorías
absolutas) e 500 dorsais para categorías de menores.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado 12 (de 9.30 a 13.30 e de
16:30 as 20:30 horas ) no Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 13 de xaneiro,
dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa
ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que deleguen.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da
inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da discapacidade recoñecida.
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE
As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran deseñadas
para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan durante
a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras enriba
indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas
ou aros de impulsión suporía a descualificación.
DISCAPACIDADE VISUAL
Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto
de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta con discapacidade visual non ten
guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por
detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía
que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen suxeición. Non se permitirá
soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura
deberá deixar un espazo de polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o
corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A
infracción suporá a descualificación.
Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá
haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
• Sub 18: Nados/as no 2002 / 2003
• Sub 16: Nados/as no 2004 / 2005
• Sub 14: Nados/as no 2006 / 2007
• Sub 12: Nados/as no 2008 / 2009
• Sub 10: Nados/as no 2010 / 2011
• Sub 8: Nados/as no 2012 / 2013
• Benxamín Nados/as nos anos 2009 e 2010
• Alevín Nados/as nos anos 2007 e 2008
• Infantil Nados/as nos anos 2005 e 2006
• Cadete Nados/as nos anos 2003 e 2004
As distancias para percorrer por categoría serán as seguintes:
Horario Categorías Distancia
10:10 Sub 14 e – Sub 12 1000 mts
10:25 Sub 10 800 mts
10:40 Sub 8 200 mts
11:10 Sub 18 e – Sub 16 2000 mts
11.- Premios. A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de
cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega de trofeos realizarase ao finalizar a
carreira. Estimase sobre ás 12:30 h.
12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán
reclamacións.
13.- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos
danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes nesta proba ou que estas
ocasionen a outras persoas.
14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a
carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de decidir sobre calquera
circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De igual maneira, mediante a inscrición
o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización
para comunicacións respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as
persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello
de Ferrol, praza de Armas s/n, 15402 Ferrol, .
16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións
reflectidas neste regulamento.
17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón Municipal de Esteiro.