Calendario
Info da proba

Ourense San Silvestre

31/12/2018 16:00 - 17:30
Regulamento REGULAMENTO SAN SILVESTRE OURENSÁ 2018
ARTIGO 1. Organización
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre Ourensá que
se celebrará polas rúas da cidade o luns 31 de decembro de 2018.
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo
e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo
– Delegación en Ourense e por procedementos automatizados.
ARTIGO 2. Participantes
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación
conxunta.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas normas
recollidas na Circular RFEA 178/2018.
ARTIGO 3. Categorías
Establécense as seguintes categorías:
• Pitufos. Nados/as no ano 2012 e posteriores.
• Sub10. Nados/as nos anos 2010 e 2011.
• Sub12. Nados/as nos anos 2008 e 2009.
• Sub14. Nados/as nos anos 2006 e 2007.
• Sub16. Nados/as nos anos 2004 e 2005.
• Sub18. Nados/as nos anos 2002 e 2003.
• Sub20. Nados/as nos anos 2000 e 2001.
• Sub23. Nados/as nos anos 1997, 1998 e 1999.
• Senior. Nados/as nos anos 1996 e anteriores ata Máster.
• Máster A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65 anos.
• Absoluta.
ARTIGO 4. Horario
ARTIGO 5. Percorrido
A saída e meta estará sita no Xardín do Posío.
Percorrido: Xardín do Posío - Rúa Padre Feijoo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa Barreira - Rúa Burgas
- Rúa Desengano - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carbajal - Rúa do Paseo - Rúa Concordia - Rúa
Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos Fornos - Rúa Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa
Prieto Nespereira - Rúa Lugo - Xardín do Posío.
A organización poderá modificar este percorrido, total ou parcialmente, por razóns de seguridade.
ARTIGO 6. Incricións
As inscricións estarán abertas do 3 de decembro ata o 26 de decembro de 2018 ás 20:30 h.
As inscricións realizaranse unicamente a través da web www.carreirasgalegas.com.
Para as categorías Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 a inscrición será gratuíta.
Para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Sénior e Máster a cota de inscrición será de 5€ do 1 ao 20
de decembro de 2018 e de 7€ desde o 21 ao 26 de decembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición
non se devolverá o seu importe.
ARTIGO 7. Retirada de dorsais e chips
A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 29 e domingo 30 de decembro de 2018 en horario
de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30 no establecemento de TURINI sito na Rúa Cardenal Quevedo,
19 – Baixo, C.P. 32004, Ourense.
NON se entregarán dorsais o día da carreira.
ARTIGO 8. Premios
Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16 recibirán unha
medalla ao rematar a súa proba.
Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un trofeo.
ARTIGO 9. Descualificacións
Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito
ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA
referente a probas en ruta, será descualificado.
Na proba absoluta, a organización establece un peche de control 45 minutos despois da saída.
ARTIGO 10. Asistencia
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
Non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
Non está permitida a participación con dispositivos reprodutores de música con auriculares.
ARTIGO 11. Reclamacións
As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición
non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ARTIGO 12. Asistencia médica e seguros
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde unha
hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.
Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento
da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e
adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo/a participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección
de Datos.
ARTIGO 13. Aceptación do regulamento
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase
de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade
Civil así como a xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e
tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito á Federación Galega de Atletismo.
Avenida. de Glasgow, 13, C.P. 15008, A Coruña ou correo electrónico a federacion@atletismo.gal.