Calendario
Ver carrera

Castro de Rei

13/01/2019 10:45 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción II CARREIRA POPULAR CONCELLO CASTRO DE REI

REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Castro de Rei organiza a II Carreira Popular Concello Castro de Rei. A
proba organizarase o vindeiro Domingo 13 de Xaneiro, con saída na Casa do Concello e
discorrerá por vias da Deputación de Lugo, a meta será no núcleo poboacional de Castro
Riberas de Lea.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a todolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a sua responsabilidade e dispón de unha condición
física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: (adxúntase plano do
percorrido)
O circuito será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola
organización. o recorrido estará controlado por vehículos da organización. O percorrido estará
sinalizado en cada punto kilométrico.
A saída da proba será no núcleo de Castro de Rei, dende a casa do Concello, e a meta
no núcleo de Castro Riberas de Lea. A organización poñerá a disposición dos participantes
na proba un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á
saída.
O servicio de autobuses comezará ás 09.50, sendo o último servizo ás 10.20
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2013 e posteriores) 12.30 h 150m
PROMOCIÓN (2010-2012) 12.35 h 400m
SUB 12 (2008-2009) 12.40 h 2000m
SUB 14 (2006-2007) 12.40 h 2000m
SUB 16 (2004-2005) 12.40 h 2000m
SUB 18-20 (2000-2003) 12.40 h 2000m
SUB 23 (1997-1999) 10.45 h 16000m
SENIOR (1984-1996) 10.45 h 16000m
MÁSTER A (1979-1983) 10.45 h 16000m
MÁSTER B (1974-1978) 10.45 h 16000m
MÁSTER C (1969-1973) 10.45 h 16000m
MÁSTER D (1959-1968) 10.45 h 16000m
MÁSTER E (1958 e anteriores) 10.45 h 16000m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 100’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de
Atletismo. (poremos o enlace da páxina web de inscripción).
• A inscrición pecharase o xoves 10 de xaneiro ás 23:59 horas.
• Non se admitirán inscricións o dia da proba.
• A inscripción na proba é persoal e intransferible
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación
se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do reglamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descalificar a calquera atleta que incumpla o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexirase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
Artigo 6: Inscrición:
A inscripción farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo.
(poremos o enlace da páxina web de inscripción)
Os dereitos de inscrición na carreira de menores serán GRATUÍTOS. Na carreira absoluta
terá un custo de 3€ por participante ata o día 31 de decembro; dende o 01 de xaneiro ata
o 10 de xaneiro 5€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsáis retiraranse o día da proba na zona habilitada pola organización (indicar zona), ata
45’ antes da saída de cada proba.
Artigo 8: Premios:
• Trofeo os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• Trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoria tanto masculinos como
femininos.
• Na categoría de PITUFOS daráse medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos
para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN daráse medalla a todos os participantes, así como
trofeo ós tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• A entrega de premios será na zona de meta, no caso que a climatoloxía o impida
farase no pavillón municipal e comezará, aproximadamente, ás 13.00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Roupeiro, os participantes poderán deixar na saída a roupa nunha bolsa cunha
identificación, e un vehículo a transportará ata a liña de meta.
4. Servizo de autobuses. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba
un servicio de autobuses para trasladar os deportistas dende a zona de meta á saída.
O servicio de autobuses comezará ás 09.50h, sendo o último servizo ás 10.20h.
Prégase a todos os participantes que non esperen ao último servizo posto que poderán
ir abrigados e despois deixar a roupa no servizo de roupeiro.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas no pavillón municipal, a escasos 300m da liña de meta.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no km 5, 9 e 12 para a carreira de adultos.
9. Zona de lecer para os nenos, delimitada, con monitores e hinchables, para que os pais
podan desfrutar da súa carreira.
10. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e
ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Organiza: Concello de Castro de Rei
Colaboran: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).

[ Go Back ]