Calendario
Info da proba

Á Rúa

23/12/2018 11:00 - 12:30
Regulamento Concello de A Rúa en colaboración coa Delegación da F.G.A en
Valdeorras organizan a VIIª CARREIRA E ANDAINA POPULAR DO NADAL, que se desenrolará o vindeiro
23 de DECEMBRO do 2018, en A Rúa de Valdeorras.
PROBA OFICIAL DA F.G.A, proba con distancia non homologada.
O circuíto consta de unha volta de 8.000 m. para a carreira e 9.000 m para a andaina, totalmente chairo.
SAIDA e META estará situada na Praza da Estación do Concello de A Rúa (VER ANEXO)
1º.- As inscricións para a carreira e andaina se realizará a través a web de
( http://www.carreirasgalegas.com/ ) ata as 23.59 h. do 20 de decembro
2º.- Formas de inscricións e prezos:
3º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16, faranse ata 30 minutos antes do
inicio das probas, sendo esta inscrición gratuíta.
As carreiras de menores pertencen a fase previa do programa XOGADE do campo a través da zona de
Valdeorras.
4º.- A retirada de dorsais realizarase na secretaría habilitada para tal fin, na estación de autobuses de A Rúa,
de 09.30 h. a 10.30 h.
Agradecese a inscrición con antelación.
No momento da retirada do dorsal da carreira absoluta os participantes
e acompañantes poderán facer entrega dun 1kg. SOLIDARIO,
DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA SER DOADOS
Carreira Absoluta
(populares e federados)
7 € con bolsa do corredor
hasta fin de existencias
Ata o 20 de decembro Concello de A Rúa
Tendas Trisport en A Rúa ,O Barco.
O mesmo dia da proba ata unha hora antes da saída.
Andaina 7 € con bolsa do corredor
hasta fin de existencias.
0 € dende o 2004 en
adiante
Ata o 20 de decembro Concello de A Rúa
Tendas Trisport en A Rúa ,O Barco.
O mesmo dia da proba ata unha hora antes da saída
VIIª CARREIRA E ANDAINA POPULAR DO NADAL
1KG. SOLIDARIO
A RÚA DE VALDEORRAS
CIRCUÍTO:
INSCRICIÓNS:
1KG.
SOLIDARIO
COLABORA!
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descalificados.
3º.- As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao
xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os
resultados.
4º.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais,
competir co dorsal ou chip/s de outra/s persoa/s.
5º.1.- Os atletas con licenza federativa tendrán que atérense o regulamento de
Disciplina Deportiva en vigor.
5º.2.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente regulamento.
5º.3.- Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial do seu club.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización,
estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes
do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado
físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a
cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que
descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña
REGULAMENTO:
Trofeos para a Carreira:
- Trofeo os 3 primeiros clasificados da Carreira Popular masculina e feminina.
- Os primeiros clasificados recibiran un regalo doado por FISIOVAL.
- Trofeo para o primeiro, segundo e o terceiro clasificado nas seguintes categorías:
SUB-23/SENIOR a MASTERS, masculino e feminino.
- Trofeo para o primeiro atleta local masculino e feminino.
- Trofeo para o primeiro das categorías SUB-18 e SUB-16 e medallas os segundos e
terceiros masculino e feminino.
- Nas carreiras de SUB-14, SUB-12, SUB-10 e Prebenxamíns entregaranse medallas para
tódolos participantes ata chegar os 20 primeiros de cada categoría.
Trofeos para a Andaina:
- Trofeo o andarín mais xove e o mais maior independentemente do sexo.
- Trofeo o grupo ou familia mais numeroso.
- Os trofeos non serán acumulativos.
11.00H ANDAINA POPULAR 9.000 M
11.30H CARREIRA POPULAR 8.000 M
SUB-18 / SUB-20 MASC. e FEM 2000 2001 e 2002 E 2003
SUB-23 E SENIOR MASC. e FEM Dende o 1999 ata 34 anos
MASTERS MASC.“A” e FEM.“A” 35 A 44 ANOS
MASTERS MASC.“B” e FEM.“B” 45 A 54 ANOS
MASTERS MASC. “C” e FEM.“C” 55 A 64 ANOS
MASTERS MASC. “D” e FEM “D” 65 A 74 ANOS
MASTERS MASC. ”E” e FEM “E” + DE 75 ANOS
11.40H SUB-16 MASC. e FEM. 2004 E 2005 2.000 M
12.30H SUB-14 MASC. e FEM. 2007e 2006 1.000 M
12.40H SUB-12 MASC. e FEM. 2009 e 2008 500 M
12.50H SUB-10 MASC. e FEM. 2011 e 2010 300 M
13.00H PREBENXAMÍNS MASC.e FEM. 2012 en adiante 150 M
13.15H ENTREGA DE TROFEOS