Calendario
Info da proba

# GMTA 1: IX Trail Río da Fraga (Moaña)

20/01/2019 9:30 - 12:30
Regulamento # GMTA 1: VII Trail Río da Fraga



Distancias:

* Trail 21 Km 900 D+
* Mini Trail 15,5 Km 500 D+
* Canitrail 6,5 Km 190 D+

Localización e horario:

Secretariado:

* Sábado 19: tenda de deportes Boyer Triathlon Vigo de 10:30 a 13:30 horas ( Calle Manuel de Castro, 12, 36210 Vigo, Pontevedra)
* Domingo 20: zona de partida, chegada e duchas (Pavillón de Reibón) de 8:00 a 9:00 horas

Saídas:

* Trail e Mini Trail: ás 9:30 horas da mañá por mor da tabla de mareas prevista para ese día.
* Canitrail: 9:45 horas.

Inscricións:

* Apertura ----------------- 20 / 12 / 2018
* Cambio de prezo --------- 9 / 1 / 2019
* Peche inscricións: ------- 16 / 1 / 2019

Prezos:

PROBA ----- De 20 / 12 / 2018 a 9 / 1 / 2019 ---------------- De 10 / 1 / 2019 a 16 / 1 / 2019
Trail ------------------------ 20,00 € ------------------------------------------------- 25,00 €
Mini Trail ------------------- 15,00 € ------------------------------------------------- 20,00 €
Canitrail -------------------- 7,00 € ------------------------------------------------ 10,00 €

Trátase dunha das poucas probas que leva organizando GMTA dende o seu primeiro ano, xunto co Galiñeiro e o Courel... que son as únicas que seguiremos organizando este ano 2019. Como o inverno e o barro son fundamentais nesta proba, volvemos ao mes de xaneiro despois dunha proba o ano pasado noutra temporada.

Proba atractiva para os recén incorporados ao mundo do trail polo seu perfil sinxelo, unha distancia asequible e un percorrido cheo de auga e ríos que atravesar, que o fan moi divertido.

Como xa é tradicional, a auga será un dos principais alicientes desta proba xa que antes do segundo km xa estaredes todos ben empapados ata a cintura. Despois de cruzar o Barranco do Faro e o Río da Fraga 4 ou 5 veces xa tanto vos dará un carreiro mollado.

Se o que vos gusta é fatarvos a rír e chegar lixados a meta esta é a vosa proba raíña.

O percorrido deste ano non terá mutacións substanciais en relación do que tivo o último ano, sobre todo porque as obras na Autovía do Morrazo continúan cortando parte do percorrido do Sendeiro da Fraga.