Calendario
Ver carrera

Vedra

12/01/2019 18:30 - 20:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
IV CARREIRA NOCTURNA SOLIDARIA
XIV CARREIRA POPULAR DE VEDRA
II ANDAINA SOLIDARIA
Pavillón Municipal de Vedra
Sábado 12 de xaneiro de 2019
1. Organización: o Concello de Vedra é o organizador da IV Carreira Nocturna Solidaria -
XIV Popular de Vedra e da II Andaina Solidaria que se celebrará o sábado 12 de xaneiro de
2019 a partir das 18:30 horas (a saída da andaina será a continuación da carreira absoluta e
as carreiras menores disputaranse a partir das 19:30 horas), con saída e chegada no Pavillón
Municipal de Vedra.
2. Participación e inscrición: poderán participar todas as persoas que formalizaran a
inscrición a través da páxina vedrasolidario.galitiming.com, non se admitirán inscricións fora
de prazo. O prazo remata ás 23:59 h. do mércores 9 de xaneiro de 2019.
3. Categorías e distancias: existen as seguintes opcións de participación:
3.a Carreiras:
CARREIRA ABSOLUTA E XUVENIL: 6500 metros, que comprende as seguintes categorías
masculinas e femininas:
MASTER C, de 55 en diante
MASTER B, de 45 a 54 anos
MASTER A, de 35 a 44 anos
SENIOR, nadas/os de 1996 ate Máster
PROMESA (SUB 23), nadas/os en 1999,1998 e 1997
JUNIOR (SUB 20), nados/as en 2001 e 2000
XUVENIL (SUB 18), nados/as en 2003 e 2002
CARREIRA CADETE- INFANTIL: 1800 metros, que comprende as seguintes categorías
masculinas e femininas:
CADETE (SUB 16), nados/as en 2005 e 2004
INFANTIL (SUB 14), nados/as en 2007 e 2006
CARREIRA ALEVIN- BENXAMIN: 1000 metros, que comprende as seguintes categorías
masculinas e femininas:
ALEVÍN (SUB 12), nados en 2009 e 2008
BENXAMÍN (SUB 10), nados en 2011 e 2010
CARREIRA PREBENXAMIN: 200 metros, que comprende as seguintes categorías masculinas
e femininas:
PREBENXAMÍN (SUB 8), nados/as en 2012 e posteriores
3.b Andaina: 5000 metros. Poderán participar todas as persoas que o desexen, non haberá
clasificacións nin tempos finais.
4. Retirada de dorsais: todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, que irá
situado no peito e ten que ser visible durante o desenvolvemento da proba.
Para a recollida de dorsal na carreiras absoluta e xuvenil será preciso facer un donativo de
2,00€ que será destinado a fins sociais no concello de Vedra. Haberá un trofeo para as tres
primeiras persoas clasificadas de cada categoría desta carreira.
Para a recollida do dorsal nas categorías inferiores e na andaina é necesario traer polo
menos 1 kg. de alimentos non perecedoiros (recoméndase aceite, conservas, produtos de
hixiene e de limpeza) e/ou facer un donativo de 2,00€. Todos os alimentos recollidos serán
entregados ao banco de alimentos do concello.
Habilitarase un dorsal nº 0 para os que queiran participar na doazón sen tomar parte da
proba.
5. Premios:
Non haberá premios económicos. Na carreira absoluta e xuvenil outorgaranse
trofeos/medallas as tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría.
Nas carreiras menores haberá agasallo conmemorativo para as persoas inscritas.
A entrega de trofeos será as 20:00 horas. Tódolos premiados deberán estar presentes na
entrega de trofeos, en caso contrario perderán o dereito ao mesmo.
6. Servizos médicos:
A organización disporá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do
comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera persoa participante que manifestase un mal
estado físico durante o desenvolvemento desta.
7. Seguro:
Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis e da normativa da competición. Tamén quedan
excluídos os casos producidos durante o desprazamento ao lugar da competición ou dende
este.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico, eximo á Organización, Sponsors e demais
organizadores de toda responsabilidade que se poida derivar da miña participación no
evento.
8. Protección de datos:
Durante o proceso de inscrición as persoas participantes deberán marcar no formulario de
inscrición en liña se autorizan á Organización a publicar o seu nome e imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e redes sociais.
O descoñecemento deste Regulamento non exime do seu cumprimento.

[ Go Back ]