Calendario
Info da proba

Salceda

28/12/2018 21:30 - 22:15
Regulamento REGULAMENTO “VIII CARREIRA SOLIDARIA
SAN SILVESTRE”
[u]
"TODA A INFORMACIÓN DA PROBA EN http://www.deportesalceda.gal "

A VIII edición da carreira solidaria San Silvestre, organizada polo Concello de Salceda de Caselas, celebrarase o venres día 28 de Decembro de 2018.

Carreira con póliza de responsabilidade civil número 36260062, e seguro de accidentes colectivos número --------para tódolos/as participantes debidamente inscritos na proba.

Regulamento xeral
1.- A saída da Carreira para tódalas categorías darase na Praza do Concello ás 21:30 horas, quedando a liña de meta situada na praza do Concello.

2.- O percorrido será polo casco urbán, cunha distantcia de 3.000 metros.

3.- O prazo de inscrición finalizará o Mércores día 26 de Decembro as 24:00 h, e as inscricións realizaranse a través da páxina web (http://www.deportesalceda.gal/san-silvestre-2018), facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.

4.- A recollida de dorsais será o venres día 28 de Decembro de 19:00 a 21:00 horas na Casa do Concello.

5.- Premios: Trofeo para o/a primeiro/a clasificado/a.
-Agasallo a persoa de máis idade e o neno/a de menor idade.
-Sorteo dun agasallo entre tódolos dorsáis que estén presentes na entrega de premios.

6.- Dado o carácter deportivo é popular non se admitirán reclamacións. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellan (informando oportunamente,sendo as súas decisións, inapelables.

7.- Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na Carreira, aceptan o presente Regulamento, e da dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización. No caso de dúbida ou de surtir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña o Comité Organizador.

8.- Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá optar aos trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba. Calquer corredor con problemas médicos (alerxia, atencións especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.