Calendario
Info da proba

Vigo

10/02/2019 10:00 - 12:00
Regulamento
1– DATA E LUGAR:
Domingo 10 de febreiro no Calvario, Vigo.
A saída da carreira 5 Km, reservada para homes e mulleres nados/as en 2003 e anos
anteriores, será na Peonil do Calvario, diante do Mercado ás 10:00 h.
A saída da carreira absoluta,10 Km, será ás 11:00 h no mesmo lugar
Haberá tamén carreiras de promoción para menores que se desenvolverán a partir das
12:15 no mesmo lugar.
2– PERCORRIDOS :
A proba absoluta disputarase sobre un circuíto urbano de 1 volta para completar 5 km
ou dúas voltas para completar os 10 Km.
3– CATEGORÍAS:
CARREIRAS DE MENORES
CATEGORÍA MINI: nados no 2015 e anos posteriores.
CATEGORÍA A: nados entre 2012-2014.
CATEGORÍA B: nados entre 2008-2011.
CATEGORÍA C: nados entre 2004-2007.
HOMES MULLERES
D) Nados entre 2000 e o 2003 D) Nados entre 2000 e o 2003
E) Nados entre 1997 e 1999 E) Nados entre 1997 e 1999
F) Entre 35 e 39 anos F) Entre 35 e 39 anos
G) Entre 40 e 44 anos G) Entre 40 e 44 anos
H) Entre 45 e 49 anos H) Entre 45e 49 anos
I) Entre 50 e 54 anos I) Entre 50 e 54 anos
J) Entre 55 e 59 anos J) Entre 55 e 59 anos
K) Entre 60 e 64 anos K) Entre 60 e 64 anos
L) De 65 anos en adiante. L) De 65 anos en adiante.
4 – INSCRIPCIÓN:
Abrirase un período de inscrición que rematará o mércores 6 de febreiro. Dita
inscrición realizarase en www.championchipnorte.com
A cuota de inscrición para a carreira 5+5 Calvario é de 8€ + 1€ de aluguer de chip
para non propietarios. Prezo ata o luns 4 de febreiro. Os días 5 e 6, prezo 10€.
Elíxese a distancia 5k ou 10k no momento de inscrición (non permitindo modificala
posteriormente).
A cuota da carreira de menores é gratuita, estas carreiras nos serán cronometradas
por chip.
A inscrición da dereito a participar na proba, seguro de responsabilidade civil e de
accidentes así como facer uso de todos os servizos estabrecidos pola organización
para os participantes. Na carreira de 5+5 (absoluta) haberá camiseta técnica coa
imaxe do evento para todos os inscritos. So se garante talla ata o día 30 de
xaneiro. Todas as carreiras disporán de avituallamento líquido e sólido o finalizar, salvo
os inscritos
en 10 km que o terán tamén a metade de percorrido
A carreira absoluta será cronometrada por chip, o cal se deberá levar
obrigatoriamente colocado na zapatilla ou tobilleira. Os propietarios de chip
ChampionChip, deben particip
Non se admitirá a cancelación da inscrición nin se devolverá o custo da mesma por
motivos alleos a organización.
5 - PREMIOS:
Na carreira absoluta (10 km ) primeiro clasificado masculino e primeira Clasificada femenina.
Na carreira absoluta (10Km) para os tres primeiros homes e tres primeiras mulleres de cada categoría.
Na carreira de 5Km, primeiro clasificado masculino e primeira Femenina de cada categoría.
Medalla para todos os participantes en categoría infantil.
Premio ó club máis numeroso
Para optar a premio será necesario un mínimo de tres participantes na
Categoría.
6- ENTREGA DE DORSAIS.
O sábado día 9 no local da asociación (Martinez Garrido, 12) de 17:00 a 20:00.
O día da carreira no mercado do Calvario en horario de 8:30 a 9:30.
7 – SERVICIOS AO ATLETA
A organización disporá de servizo de gardarroupa (interior do mercado) para os
participantes así como de duchas e vestiarios (Máis que auga, Barreiro).
8 –NORMAS DE COMPETICIÓN:
Non estará permitido o acompañamiento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación neste.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os sus colaboradores non se fan responsables dos danos morais
ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba se reserva a facultade de decidir sobre calquer aspecto
ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.