Calendario
Info da proba

As Pontes San Silvestre

31/12/2018 17:30 - 18:30
Regulamento VIII SAN SILVESTRE PONTESA 2018
Data: LUNS 31/12/2018
Hora: 17:30
Lugar de Saída: Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María)
Distancia: Dende 50 a 5000 metros aproximadamente
Inscripcions: www.carreirasgalegas.com ata o 28 de Decembro as 23:59
Custo: 3 € para os participantes na carreira absoluta e os adultos da andaina.
Organiza: Club Atletismo Olympo - Matojoma Grupo Tú
Artigo 1. O Club Atletismo Olympo, organiza o vindeiro 31 de decembro de 2018 a VIII San Silvestre de
As Pontes, que se celebrará sobre unha distancia aproximada de 5 km en ruta. A proba estará baixo o
control técnico do Comité Galego de Xuízes da Federación Galega de Atletismo.
Trátase dunha proba eminentemente festiva, para disfrazarnos e divertirnos para despedilo ano e dar a
benvida ao 2019, polo que a organización agradece e premia que cada atleta saque o seu mellor disfraz
para participar na proba.
Artigo 2. Nesta proba poderán participar atletas federados e non federados. A Saída e Chegada farase na
Rúa Alexandre Bóveda (diante do Colexio Público Santa María), comezando pola categoría Absoluta e a
continuación as Categorías menores.
Artigo 3. A recollida de dorsais farase o mesmo día da proba ata 30 minutos antes da saída da
Carreira , no interior do Mercado Municipal.
Artigo 4. Haberá as seguintes categorías: Biberón, Prebenxamín, Benxamín (Sub 10), Alevín (Sub 12),
Infantil (Sub 14), Cadete (Sub 16), Xuvenil (Sub 18) e Categoría Absoluta
Artigo 5. Inscrición gratuíta,para as categorías inferiores, en www.carreirasgalegas.com ata o Venres 28
de decembro. (Nome e apelidos, data de nacemento, club e DNI) e 3 € para os participantes na carreira
absoluta e os adultos da andaina (nacidos dende o 2001)
Artigo 6. Haberá premio para os 3 primeiros/as de cada categoría excepto para os biberóns e
Prebenxamins, que haberá medalla para todos os chegados a meta.
Artigo 7. A saída realizarase na Rúa Alexandre Bóveda (Colexio Público Santa María), os atletas deberán
estar na zona de saída 5 minutos antes da súa carreira.
Artigo 8. Non se permitirá o acompañamento de ningún atleta por vehículos alleos á organización,
excepto na categoría de Biberóns, sendo este, motivo de descalificación. Cortaráse o trafico na totalidade
do percorrido da carreira.
Artigo 9. As inscripcións rematarán o día 28 de Decembro ás 23:59. Non se aceptarán inscripciónns o
mesmo día da carreira.
Artigo 10. A Organización establecerá os seguintes premios e obsequios:
● Premio ao mellor disfraz das categorías infantís individual
● Premio ao mellor disfraz da categoría individual Absoluta
● Avituallamento final para todos os participantes.
● Valorarase a imaxinación dos participantes.
● A Temática dos disfraces desta VIII Edición, serán os Superheroes e Superheroinas, podendo participar
de igual xeito calquer tipo de disfraz, pero sin ter opción á Premiación.
O Disfraz gañador, será escollido polo numero de Dorsal, polo que éste, deberá de ir nun lugar ben
visible.
Artigo 11. A Organización reservarase o dereito a solicitar o DNI ou documento acreditativo da
identidade e/ou idade do participante en caso de duda ou posterior reclamación que poda afectar á entrega
de premios da categoría afectada.
Artigo 12. Descalificacións. Calquer atleta poderá ser descalificado por non levar dorsal ou non levalo de
forma visible, e a todo o ancho na zona do peito; por mal estado físico do deportista ou participar co chip
ou dorsal doutro corredor; por participar con un dorsal non autorizado, entrar na meta sen dorsal ou non
levalo colocado correctamente; por non atender as indicacións da organización e/ou Xuíces e por
conductas antideportivas.
Artigo 13. Todos os participant
Artigo14. HORARIOS E DISTANCIAS (aproximadas); as carreiras comezarán ás 17:30 co seguinte
orde:
1. Categoría Absoluta, Xuvenís e Andaina............17:30
2. Biberóns e Prebenxamíns...................................18:00
3. Benxamíns e Alevíns..........................................18:10
4. Infantís e Cadetes...............................................18:25
Establecéndose as seguintes categorías:
● Biberóns: (nados entre o 2015 e 2018)
● Prebenxamín: (nados en 2012 e 2014)
● Benxamín (Sub 10): (nados en 2010-2011)
● Alevín (Sub 12): (nados en 2008-2009)
● Infantil (Sub 14): (nados en 2006-2007)
● Cadete (Sub 16): (nados en 2004-2005)
● Xuvenís (Sub 18): (nados en 2002 - 2003)
● Absoluta: (nados en 2001 e maiores)
● Andaina: (todas as categorías)
CIRCUITO A:
Biberóns e Prebenxamins (100 m)
CIRCUITO B (800m):
Benxamín e Alevín (1 Volta )
CIRCUITO C (1600m):
Infantil e Cadetes (1 Volta )
CIRCUITO D (2500m):
Xuvenís (1 Volta) Andaina (1 Volta) e Absoluta (2 Voltas)
OUTRAS DISPOSICIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización.
Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia
ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico.
Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación non
prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA,
RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros,
dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas
de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de
Glasgow 13 15008 A Coruña.